• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “Non temos nada que perder”

A última oportunidade de salvación do Dépor ABANCA pasa por vencer ao Betis en Sevilla

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/06/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

59
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Dépor ABANCA xógase a vida esta fin de semana, na que disputa as súas escasas posibilidades de salvación ante un Real Betis mellor posicionado. Con pé e medio na Reto Iberdrola, o equipo de Manu Sánchez vai a por todas. “Non temos nada que perder”, insiste o adestrador.

O duelo deste sábado ás 11:00 horas pode determinar o futuro do equipo branquiazul. As coruñesas están a cinco puntos da salvación, con seis en xogo, nunha barreira marcada polo Betis, o rival desta xornada.

Cambio de actitude no Dépor ABANCA

Unha final, aínda que non para as deportivistas. “Este equipo leva xogando finais practicamente dous meses. Nós non o entendemos así, o corpo técnico e o equipo o temos claro, en certa maneira, que se me entenda o que digo, o equipo descendeu hai dúas semanas”, sentencia o adestrador en referencia ao último encontro en Abegondo.

Nesa xornada, o Dépor ABANCA empatou ante o Granadilla, sumando un punto practicamente inservible. En palabras de Manu Sánchez, “o partido contra o Granadilla era o partido clave e a nosa oportunidade de ter na nosa man a salvación”. Finalmente, co desenvolvemento da xornada noutros campos, as táboas serviron para que as coruñesas cheguen con vida á penúltima xornada competitiva.

Un punto máis, unha oportunidade menos

Manu Sánchez: “O que tiñamos que perder xa o perdimos”

Con oportunidades (escasas) de lograr a milagre da permanencia, o vestiario herculino prefire afrontar o encontro con outro chip: “A nosa mentalidade é que imos xogar un partido no que non temos nada que perder. O que tiñamos que perder xa o perdimos. O equipo xa sufriu, xa chorou, xa sangrou por todo o que fixo durante todo o ano e creo que podemos ter a cabeza moi alta por chegar a esta situación cando todo o mundo nos daba por descendidas en novembro”.

O Dépor ABANCA é o único equipo que estivo toda a tempada en postos de descenso pero, a falta de dúas xornadas, aínda teñen posibilidades. Con moito que gañar, pero nada que perder, o equipo de Sánchez convértese nun rival “máis perigoso”.

O propio adestrador destaca que co resultado ante o Granadilla o equipo soubo “o que é sufrir e eu teño claro que iso non o quero volver a ver. Aquí hai un aprecio e un cariño persoal a xogadoras que levan moito tempo con nós e que nos deron moito e creo que todos o sufrimos con elas. Incluso a xente na bancada agradecía ese esforzo e “despedía” ao equipo da categoría”.

Manu Sánchez: “Hai xogadoras que sen esa presión poden multiplicar o seu rendemento”

Con este resultado, o equipo desprendeuse dun lastre, así que o vindeiro encontro chega “sen presión. A presión xa esfumouse hai dúas semanas. Non temos nada que perder. O que tiñamos que perder xa o perdimos e a nosa mentalidade é diferente, convértenos nun equipo máis perigoso. Hai xogadoras que sen esa presión poden multiplicar o seu rendemento e imos ver se somos capaces de enfocar ben o partido”.

Dépor ABANCA / CARMEN G. MARIÑAS
Dépor ABANCA / CARMEN G. MARIÑAS

Partido lonxe de Abegondo ante un rival con moito en xogo

O duelo desta fin de semana desenvolverase lonxe da calor da afección deportivista. O propio Manu Sánchez recoñéce que é unha desvantaxe, xa que o apoio “é un valor insustituible”. Para enfrontar este partido, o Dépor ABANCA ten diversos plans para intentar a superar a un rival “que a priori o ten todo de cara”.

