• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

A marcha nórdica, nova terapia para as mulleres con cancro de mama

Un centro de adestramento de Vigo investiga os beneficios que aporta esta técnica deportiva ás persoas operadas por este tipo de tumor

Caro Regueira por Caro Regueira
19/10/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
A marcha nórdica, nova terapia para as mulleres con cancro de mama

Jorge Torres, nunha das camiñadas de marcha nórdica de principios de ano

375
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

 

No Día Mundial contra o Cancro de Mama en As Nosas queremos facer a nosa contribución a esta causa e para iso falamos con Jorge Torres, xerente de Vigo Entrena, un centro de adestramento especializado que comezou este ano a utilizar a marcha nórdica como método terapéutico para as mulleres operadas de cancro de mama.

Aínda que foi este ano cando Torres e unhas 35 mulleres da contorna de Vigo botáronse a andar con bastóns nas súas mans para mellorar o seu estado físico, o certo é que o interese deste experto neste asunto empezou moito antes.

Todo comezou en 2014, cando unha muller con cancro de mama chamou ao seu centro porque non atopaba un ximnasio no que se atrevesen a adestrala nas súas circunstancias. “Iso animounos a investigar e formarnos neste tipo de terapia especializada”, declara Torres. Así evolucionou e hoxe prepara programas de actividade física para mulleres con cancro de mama como a marcha nórdica.

De feito, comezou un doutorado sobre o exercicio físico como terapia específica para estas persoas e a súa tese versa, en concreto, sobre a marcha nórdica. A primeira parte, a máis teórica, está feita. Trátase dunha revisión científica de todas as publicacións feitas ao respecto e a primeiros deste ano comezou a poñer en práctica os seus coñecementos con voluntarias operadas de mastectomía. O obxectivo, analizar as melloras nos parámetros físicos e psicolóxicos a través desta actividade.

Melloras no conxunto ombro-brazo

Tras as primeiras sesións, detectáronse xa mellorías relacionadas co esta técnica baseada en camiñar con bastóns. Segundo o adestrador, estes elementos “diminúen a percepción de esforzo porque axudan a realizar un pequeno impulso e ademais axudan a mobilizar o conxunto ombro-brazo”, unha zona moi afectada e danada nas mulleres operadas por este tipo de cancro.

“Os bastóns diminúen a percepción de esforzo porque axudan a realizar un pequeno impulso e ademais axudan a mobilizar o conxunto ombro-brazo”

Polo que os primeiros resultados foron alentadores. As mulleres melloraban a súa forma física, pero tamén o seu estado anímico. “Axuda moito poder facer actividade física con outras persoas que pasaron polo mesmo ca ti”, declara Torres, e sinala que se crearon “vínculos e unha rede de confianza” entre as participantes.

“Moita xente non entende o proceso polo que pasan estas mulleres”, declara ao tempo que enumera todo tipo de efectos secundarios: menopausa inducida, limitación de funcionalidade e inflamación do ombro-brazo, fatiga, risco de linfedema…

“Non todo o mundo se pon na súa pel”, insiste, pero el logrouno. Aínda sendo home conseguiu gañarse a confianza do grupo e explica que tamén trata a homes con cancro de próstata, pero que a relación entre eles non é a mesma, “teñen máis vergoña a falar”.

A marcha nórdica, nova terapia para as mulleres con cancro de mama_playa
O grupo de marcha nórdica tamén se despraza á praia

Volta á actividade

Antes de que se puidesen sacar conclusións definitivas, chegou a covid, o estado de alarma e o confinamento e o traballo de campo quedou paralizado. Ata hoxe.

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, Torres retoma as súas clases gratuítas cun grupo de mulleres e xa ten organizado un taller para o sábado 24 ao que é posible apuntarse contactando con Vigo Entrena. 

Torres retoma hoxe as súas clases gratuítas cun grupo de mulleres e xa ten organizado un taller para o sábado 24 ao que é posible apuntarse

Ata o de agora, as saídas realizábanse polo Castro de Vigo. Eran rutas duns 5 quilómetros nas que ademais se achegaban datos culturais ou botánicos. “Procurábamos que tiveran unha temática”, sinala o organizador. Agora, pola afección da pandemia, a intención é desenvolver estas marchas en contornas naturais.

As rutas están abertas a todas as idades. A maioría do grupo supera os 45 anos porque é a idade a partir da que se incrementa o risco de cancro de mama, pero hai mulleres desde os 30 anos ata os 70.

