• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Opinión

Manu Sánchez, un adeus a destempo

Silvia Carregal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
31/07/2021
en Opinión
96
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Calquera persoa que teña por oficio adestrar equipos deportivos, sabe que poucas veces na vida poderá ter un proxecto a longo prazo. Cando sentas nun banco, ti podes ter en mente un proxecto de varios anos, pero habitualmente, a mirada de quen te contrata adoita ser alo máis curto pracista (aínda que cando a relación laboral comece pense o que será quen de facer o contrario).

Nese sentido, Manu Sánchez, ex adestrador do Dépor ABANCA, non pode ter queixa. Durante anos puido deseñar a progresión dun bloque que finalmente acadou os obxectivos marcados: chegar á elite e colocar a elástica branquiazul ao mesmo nivel das máis grandes do fútbol Feminino español.

Camiseta 'Un unico latido' / RCD
Un momento do festexo do ascenso do Dépor ABANCA / RCD

Cando chegou desde o Orzán SD, Manu Sánchez coñecía o fútbol feminino galego e tiña unha idea clara na cabeza. Non foi á primeira, pero chegouse e deuse unha imaxe inimaxinable no ano do debut de As Nosas deportivistas na Liga Iberdrola. Foron o equipo REVELACIÓN con maiúsculas.

Na súa rolda de prensa de despedida o propio Manu Sánchez relataba paso a paso o camiño andado. Desde aqueles partidos a vida o morte co Oviedo Moderno no campo arteixán da Ponte dos Brozos, até xogar co FC Barcelona Femení no Johan Cruyff,  xa choveu!

Choveu tanto que, incluso a afección deportivista, parafraseando a campaña de abonados Espíritu 95 “volveuse mollar” ano tras ano con este bloque de futbolistas as que non deixaron camiñar soas e que chegaron na súa peregrinaxe cara ao máis alto sendo un bloque, un equipo, non individualidades, senon: Un Único Latido. 

Pero ás veces, mórrese de éxito. E teño para min que iso, o éxito, foi un dos elementos ‘culpables’ do paso atrás do Dépor ABANCA. Fixérono tan ben, que as xoias da coroa voaron do niño. As maltreitas arcas do club branquiazul non estaba en condicións de asumir o custo de reter a jugonas como Tere Abelleira, María Méndez, Nuria Rábano, Misa…

Outro erro, na miña humilde opinión, foi a marcha dun baluarte no vestiario como Miriam Ríos. 

RC Deportivo ABANCA / WYKAZSZOWSKI
RC Deportivo ABANCA / WYKAZSZOWSKI

Coa columna vertebral do equipo tocada, principalmente na zona da zaga e da creación, o Dépor ABANCA saltou ao tepe dunha tempada, a 2020-21. Un curso que, finalmente, sería pobre no aspecto deportivo e que culminaría no descenso do equipo branquiazul da Liga Iberdrola, á Liga Reto Iberdrola.

Así, de equipo revelación pasouse a equipo colista. Sen poder nin contar co alento de A Nosa Forza en moitos partidos por mor da pandemia de COVID-19 e arrastrando un mal comezo que pesou nas costas e nas mentes do bloque todo o curso 2020-21.

Con estos vimbios, a destitución de Manu Sánchez puido acontecer en moitos momentos da tempada. Ao final da primeira volta xa se vía que este equipo, sen reforzos de garantías levaba un camiño que non era o desexado. Pero no mercado de inverno non houbo colleita máis aló das futbolistas canteira (que respondeu moi dignamente ás oportunidades que tiveron, sobre todo no caso de Eva Dios).

Eva Dios, xogadora do Dépor ABANCA, ante o Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS
Eva Dios, xogadora do Dépor ABANCA, ante o Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS

Nesa rolda de prensa de despedida, Manu Sánchez asegura que o corpo técnico avisou nun informe da previsible ‘fuga de talentos’. De feito conseguiuse elevar o orzamento do Dépor ABANCA, “pero segue a ser un dos tres máis baixos da categoría”, explicaba o adestrador aos medios.

Subiuse ese orzamento para mellorar os contratos de determinadas xogadoras e evitar que o número de baixas con respecto á tempada anterior fose aínda maior. Ese movemento consegue reter na disciplina branquiazul a futbolistas como Peke, Athenea, Gaby ou Iris Arnáiz. Pero o grupo tiña moi poucos efectivos. “Tiñamos 15 xogadoras de campo”, explicaba o técnico galego.

Segundo declaraba Sánchez advertiuse que sen máis efectivos e de certas condicións, o equipo ía pasalo moi mal para manter a categoría. E acórdanse reforzos para o Nadal que finalmente non se convirten en realidade. “Estaba todo atado para que dous futbolistas de alto nivel viñeran, pero no último momento tumbáronlle as operacións a Pablo Pereiro“, segundo declaraba Manu Sánchez. 

E pasou o que ninguén quería que pasase. Este bloque que estaba cheo de mulleres bravas, loitou até ese último latido, até a o final da competición. Pero rematou por descender.

