• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez “Para competir, este equipo ten que estar por encima das súas posibilidades”

En opinión do adestrador deportivista, as futbolistas do equipo branquiazul "merecíanse un día como o de hoxe"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/05/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA, na sala de prensa Cidade Deportiva Abegondo / SABELA MOSCOSO

Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA, na sala de prensa Cidade Deportiva Abegondo / SABELA MOSCOSO

110
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Despois do trunfo 3-0 do Dépor ABANCA ante o Madrid CFF, o adestrador das coruñesas, Manu Sánchez, comparecía ante os medios informativos e aseguraba que as futbolistas “merecíanse un día como o de hoxe”. O técnico recoñecía que para competir nesta categoría, con todo o que ten pasado este bloque neste ano (plantilla curta, lesións, etc.) “o equipo ten que estar por encima das súas posibilidades” e asegura que cando acadan es plus, ” temos poucas rivais”. Manu Sánchez agradecía a #ANosaForza o seu alento en Abegondo e pedíalles “se selles pode pedir algo, que nos sigan animando como hoxe”.

O adestrador do conxunto deportivista admitía que había ganas de resarcirse nesta xornada de derrotas pasadas. “Tiñamos esa espiña cravada do día da Valencia CF, que creo que fixemos un traballo enorme. Hoxe ante todo un semifinalista de Copa da Raíña, un equipo que non se gardou nada, as mozas deron un bo nivel, entenderon perfectamente o que había que facer e entenderon o que nos xogabamos. As sensacións son moi boas”, engadiu.

Non é Manu Sánchez amigo de botar man da calculadora, pero pouco a pouco vai sendo tempo de facelo. Aínda que neste sentido insistía en que “as contas son seguir gañando partidos. A pesar da alegría de hoxe quédannos sete partidos por disputar. Hai que gañar un gran número deles para conseguir a permanencia”, sostiña o técnico herculino ante os medios.

Do partido diante do Madrid CFF o adestrador branquiazul dixo quedarse: “co espírito do equipo. Moitos equipos saíndo a disputar a xornada de hoxe con oito puntos por baixo da salvación non darían o nivel que demos hoxe nin esa ambición, nin esas ganas de seguir vivindo”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA: “Deste partido, quédome co espírito do equipo. Moitos saíndo a disputar a xornada de hoxe con oito puntos por baixo da salvación non darían o nivel que demos hoxe nin esa ambición, nin esas ganas de seguir vivindo”

Manu Sánchez indica que o desta xornada foi un “partido de portería a cero, moitos goles… se cadra creamos menos ocasións que o domingo pasado e fixemos máis goles. Un alegrón con bastante xente en Abegondo, que é o máis bonito disto”.

Agradecemento #ANosaForza polos folgos desde a bancada

Pese a que este trunfo da pé á esperanza Manu Sánchez advirte que “a #ANOSAFORZA non hai que enganala. Hai que facerlle ver a realidade. A realidade é que segue estando moi difícil, pero co triunfo de hoxe estamos vivas. O que si hai que pedirlles, se se nos permite pedir algo, é que nos sigan apoiando”.

O técnico deportivista Manu Sánchez recoñece que a salvación “aínda está moi difícil. A afición é importantísima, notámolo moitísimo. A ver se entre todos conseguimos facer a xesta, que é o que sería isto”

“Dese sete partidos que temos que disputar temos que xogar en casa tres importantísimos que temos que sacar adiante. E se somos capaces de sumar nun ou dous que teñamos fose podémolo facer. Pedirlles que nos sigan animando como hoxe, dentro das posibilidades sanitarias. Son importantísimos, notámolo moitísimo. A ver se entre todos conseguimos facer a xesta, que é o que sería isto”.

 

Manu Sánchez felicita ao Barça: “É un éxito de todo o fútbol feminino”

Consultado sobre por que nuns partidos se conseguen goleadas e noutros hai escasez de goles, o adestrador do conxunto branquiazul desbotaba que fose cuestión de sorte.  “O azar pode intervir en momentos puntuais, pero non podemos dicir que estemos abaixo por mala sorte”.

Para Manu Sánchez a realidade é que “este equipo, para competir de verdade os partidos, penso que ten que estar por encima das súas posibilidades. Como foi o caso de hoxe. Temos unha plantilla curta, tivemos lesións… para estar ao nivel desta categoría o equipo ten que estar por riba das súas posibilidades, como fixemos hoxe. Ao final estamos a forzar a algunhas xogadoras que están moi xustas, e ten que haber unha extra motivación que non só se consigue so coa motivación propia das futbolistas e do vestiario, conseguése coa xente, con verse co barro ata o pescozo e querer seguir vivindo esta marabilla. É a forma que temos de acadar os resultados”.

“Nesta tempada, ningún rival nos pasou por rival, ningún nos goleou, salvo o FC Barcelona, que por certo, aproveito para felicitar a Lluís Cortés por chegar á final europea. É un éxito no so delas é un éxito do fútbol feminino deste país. Ogallá celebremos un título europeo de clubs. E volvendo a nós, o equipo, en partidos como  o de hoxe, ten que dar un plus, e cando ese plus temos poucas rivais”.

Quen dixo medo? O Dépor ABANCA prántalle cara ao Madrid CFF vencendo 3-0

Iris Arnaiz, Cris Martínez e Gaby un trío de centenarias branquiazuis

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolMadrid CFFManu Sánchez
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.