O Betis está fóra de postos de descenso, ten cinco puntos máis que as galegas e o goal average a favor. Con todo isto, Sánchez indica como tamén é preciso “saber levar este tipo de situacións”, xa que as andaluzas estiveron preto de celebrar unha permanencia aínda non asegurada.

Manu Sánchez: “Este partido é un partido de barro”

“Creo que nós demostramos que sabemos sobrevivir no barro, vivimos no barro e este partido é un partido de barro. Imos ver quen é capaz de levar o gato á auga. A priori elas teñen todas as papeletas para solventar a situación mañá mesmo, pero imos ver que nos atopamos”, engade o adestrador.

Un proxecto de futuro

O incerto futuro do Dépor ABANCA non impide o movemento dentro do club cara a vindeira tempada. Manu Sánchez admite que “os tempos do fútbol xa van moi avanzados. Agora estamos poderíase dicir no treito final do mercado. A estas alturas case todo o mundo ten decidido ou encamiñado o que vai facer a próxima tempada e iso ocorre tamén aquí. As xogadoras, os axentes, os entornos, todo o mundo está a tocar a porta, é normal”.

Malia os malos resultados do equipo ao longo deste curso, non son poucas as ofertas que recibiron. “Aquí chama moita xente ás portas, algo bo teremos. Polo mesmo lado, hai moita xente que, se o resultado é o descenso, ten en moita consideración quedar aquí. Iso fala ben do proxecto, de toda a xente que hai ao redor do proxecto, de como se trata desde o club o proxecto feminino”, explica o técnico. Aínda así, as prioridades están claras e o primeiro na mente das deportivistas é o partido do sábado.

Dépor ABANCA vs Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS
Dépor ABANCA en Abegondo / CARMEN G. MARIÑAS

Sánchez non dubida que o equipo seguirá a diante en primeira ou en segunda, e asegura que “o club é moi atractivo para unha futbolista. Poder dicir que vas xogar e adestrar todos o ano en herba natural é algo que pouca xente pode dicir, os servizos médicos que temos no club, con todos os respectos, creo que non se atopan en ningún lado”, sinala.

Manu Sánchez: “Ímonos centrar en desfrutar, aínda que soe así, desfrutar do partido de mañá como equipo e veremos se podemos desfrutar aínda máis no partido de aquí”

O adestrador confirma que desde a dirección deportiva levan traballando distintos escenarios desde hai meses, pero haberá que agardar para poñelos en marcha. “Os caprichos deste deporte queren que cheguemos á penúltima xornada sen saber que vai ocorrer e sobre todo nunha tempada tan atípica como esta. Imos rematar a finais de xuño, con pouco tempo de reacción. Ímonos centrar en desfrutar, aínda que soe así, desfrutar do partido de mañá como equipo e veremos se podemos desfrutar aínda máis no partido de aquí”, remata.

Etiquetas A CoruñaDépor ABANCAfútbolLiga Iberdrola FútbolManu SánchezPrimera IberdrolaRC DeportivoRCDReal Betis
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

por Hugo Hernández
11/06/2026
0

Historias como a de Rocío González Valcarcel (28 de marzo de 2012), son as de loitadoras que avanzan por un...

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

Vilagarcía albergou a 2.ª xornada da Nosa Champions Fútbol

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  O campo de fútbol municipal de Berdón, o fogar do Vilagarcía SD, vestiu as súas mellores galas este sábado...

Ascenso do Victoria CF á 2.ª Federación feminina / RFGF - FUTGAL

O Victoria CF da Coruña acada un histórico ascenso á 2ª Federación Feminina

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con...

Marisa García e Mella protagonizan un encontro con seareiros da man de FEIRACO en Xuxán / CLUN

Feiraco fai que os afeccionados e futbolistas do RC Deportivo se encontren no Eroski de Xuxán na Coruña

por Redacción As Nosas
07/05/2026
0

  David Mella e Marisa García, xogadores do RC Depotivo e do Dépor Abanca, protagonizaron un encontro con afeccionados do...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.