• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Mari Paz Vilas: “Xogar en Riazor foi un soño feito realidade”

A galega recoñece que "nunca imaxinei que podería xogar en Riazor polo simple feito de ser muller polo que para min foi un soño feito realidade" | "Fixenme seareira ao fútbol e ao Dépor por Bebeto"

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
03/02/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Mari Paz en rolda de prensa

wykazszkowski

179
COMPARTIDOS
151
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade
  • “O fútbol feminino irá a mellor e as xeracións que veñan por detrás seguro que van gozar e aproveitarse da loita que estamos a facer todas nós agora”.

  • “Creo que é moi importante para Galicia que houbese un derbi galego na elite do fútbol feminino”.

  • “Entrar dentro da historia dun club tan grande como é o Valencia é algo que se queda dentro e que xa me levo conmigo para sempre”.

A galega Mari Paz Vilas vive unha nova etapa como verdibranca no Real Club Betis Balompé. A de Vilagarcía chegou ao Heliópolis esta tempada tras xogar durante 7 años e facer historia no Valencia C.F. A dianteira confirmouse como unha das mellores killers do campeonato e estes números lle serviron para facerse un oco na Selección Española e batir diferentes récords, como o de anotar nun só partido 7 tantos, ante Kazajistán.

A arousá é todo un referente para a familia valencianista desde que recalou nas filas do Valencia no ano 2013. 130 goles despois e superando a lendas como o Guaje Villa e Mario Kempes, a xogadora de Bamio foise do club ché como máxima goleadora histórica do club valenciano. Un fito do que a propia Mari Paz amosouse moi “orgullosa porque entrar dentro da historia dun club tan grande como é o Valencia é algo que se queda dentro e que xa me levo conmigo para sempre”.

Mapi recoñece que non pode quedarse cun gol dos moitos que anotou ao longo da súa carreira pero recoñece que todos os que lembra “foron goles moi sentimentais”. Ademais, non pode ocultar a ledicia cando fala da súa terra natal e presume con orgullo do que o campo de fútbol de Bamio leve o seu nome: “É un reconocemento brutal, xa non só porque fose o meu nome senón porque un estadio de fútbol leve o nome dunha muller”.

Mari Paz Vilas - RCBB
Mari Paz Vilas – RCBB

– As Nosas: Sintes que eres unha referencia para as nenas que queren ser futbolistas?
Mari Paz Vilas: A nosa xeneración, que xa superamos os 30 anos, podemos presumir de ser una referencia de loita, no só no ámbito do fútbol feminino, senon a nivel xeral como muller. Si que é certo que cando unha nena leva a túa camiseta e ves que lle di ao seus pais que quere ser como Mari Paz, coma Jenny ou coma outra, síntes moita responsabilidade.

– A.N: Como valoras o cambio no banco e a marcha de Pier Cherubino? Que lle está faltando ao Betis para poder mirar máis arriba?
M.P.V: É un cúmulo de cousas. Ao final un vestiario son dinámicas. Afecta moito o nivel psicolóxico e cando entras nunha dinámica negativa é moi difícil saír. Esperemos que o novo adestrator poida dar coa tecla adecuada. Outro exemplo pode ser o Dépor ABANCA este ano, que aínda que perderon a varias xogadoras importantes o aspecto psicolóxico penso que lles está afectando moito.

– A.N: Que sentiches ao facer historia e superar a Villa e Kempes como máxima goleadora do Valencia?
M.PV: Moito orgullo porque ao final é unha recompensa a todo o traballo que non se ve e que hai detrás de todos eses goles. Entrar dentro da historia dun club tan grande como é o Valencia é algo que se queda dentro e que xa me levo conmigo para sempre.

Mari Paz Vilas - RCBB
Mari Paz Vilas – RCBB

– A.N: Como foi xogar na túa terra, nun campo como Riazor e ante o Dépor o ano pasado na Copa da Raíña?
M.P.V: A pesar da derrota que foi moi dura para nós, eu a nivel personal sentinme moi feliz porque puiden xogar e marcar gol nun estadio que levaba vendo desde pequeñita. Nunca imaxinei que podería xogar en Riazor polo simple feito de ser muller polo que para min foi un soño feito realidade.

– A.N: Foron duros os teus comezos no fútbol? Na década dos 90, cando ti empezas a xogar case ninguén pensaba que as nenas podían ser profesionais neste deporte.
M.P.V: Eu sempre digo que tiven moita sorte porque empecei xogando cun grupo de nenos que me trataron como unha máis, que creo que é o correcto. É certo que cando vas medrando daste conta que eses compañeiros si que poden chegar a cumprir o seu soño de ser profesionais e ti, polo simple feito de ser muller e por moito que traballes, igual nunca chegas a cumplir ese soño. Ese momento é duro, sobre todo a nivel mental.

