• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

María Bardanca, parte da xeración que construíu a 1.ª Selección Española de futsalfem: “É un orgullo que haxa catro galegas no primeiro Mundial”

Sara González por Sara González
20/11/2025
en Fútbol Sala, Máis FutSal
María Varela Bardanca, coa Selección Española Leyendas / CEDIDA

María Varela Bardanca, coa Selección Española Leyendas / CEDIDA

229
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Pioneira do fútbol sala feminino, María Bardanca (Carballo, 1972) foi unha das catro xogadoras galegas que formaron o plantel da primeira Selección Española desta disciplina. Varela Bardanca foi galardoada coa distinción ao Mérito Deportivo por parte da Xunta de Galicia no ano 2022. Nesta conversa con As Nosas, repasa os momentos de xúbilo e tamén as dificultades que ela e as súas compañeiras afrontaron no seu percorrido por algúns dos equipos máis emblemáticos do futsal estatal, abrindo camiño ás novas xeracións.

María Varela Bardanca, mérito deportivo da Xunta de Galicia / CEDIDA
María Varela Bardanca, mérito deportivo da Xunta de Galicia / CEDIDA

A escasos días para o comezo do primeiro Mundial de fútbol sala feminino da historia, a deportista carballesa examina a evolución deste deporte e o papel que está chamada a desempeñar a Selección Española no torneo.

A.N.: Como estaba o fútbol sala xusto antes da creación da Selección Española e como foi esa primeira convocatoria?

María Bardanca: Eran practicamente os inicios do fútbol sala a nivel estatal. Levábase xogando xa varias tempadas o que era a liga de División de Honor, pero pouco máis. No caso da Selección, era a primeira vez que se facía e estaba montado daquela maneira, pero a verdade e que o vivín con moita ilusión, porque era algo co que soñaba dende pequena, pero non me atrevía a dicilo porque que era unha opción que non existía e ninguén cría que fose acontecer. Cando ves que se converte en realidade, vívelo con moitísima ilusión.

A.N.: Nese momento era capaz de imaxinar que as mulleres chegarían tan lonxe no futsal e que chegaría a celebrarse un Mundial?

María Bardanca: Penso que as que estabamos nese mundo si que o viamos como algo posible, por iso loitabamos. Se existían Mundiais de homes, por que non ía habelos de mulleres? Se o deporte seguía evolucionando, a traxectoria normal sería que chegase un momento no que o Mundial acabase por celebrarse, e penso que todas críamos niso.

Selección de Galicia infantil de fútbol sala / FUTGAL
María Varela Bardanca integrou o equipo técnico da Selección de Galicia infantil de fútbol sala da Real Federación Galega de Fútbol a xunto a, entre doutros, o adestrador Manuel del Castillo que fora o seu técnico no Sal-Lence / FUTGAL

A.N.: Percibía prexuízos sociais sobre as mulleres que xogaban ao fútbol sala?

María Bardanca: Os prexuízos sociais sufrinos moitas veces; antes era algo normal e leveino da mellor maneira posible, pero sí que vivín o que pode parecer máis típico: insultos, que non te deixasen xogar… Daquela, para ti, que non te deixasen xogar por ser unha nena era o fin do mundo.

María Bardanca: “Sempre me sentín moi valorada, tanto nos clubs nos que xoguei como polas compañeiras”

A.N.: Comezou nas escolas municipais de Carballo, xogou no Karbo, Sal-Lence, Meirás e Ourense; e integrou a Selección Galega e a Española. Sentíase valorada?

María Bardanca: Sempre me sentín moi valorada, tanto nos clubs nos que xoguei como polas compañeiras, incluídas as contrarias. Sempre estive moi a gusto, aínda que sentía que era un deporte que non tiña a visibilidade que a nos gustaría.

Maria Bardanca: “Hai clubs que dispoñen de mellores medios e poden pagarlles dignamente ás súas xogadoras, pero hai moitos que non chegan a eses niveis. Se se analizan os salarios das xogadoras, verase que haberá algunhas cun soldo digno, pero moitas outras que non o teñan, e que compaxinen o futsal con outros traballos”

A.N.: Foi unha das primeiras xogadoras en recibir unha contraprestación económica. A cuestión salarial continúa a ser un aspecto a mellorar?

