Marc Godayol, xunto con Noemí Uzal son a parella técnica que está á fronte do banco do HC Deportivo Liceo mentres as galegas esperando a chegada da persoa que substituirá a Carlos Loureiro como adestrador. O preparador apuntaba ao final do partido co Telecable HC que rematou cun 5-5 que ese empate, sendo un bo resultado, tiña un sabor agridulce xa que puido ser máis.
“Era un partido moi importante contra do Xixón. As xogadoras fixeron un partido moi traballado e puidemos sacar un empate con sabor agridulce, pero moi ben”, explicaba ao finao de partido coas asturianas Marc Godayol.
Ver esta publicación en Instagram
Este empate ten un valor extra por ser ante un rival dos chamados a estar na parte alta da táboa loitando polas cotas máis altas da OK Liga feminina 2021-22. Un dos catro conxuntos que están considerados os cocos da categoría e xustamente os rivais do HC Deportivo Liceo neste arranque de tempada.
Ao respecto do partido ante o Telecable HC, Marc Godayol explicaba: “É un equipo moi letal con xogadoras moi letais e moi habilidosas. Ao final da primeira metade colléronnos nalgún contragolpe. Corrixímolo. As deportistas responderon moi ben tal e como se viu na segunda parte na que xa nos colleron moi poucos ou ningún. Saíunos ben, a medias, xa que temos un empate”, apunta Marc Godayol que se está a encargar de dirixir ao equipo, xunto coa coruñesa Noemí Uzal, mentres non chega o recambio á fronte do banco do HC Deportivo Liceo feminino.
Valioso empate do HC Deportivo Liceo ante o Telecable HC (5-5)