• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

María de Valdés: “Estou na miña mellor forma física e mental”

Os éxitos non paran de chegar á xove nadadora do Liceo, que está ás portas de competir en Toquio 2021

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
02/04/2021
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
A nadadora do Liceo, María de Valdés / CEDIDA

A nadadora do Liceo, María de Valdés / CEDIDA

260
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • “Teño un sabor agridoce (do Open de España) porque a marca é moi boa, pero non serviu para clasificarme”
  • “Faime ilusión ir ao meu primeiro europeo de piscina, pero teño que decidirme porque coincide coa planificación para o Preolímpico”

Unha lesión e unha pandemia non foron suficientes para truncar a carreira de María de Valdés, unha das mellores nadadoras de España. A deportista do CN Liceo, natural de Fuengirola, proclamouse recentemente campioa de España en 1.500 m. en piscina, e ten as portas abertas a competir en Toquio 2021 na modalidade de augas abertas.

O ouro e a prata do Open estatal celebrado a pasada semana engádese a grandes resultados como a Copa do Mundo disputada en Doha (Qatar), onde De Valdés rematou undécima, a sete segundos da campioa. A próxima data marcada no calendario: o Preolímpico de augas abertas do 29 e 30 de maio.

María de Valdés proclámase campioa española en 1.500 m. e obtén a mínima olímpica

Estes son só algúns dos éxitos máis destacados dunha tempada na que a andaluza, como ela mesma admite, está no seu mellor momento. Cos seus números, a nadadora María de Valdés móvese como pez na auga (nunca mellor dito) entre nomes da talla de Mireia Belmonte e Jimena Pérez.

– As Nosas: Vés de lograr o ouro no Open de España de piscina, pero sendo un trunfo agridoce ao non conseguir a marca para os Xogos Olímpicos. Como te sintes?

María de Valdés: Por unha parte estou contenta, pero pola outra o que dis, teño un sabor agridoce porque a marca é moi boa e rebaixei a mínima, pero non serviu para clasificarme. Un pouco chof por esa parte, pero tamén dame pé a seguir adestrando forte para clasificarme para os 10.000 m de augas abertas.

AN: De todas formas, segues tendo opcións de estar en Toquio e estas pasan polo Preolímpico de augas abertas.

MV: Si, exacto. Tería que quedar como a primeira española e entre as dez primeiras europeas.

AN: Pero esta proba coincide preto do Europeo de piscina, compaxinarás os dous campionatos ou irás só a un deles?

MV: A cousa é esa. Faime ilusión ir ao meu primeiro europeo de piscina, pero teño que decidir porque coincide coa planificación para o Preolímpico de augas abertas. Entón, o plantexamento que temos é ir a tope con augas abertas, centrarme niso e a ver se sae a xogada que temos.

María de Valdés: “O plantexamento que temos é ir a tope con augas abertas, centrarme niso e a ver se sae a xogada que temos”

AN: O debut no Europeo terá que agardar.

MV:  Si, este ano á piscina é 100% seguro que non vou, pero ao mellor vou ao de augas abertas. Aínda non temos nada claro, porque estamos vendo como me beneficia a planificación, se ir ao europeo de augas abertas ou non ir e centrarme nos adestramentos de cara ao Preolímpico. Entón estamos así, así a ver que facemos.

A nadadora do Liceo, María de Valdés / CEDIDA
A nadadora do CN Liceo, María de Valdés / CEDIDA

AN: Existe moita diferenza entre preparar un campionato de piscina e un de augas abertas?

MV:  Non hai moita diferenza. O campión do mundo de piscina en 1.500 é campión de augas abertas. Realmente non se trata de preparar algo moi especifico para augas abertas, sempre se pode preparar en base a piscina e augas abertas, un pouco de todo. Só que tes que facer moita variación de adestramento, de tema de aeróbico e extensión de metros, pero non preparamos especificamente tal proba.

AN: Volvendo a poñer a vista no Preolímpico, tras ser a española mellor clasificada en Doha, chegas en gran estado de forma

MV: A verdade é que si, estou agora mesmo na miña mellor forma física e mental. Estou contenta a pesar do que pasara neste campionato, pero agora teño que coller forzas para terminar a tempada no meu mellor estado de forma e a ver que tal.

María De Valdés, a mellor española na proba de Qatar

AN: Tes botado o ollo a outras rivais, ou prefires centrarte en ti mesma para o Preolímpico?

MV: A min gústame centrame máis en min e fixarme non na posición, senón en sempre quedar o máis preto posible da cabeza de grupo. Se non, métome a min mesma moita presión e iso ao final non vai conmigo. Hai xente á que lle vai ben ter presión, pero a min supérame un pouco. Trabálloo coa psicóloga e tal, pero é un dos puntos que peor levo. De cara ás competicións internacionais sempre intento facelo o mellor posible e quedar co grupo de diante, coas mellores do mundo.

María de Valdés: “Hai xente á que lle vai ben ter presión, pero a min supérame un pouco. Trabálloo coa psicóloga”

AN: Comentas que traballas cunha psicóloga, como preparas a nivel mental competicións deste nivel?