– A.N: Cando te percataches de que poderías vivir do fútbol? Ese momento que dixeches, podo vivir do que máis me gusta facer.
M.P.V: Cando chegou a oferta do Levante en 1ª División no que me ofreceron un soldo. Aínda que o salario era baixo, xa me daba para vivir o día a día e para facer o que máis me gusta. Nese momento sabía que era o meu tren e que non o podía deixar escapar.

Cando chega esa oportunidade que levas esperando tanto tempo sabes que tes que probalo e non quedarme coas ganas de intentalo. É certo que o primeiro ano foi duro, saír do teu círuclo de amigos, saír da túa terra tan nova… aprendín e madurei moito. Tamén tiven a sorte de coincidir con compañeiras que me axudaron moito.

Mari Paz Vilas - RCBB
Mari Paz Vilas – RCBB

-A.N: Quenes son os teus referentes no fútbol? Tes dito nalgunha ocasión que gustábache moito Djalminha e Bebeto.
M.P.V: Eu fixenme seareira ao fútbol e ao Dépor por Bebeto. Facía unhas cousas e uns goles moi diferentes ao resto e en calquera posición. Eu, a pesar de ser dianteira, gústame moito fixarme en mediapuntas e xogadores moi intelixente e por iso fixábame moito en Valerón. Ademais, co paso dos anos tiven a gran sorte de que temos unha relación de amizade.

Mi gran referente en activo é Iniesta, por todo o que transmite e os seus valores como persoa. Eu non só quero ser unha xogadora que sexa boa xogando ao fútbol senon que tamén me gusta intentar ter uns valores que poda transmitir.

-A.N: Que tes en mente facer cando chegue o momento de colgar as botas?
M.P.V:
Aínda non o teño claro, algo relacionado co deporte seguro. Teño a miña carreira de fisioterapeuta e, aínda que agora co tema do COVID-19 teño o tema algo aparcado, tamén me gustaría sacarme os niveis de adestradora que me faltan. Agora estoy a facer un máster de readaptación e cando remate tamén teño en mente facer outro de xestión e dirección deportiva.

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

– A.N: Seguro que viviches como espectadora algún derbi Dépor – Celta. Hai algún que recordes con especial cariño? Gustaríache que houbera un derbi galego na elite do fútbol feminino?
M.P.V: Sempre recodarei ese derbi mítico co ‘pique’ entre Djhalminha e Mostovoi. Encantábame ver ese tipo de partidos e esa rivalidade, sempre levada polo lado san.

Por suposto que me gustaría que houbese un derbi galego feminino. Creo que é moi importante para Galicia que houbese un derbi galego na elite do fútbol feminino. Fomentaría moito a canteira e que moitas máis rapazas galegas puidesen despuntar porque ambos equipos quererían reforzarse e gañarlle sempre ao outro. A día de hoxe vexo complicado que o Celta de o paso. Estamos moitas xogadoras facendo forza pero polo momento parece que imos quedarnos coas ganas.

– A.N: O gol máis importante na túa carreira. Ese que nunca poderás esquecer.
M.P.V: É complicado, hai varios, non me podo quedar con ningún (entre risas). Lembrome moito de varios: o gol en Mestalla, o gol 130 porque eu non sabía que chegaba a esa cifra e foi un ‘boom‘, o da final da Copa da Raíña co Espanyol (na prórroga e que serviu para que se levase o título), o primer gol coa Selección Española e o gol no primeiro partido coa Selección Galega. Todos eles foron goles moi sentimentales.

Mari Paz Vilas - RCBB
Mari Paz Vilas – RCBB

– A.N: Que é o que máis botas de menos da túa terra, de Vilargarcía?
M.P.V: Sobre todo estar coa miña xente e a comida. Vilargarcía é un lugar moi fermoso para vivir e, como boa galega, cando estou fóra valoro moito máis o que temos en Galicia.

– A.N: Que opinas do convenio colectivo asinado o ano pasado? Queda moito camiño aínda por percorrer?
M.P.V: O convenio foi un cimento e agora a partir dese cimento entre todos e todas temos que empezar a construir algo máis sólido. Era necesario porque antes íbamos un pouco dando paus de cego. Creo que o fútbol feminino irá a mellor e as xeracións que veñan por detrás seguro que van gozar e aproveitarse da loita que estamos a facer todas nós agora.

