A Coruña é hoxe, sábado 28 de maio, capital mundial da marcha atlética. Nas rúas da cidade herculina reúnense as mellores marchadoras/es mundiais. Ninguén quere faltar a esta cita de gran prestixio internacional. Tampouco as atletas galegas. Así, contarase cun destacada participación internacional, estatal e galega, por exemplo, con atletas da nosa comunidade como Antía Chamosa ou Carmen Escariz. Máis de 200 atletas, de 28 países, entre dos que estarán os campións de Europa, a subcampioa olímpica.
Ver esta publicación en Instagram
Esta proba é o máximo referente mundial da modalidade en ruta do calendario da World Athletics. O Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña ‘Trofeo Sergio Vázquez’ alcanza este ano 2022 a súa trixésimo quinta edición coa organización do Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo.
As rúas coruñesas dos Cantóns están preparadas para recibir á elite mundial desta modalidade deportiva atlética en ruta na que será a trixésimo quinta edición do G.P. Internacional de Marcha Atlética Cantóns da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez.
Ver esta publicación en Instagram
O máis importante evento da modalidade a nivel mundial, despois dos Xogos Olímpicos, volve cunha importante participación e presenza dos e das mellores atletas do momento nun ano na que dúas importantes citas marcarán á axenda competitiva.
📣 Esta tarde presentouse o @GPCantones – Trofeo Sergio Vázquez e tamén se descubriu a placa de patrimonio mundial do atletismo para o grande evento. pic.twitter.com/L1fxntOXql
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) May 27, 2022
O GP Cantóns, determinate para a selección de cara ao Mundial e o Europeo
Por unha banda, a mediados do mes de xullo disputarase o Campionato do mundo na cidade estadounidense de Eugene para dar paso, prácticamente un mes máis tarde, á celebración do Campionato de Europa na cidade suíza de Zuric. Estas dúas citas fan que a proba de Cantóns vaia ser determinante na selección dos distintos deportistas que formarán parte das súas respectivas seleccións o que favorecerá que se presencie unha edición ao máis alto nivel competitivo.
Como é habitual, a medida que se achega a data da proba, son moitos os paises que aproveitan para adiantar a súa viaxe e adestrar no magnífico paseo marítimo coruñés que, grazas as condicións climatolóxicas, se converte nun lugar moi apreciado e valorado na planificación dos distintos adestramentos.
Este ano os máis madrugadores son as e os deportistas dos países de Guatemala e a India a cuxos integrantes xa podemos ver adestrarse pola cidade.
A marchadora ucraína Inna Loseva, estarán no GP Cantóns
Desde 2011, cando gañaron os atletas rusos Valerey Borchin e Olga Kaniskina, ningún atleta dese país volveu pasar por Cantóns baixo a súa bandeira, debido ás distintas sancións aplicadas pola World Athletics. Malia todo, o máximo organismo do atletismo mundial autoriza a presenza dalgúns deportistas baixo as siglas ANA (atletas autorizados), fórmula que os permitiu competir na Coruña, como foi o caso de Vasily Mizinov, cuarto en 2019.
Pola súa contra, Ucraína estará presente unha vez máis na Coruña coa participación de Inna Loseva.
Se non podes acudir á Coruña a seguir en vivo o Gran Premio Cantóns, podes ver a proba a través do streming ofrecido pola organización. Deixámolo por aquí.
O Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña contará coa medallista olímpica chinesa Quieyang Shenjie