MV: Agora estou cunha psicóloga que leva conmigo desde a corentena que se chama Andrea e grazas a ela estou onde estou agora. Grazas ao meu adestrador e a ela vaime xenial. Preparamos todo o tema de carreiras, no día a día os adestramentos, como asimilar a presión e todo un pouco.

AN: Empezaches xusto na corentena, influíuche moito a pandemia?

MV: Si, a verdade é que si. Á metade do confinamento paseino un pouco mal. A raíz de aí a Federación axudoume a atopar a unha e con esta moza estou super contenta. Estamos traballando os catro xuntos, os dous adestradores que teño, Jesús e Alonso, a psicóloga e máis eu. Estamos os catro moi unidos e a min xérame máis tranquilidade e forza para seguir adiante.

AN: Pero a pandemia tamén pode ter aspectos positivos. Beneficiouche o aprazamento dos Xogos Olímpicos?

MV: En parte si, porque é un ano máis que teño de madurez e para fortalecerme mental e fisicamente. Como tiven unha lesión de ombreiro, o ano pasado tiven unha pequena recaída e grazas ao confinamento puiden fortalecelo e agora mismo estou bastante ben.

María de Valdés: “O ano pasado tiven unha pequena recaída e grazas ao confinamento puiden fortalecelo”

AN: Precisamente a lesión da que falas sucedeu no 2016. Desde entón xa estás recuperada e ao teu máximo nivel.

MV: Si. Traballeino moito, tamén o pasei bastantante mal, pero a día de hoxe podo dicir que estou recuperada non ao 100%, pero a un 90% si, grazas aos fisios e ao traballo no día a día e ao traballo de ximnasio.

AN: Nesas datas foi a túa chegada ao CN Liceo

MV: Cando vin xa tivera a operación e estiven en recuperación. Manqueime en Andalucía e alí fixen a recuperación, e sempre que vou trátanme, e aí recupereime de todo. Pero ás veces teño recaídas, polo tema de ximnasio, ou algo que faga mal. De momento a cousa vai ben.

AN: Como foi a túa chegada a Galicia?

MV: Ofrecéronme unha beca na Coruña, no Liceo, e para min o feito de saír de casa con 18 anos era un dar un paso máis. Dixen, bueno, vou probalo e se vai ben seguirei e se non, sei que podo volver a Fuengirola, á miña casa. Ao final iso deume o paso de ter unha beca e saír profesionalmente.

María de Valdés, do CN Liceo / CN LICEO
María de Valdés, do CN Liceo / CN LICEO

A primeira saída de casa sempre é difícil, pero ao final vas sendo forte cando saes. Botas de menos á túa familia, pero sabes ao que ves, a crecer como deportista e ao final se os resultados están saíndo, pois faise máis ameno.

AN: Desde logo, esta tempada os resultados acompañan. Máis aló das marcas, que probas destacarías deste curso a nivel persoal?

MV: Esta mesma, o Open de España, que creo que foi o campionato que mellor me saiu e co que mellor me encontrei fisicamente. E tamén en Doha, na Copa do mundo, que tiven os mellores resultados augas abertas e saín moi reforzada anímicamente.

María de Valdés: “Poder competir a nivel internacional e nacional é un privilexio”

AN: Supoño que está a ser unha tempada diferente pola COVID-19, como o levas neste sentido?

MV: Foi difícil, pero ao final o poder competir a nivel internacional e nacional é un privilexio para nós. Tivemos sorte no ámbito da natación e saíu todo para diante e non vivimos ningunha baixa nin nada.

Etiquetas Club Natación LiceoCN LiceoMaría de ValdésNATACIÓNToquio 2021Xogos Olímpicos
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Travesía da Costa / CONCELLO DA CORUÑA

A VIII edición da Travesía da Costa da Coruña contará con probas de 1.000, 5.000 e 10.000 metros de natación en augas abertas

por Redacción As Nosas
25/09/2025
0

Este domingo A Coruña acollerá a sexta proba do circuíto Travesía da Costa 2025, o que será, ao mesmo tempo...

Noa Borrazás, vencedora da Travesía a Nado na Enseada de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

Lucas Costa e Noa Borrazás álzanse coa vitoria na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro

por Redacción As Nosas
21/09/2025
0

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios da Travesía a Nado na Enseada de San Amaro...

Travesía a Nado na Enseada de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

Lucas Costa e Noa Borrazás álzanse coa vitoria na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro, que contou coa participación de 200 deportistas

por Redacción As Nosas
21/09/2025
0

  Unhas 200 persoas participaron esta mañá de domingo na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro, unha das citas...

Travesía a nado de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

A Travesía a Nado de San Amaro posponse por mor da desfavorable previsión meteorolóxica desta fin de semana

por Redacción As Nosas
29/08/2025
0

A 84ª edición da Travesía a Nado de San Amaro, prevista este domingo 31 de agosto, será finalmente posposta ante a previsión...

Travesía a nado de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

A Travesía a Nado á Enseada de San Amaro volve este domingo ao mar cunha participación de 300 deportistas

por Redacción As Nosas
26/08/2025
0

A praia de San Amaro acollerá este domingo, 31 de agosto, a celebración da LXXXIV edición da Travesía a Nado á Enseada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.