María Bardanca: Por suposto. Hai clubs que dispoñen de mellores medios e poden pagarlles dignamente ás súas xogadoras, pero hai moitos que non chegan a eses niveis. Se se analizan os salarios das xogadoras, verase que haberá algunhas cun soldo digno, pero moitas outras que non o teñan, e que compaxinen o futsal con outros traballos.

María Varela Bardanca, futbolista / CEDIDA
María Varela Bardanca / CEDIDA

A.N.: Fai tres anos, en 2022, foi condecorada coa distinción ao Mérito Deportivo pola Xunta de Galicia. Como foi ese momento?

María Bardanca: Algo moi bonito, porque adiquei a miña vida ao deporte e a miña profesión segue a estar vinculada a el. Que te recoñezan na túa comunidade como deportista referente e sentir que o teu traballo é importante é un orgullo, sobre todo porque foron tempos complicados.

María Bardanca: “O fútsalfem medrou de xeito exponencial”

A.N.: Precisamente dende súa condición de referente, como valora deportivamente o fútbol sala actual?

María Bardanca: Medrou de maneira exponencial. Hoxe vemos corpos técnicos que case ocupan máis banco ca as propias xogadoras, que contan cunha preparación específica que os capacita para coidar ás futbolistas. Agora teñen múltiples posibilidades con adestradores e adestradoras moi cualificados. A mellora foi enorme.

A.N.: Como pioneira desta disciplina deportiva, que sensación lle produce vivir este Mundial dende fóra?

María Bardanca: Sinto un pouco de envexa sana. Iba dicir que teño practicamente a mesma ilusión ca elas, aínda que seguramente iso non sexa posible; pero é certo que sería a nosa ilusión poder xogar algo así e estamos desexando que todo lles saia ben e que o traballo feito se vexa reflectido na cancha. É un orgullo que haxa catro galegas no Mundial; casualmente, na primeira Selección tamén eramos catro galegas.

Algo se estará facendo ben… ou temos un xen competitivo moi bo. Desexo que lles vaia o mellor posible e imos estar aquí empuxándoas.

Selección de Galicia infantil de fútbol sala / FUTGAL
María Bardanca integrou o equipo técnico da Selección de Galicia infantil de fútbol da RFGF sala xunto a Manuel del Castillo / FUTGAL

A.N.: En relación a esas catro futbolistas galegas, destacaría a algunha delas en especial?

María Bardanca: Non sería xusto destacar a unhas por enriba de outras, gústanme todas. Sempre digo que non existe a mellor xogadora: unha pode ser mellor nunha cousa e outra noutra. O que vexo é que teñen un grupo excepcional, que mestura xuventude e veteranía, e alégrome en especial por aquelas que sufriron lesións importantes e agora poden recibir este premio.

María Bardanca: “Sinto un pouco de envexa sana. Iba dicir que teño practicamente a mesma ilusión ca elas, aínda que seguramente iso non sexa posible; pero é certo que sería a nosa ilusión poder xogar algo así e estamos desexando que todo lles saia ben e que o traballo feito se vexa reflectido na cancha. É un orgullo que haxa catro galegas no Mundial; casualmente, na primeira Selección tamén eramos catro galegas”

A.N.: Que espera que aconteza coa Selección Española de fútbol sala no Mundial de Filipinas? 

María Bardanca: Un Mundial é unha competición moi esixente e moi complicada: hai seleccións moi fortes e, ademais, ao ser o primeiro, é un gran escaparate para todas as xogadoras que van participar, e todas irán coa mesma ilusión. Aínda así, penso que a Selección Española ten moitas opcións de gañar e, se non, de estar moi preto. O que desexo é que compitan moi ben, que o desfruten e que, como equipo, o vivan ao máximo.

Bea Seijas, integrante da 1.ª Selección Española de futsal: “Non teño ningunha dúbida de que España pode chegar a alzar o título mundial”

O primeiro Mundial de Fútbol Sala feminino da historia contará con representación galega

Así chegou España ao Mundial de futsal e así buscará chegar á final

Etiquetas fútbol salaMaría BardancaMundial
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.