Vitoria en Abegondo na despedida do Dépor ABANCA (3-0) / RCD
Vitoria en Abegondo na despedida do Dépor ABANCA (3-0) / RCD

Ese foi outro momento propicio para proceder a prescidir dos servizos de Manu Sánchez como adestrador do primeiro equipo feminino. Sería comprensible. Máis aló do deportivismo innegable do técnico, ou do traballo feito á procura de solucións que non chegaba, estaban os resultados. E os resultados eran o descenso e outra nova ‘fuga de talentos’ á vista.

Pero Manu Sánchez e Pablo Pereiro seguiron traballando para o Dépor ABANCA. Confeccionando un plantel pensado para competir con dignidade na Liga Reto Iberdrola (de onde vai ser complicada saltar á Liga Iberdrola, xa llelo adianto).

Este traballo de deseño de plantilla e fichaxes de cara ao curso 2021-22 non o debeu facer tan mal cando o novo técnico, Miguel Llorente, dicía esta mesma semana: “Atopeime a un equipo moi ben montado polo anteriores adestrador e secretario técnico, que creo que fixeron moi bo traballo”.

É a uns días do inicio da pretempada chega a sorpresa. O destempo.

Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo / RCD
Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo / RCD

O presidente, Antonio Couceiro, anuncia a destitución do técnico do primeiro equipo feminino do RC Deportivo, Manu Sánchez, e tamén a de Pablo Pereiro. A ambos os dous agradeceulles “o traballo desenvolto nestes anos”. Explicou que postura do Consello de Administración é que “ao redor do Dépor ABANCA non se construiu un proxecto de futuro estruturado capaz de soportar as crises que o fútbol xera”.

Nada que obxectar sobre se a decisión de prescindir de Manu Sánchez foi ou non atinada. Como xa dicía ao comenzo deste artigo, o traballo dunha persoa que dirixe un equipo está suxeito a o victorias e derrotas, máis que a bo ou mal traballo. Pero o caso é que, se tocaba, teño para min que non era agora, non era así.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD
Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

Despídese a Manu Sánchez coa plantilla feita e fichada, a piques de comezar a tempada e colócase á fronte do equipo a un técnico que, sobre o papel, non tivo voz, nin voto na confección do bloque que vai ter que dirixir. E, de camiño, deixas sen traballo a dous profesionais do deporte que, a estas alturas, non van atopar un club de fútbol no que desenvolver o seu traballo. Agárdalles un ano en branco ou o, como moito, o mercado de inverno.

Hai outra cuestión que teño para min que non se tivo en conta. No fútbol feminino, no que non se gañan precisamente moitos cartos, as futbolistas móvense tamén por proxectos e sobre todo polas persoas coas que van traballar. As deportistas que dixeron si a Manu e Pablo, pensaban que ían traballar ás ordes dun técnico que xa non está. E se lles falou dun proxecto que, no deportivo, é obvio que mudará ao non estar liderado pola persoa que elas tiñan en mente.

O dito, non sei se a marcha de Manu Sánchez e a chegada de Miguel Llorente foi atinada. O tempo dirá. Pero teño claro que non tocaba agora. De ser, era antes. Moito antes. Facelo así, é facelo a destempo. Oxalá, canda menos, sexa para ben.

A Miguel Llorente, deséxolle a mellor das sortes, a súa será a dun Dépor ABANCA que, hoxe en día, é o ariete do fútbol feminino galego. A punta de lanza e un espello no que se mira a base.

A Manu Sánchez, aínda que o último episodio rematase en pesadelo, doulle as grazas por facernos soñar varias tempadas con esta serie que enganchou ao deportivismo ao fútbol feminino e que leva por título: Un Dépor cun único latexo.

Confío totalmente en que, como as boas series televisivas o cambio de director non reste calidade á proposta. O público, garántolles que seguirá acudindo ao plató de Abegondo a ver a rodaxe de cada escena.

Así que, como se di nos finais de tempada nas series con tirón: continuará…

Manu Sánchez: “Erran nos tempos e na forma”

Etiquetas As NosasDéporDépor ABANCAdeportivoManu SánchezopiniónRC DeportivoRCDSilvia Carregal
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas
Silvia Carregal

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital. Directora de As Nosas. En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes. Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala. Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia. En 2013 o colectivo MUDEGA premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego.

CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA, alineación ante o Barça B en Abegondo / RCD

O Barça B asalta o fortín de Abegondo e vence ao Dépor ABANCA por 0-3

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA, alineación ante o Barça B en Abegondo / RCD

O Barça B asalta o fortín de Abegondo e vence ao Dépor ABANCA por 0-3

19/03/2023
O circuíto Coruña Corre arrincou coa carreira da Torre de Hércules que se iluminou de morado co gallo do 8M / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.600 persoas estrean o circuíto Coruña Corre coa clásica Carreira Popular Torre de Hércules

18/03/2023
HC Deportivo Liceo - CP Manlleu / SABELA MOSCOSO

Un gol separou ao Liceo do primeiro posto nesta fase da WSE Champions League

18/03/2023
A xogadora do CRAT, María Morant co balón nun partido contra Majadahonda / ALBERTO SEGADE

O CRAT Residencia Rialta afronta un difícil reto na cancha do Majadahonda

18/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.