É importante sinalar que nesta actividade o centro de adestramento conta co asesoramento do comité ético da Universidade de Vigo e da unidade de cancro do hospital Meixoeiro de Vigo. De feito, moitas das mulleres que hoxe practican a marcha nórdica coñeceron esta actividade a través do centro médico.

Menos dor e máis resistencia no brazo

Mariló Simón é unha delas. Simón tivo cancro de mama e sinala que desde que empezou coa marcha nórdica notou importantes mellorías no brazo. “Nótome máis lixeira”, afirma, e sinala que no caso concreto do brazo esquerdo (lado no que foi operada) ten máis forza e resistencia e menos dor. “Antes era como se inchara, non podía estar co brazo en alto como agora”, afirma.

A marcha nórdica, nova terapia para as mulleres con cancro de mama_marilo simon
Mariló Simón retomou pola súa conta a marcha nórdica este verán

Segundo Simón, a técnica é sinxela: “cando botas o bastón para atrás abres a man e adiante pechas, como se fose unha masaxe”. Pero advirte que engancha: “Eu agora teño os bastóns no coche e cando podo bota a andar”. Por iso non dubidou en apuntarse á xornada de hoxe en canto Jorge Torres avisounas de que retomaban a actividade.

“Antes era como se inchara, non podía estar co brazo en alto como agora”, afirma Mariló Simón

“É bo para calquera persoa, aínda que non estea afectada por cancro”, declara, e lembra que contribúe a loitar contra o “colgallo” que comeza a aparecer no tríceps coa idade.

O seu recordo favorito das camiñadas é a frase que lles repite unha e outra vez Torres: “Peito erguido! Nada de ir mustias!”. “E cando empecei a saír (tras o confinamento) lembrábame diso”, sinala para As Nosas.

En honra de Marie Curie

A marcha nórdica é só unha parte das actividades que ofrece Torres no seu ximnasio para persoas afectadas por cancro. Ao longo destes anos desenvolveu un programa específico para estes casos chamado Curie (Cancer Undergoing Rehab Intervention and Exercise). O nome, ademais de facer alusión ás siglas en inglés de “cancro sometido á rehabilitación e á intervención do exercicio”, é unha homenaxe a Marie Curie, a muller que co seu traballo científico relacionado coa radioactividade contribuíu a obter as técnicas que hoxe axudan a loitar contra esta enfermidade.

“Son exercicios pautados indicados para persoas que precisen algo máis”, explica Torres e fala por exemplo de problemas co solo pélvico, coa musculatura das costas ou outras dores específicas.

Estes exercicios de máis intensidade complementan o programa de marcha nórdica gratuito para o cal está aberto o prazo de inscrición.

O de mama é o tipo de tumor máis frecuente nas mulleres occidentais e a detección precoz é básica para acabar coa enfermidade

Cada ano en España ao redor de 33.300 persoas son diagnosticadas de cancro de mama. Este é o tipo de tumor máis frecuente nas mulleres occidentais e a detección precoz é básica para acabar coa enfermidade. Lembra facer exames periódicos para detectalo.

 

Etiquetas cancrocancro de mamaexercicio físicomáis deportemarcha nórdicamulleresmulleres con cancrorehabilitacionterapiaterapia cancro
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

Marcha nórdica / CONCELLO DA CORUÑA

O Campionato Galego e o Trofeo Cidade da Coruña de Marcha Nórdica celebraranse o domingo 17 na contorna da Torre de Hércules

por Redacción As Nosas
16/09/2023
0

  O domingo 17 disputarase na contorna da Torre de Hércules o Campionato Galego de Marcha Nórdica, nas modalidades individual...

Andaina contra o cancro na Coruña / AECC

A marcha contra o cancro xunta a 2.400 persoas na Coruña

por Redacción As Nosas
05/06/2023
0

  A andaina solidaria da AECC volveu a tinguir de verde as rúas coruñesas. Na súa X Andaina Solidaria A Coruña en...

X Edición da andaina solidaria A Coruña en Marcha contra o cancro / AECC

A Coruña acolle a súa X Andaina solidaria en marcha contra o cancro

por Redacción As Nosas
02/06/2023
0

  Este domingo 4 de xuño celébrase a X Andaina Solidaria A Coruña en marcha contra o cancro, organizada pola...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.