– A.N: Podes presumir de ser profeta na túa terra. O remodelado campo de fútbol de Bamio leva o teu nome. Que significa esto para ti e para o fútbol feminino?
M.P.V: Cando me chamou o alcalde para pedirme permiso quedei sin palabras. É  un reconocemento brutal, xa non só porque fose o meu nome senón porque un estadio de fútbol leve o nome dunha muller. Fai anos isto era impensable e creo que foi un golpe na mesa, un reconocemento a unha traxectoria e un xesto claro de visibilidade e igualdade.

– A.N: O fútbol galego adoece por ver xogar a Mari Paz Vilas nun club galego. Veste nun futuro xogando nalgún?
M.P.V: Eu sempre digo: “nunca digas nunca”. Todo o mundo sabe que son seareira e gústame moito o Dépor pero tamén é certo que como futbolista tes que valorar moitas cousas e nunca se sabe. Ata fai pouco cría que era impensable saír de Valencia e mira onde estou agora. O mundo de fútbol é moi impredecible pero bueno nunca se sabe. Non sería mal sitio para vivir (entre risas).

Mari Paz Vilas, xogadora do Betis - BETIS
Mari Paz Vilas, xogadora do Betis – RCBB

-Un lugar para perderse no mundo. Galicia.
-Un prato galego que non te cansarías de comer.
As vieiras.
-Un monumento galego que sempre recomendas visitar. A Torre de Hércules.
-Pulpo ou empanada. Polbo.
-Un club que marcou a túa vida. Valencia.
-Un título que todavía non tes. 
Algún título a nivel europeo ou mundial coa Selección.
-A mellor xogadora coa que xogaches. Jenny Hermoso e Alexia.
-Unha xogadora de admiras da Liga Iberdrola. Caroline Hansen.

Etiquetas BetisfútbolLiga IberdrolaMari Paz VilasReal Club Betis Balompié
Comparte178Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Tere Abelleira coa camiseta da Selección Española / FUTGAL

Abelleira entra finalmente na convocatoria para a Eurocopa de Inglaterra

por Carmen G. Mariñas
29/06/2022
0

  A Selección Española terá finalmente representación galega na Eurocopa de Inglaterra 2022. O vindeiro mes de xullo as vermellas estarán na...

Teresa Abelleira coa Selección Española / TERE ABELLEIRA IG

Vilda descarta a Tere Abelleira para a Eurocopa de Inglaterra 2022

por Redacción As Nosas
28/06/2022
0

  A Selección Española feminina de fútbol empeza hoxe, 28 de xuño, a súa concentración de cara á Eurocopa de...

Selección Galega Sub-12, adestrada por Vicky Vázquez / FUTGAL

A Selección Galega Sub-12 feminina non puido clasificarse pero acabou o Campionato de España gañando

por Redacción As Nosas
26/06/2022
0

  As nosas da Selección Galega Sub-12 de fútbol, que adestra Vicky Vázquez, despedíronse do Campionato de España que se...

Raquel García co presidente do Dépor Antonio Couceiro / RCD

Raquel García renova co Dépor ABANCA até 2023

por Redacción As Nosas
17/06/2022
0

  Raquel García Yagüe (Madrid, 22 de abril de 1997) asinou na sede do RC Deportivo da praza de Pontevedra,...

Sinatura do acordo da Selección Española Feminina de fútbol e a RFEF sobre as primas que recibirán as futbolistas / RFEF

As futbolistas da Selección Española feminina recibirán as mesmas primas en porcentaxe que os futbolistas do equipo masculino

por Redacción As Nosas
15/06/2022
0

  A Ciudad del Fútbol de Las Rozas acolleu o acto de sinatura do acordo de primas e dereitos de...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Selección Española feminina de Fútbol Sala adestrada por Clàudia Pons / RFEF

A Selección Española de futsalfem está lista para repetir éxito en Gondomar

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Selección Española feminina de Fútbol Sala adestrada por Clàudia Pons / RFEF

A Selección Española de futsalfem está lista para repetir éxito en Gondomar

01/07/2022
Lydia Pérez Touriño, bronce en lita nos Xogos do Mediterráeno / FEGALOITA

Lydia Pérez fai historia nos Xogos do Mediterráneo acadando o bronce

30/06/2022
Tere Abelleira coa camiseta da Selección Española / FUTGAL

Abelleira entra finalmente na convocatoria para a Eurocopa de Inglaterra

29/06/2022
Teresa Abelleira coa Selección Española / TERE ABELLEIRA IG

Vilda descarta a Tere Abelleira para a Eurocopa de Inglaterra 2022

28/06/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.