• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “Non é normal que nestes primeiros seis partidos non acadásemos ningún punto”

O adestrador do Dépor ABANCA admite o complicado inicio que está a ter o equipo pero confía plenamente no traballo das xogadoras

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/11/2020
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
Manu Sánchez, adestrador RCD / SABELA MOSCOSO

Manu Sánchez, adestrador RCD / SABELA MOSCOSO

44
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Dépor ABANCA de Manu Sánchez está a ter un inicio de Liga Iberdrola complicado. Despois de seis xornadas e cero puntos, o adestrador das branquiazuis fai unha análise negativa da mala situación do equipo: “Non é normal que nestes primeiros seis partidos non acadásemos ningún punto. Penso que estamos a arrastrar distintos factores que non teñen que ser ningunha escusa, como poden ser as baixas ou mecanismos interiorizados que non están a funcionar”.

O técnico intentou darlle a volta ao encontro contra o Sevilla FC, perdido no tempo de desconto, facendo algunhas modificacións no centro do campo, coa intención de “ter o control do partido e do balón”. Un partido que o adestrador considera que tería que ter rematado en empate, xa que “nalgúns momentos estivemos nós mellor e noutros o Sevilla logrou imporse, con ocasións para ambos equipos”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA: “Non gañamos nada lamentándonos e laiándonos do errado. Hai que seguir cara diante e arranxar os erros que podamos ter cometido para non cometelos no futuro”

Isto non foi suficiente para puntuar, pero o adestrador ten claro que “non gañamos nada lamentándonos e laiándonos do errado. Hai que seguir cara diante e arranxar os erros que podamos ter cometido neste partido para non cometelos no futuro”.

Sánchez: “As xogadoras está moi responsabilizadas”

Con todo, o técnico branquiazul confía no traballo das futbolistas, das que asegura que están plenamente comprometidas co clube. En relación ás sensacións que tiveron ao rematar o partido, Manu Sánchez recoñece que “as xogadoras acabaron moi mal. Son xogadoras que senten moito o equipo e o clube. Senten moito todo o que fan e era un día especial en Riazor, coa oportunidade de reverter a situación, e elas o padecen máis que ninguén. Tamén é motivo de orgullo ver como as xogadoras na sexta xornada están así, porque iso quere dicir que están moi responsabilizadas co que esta sucedendo”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA: “Non imos deixar que isto caia e ese é o principal aspecto ao que temos que aferrarnos, o traballo diario. As futbolistas traballan sen descanso, con ganas e con ilusión. O resto son aspectos que temos que ir modificando, acertando cos mecanismos e xogadoras idóneas para cada partido e todo iso é o que nos vai sacar de aquí. O temos claro”.

Precisamente, este traballo e compromiso dun vestiario unido é, segundo Sánchez, a clave para reverter a la mala racha do Dépor ABANCA. “Non imos deixar que isto caia e ese é o principal aspecto ao que temos que aferrarnos, o traballo diario. As futbolistas traballan sen descanso, con ganas e con ilusión. O resto son aspectos que temos que ir modificando, acertando cos mecanismos e xogadoras idóneas para cada partido e todo iso é o que nos vai sacar de aquí. O temos claro”.

Non pensan no descenso

Tras un mes de competición, as branquiazuis seguen a ser colistas, pero para o técnico é inda cedo para falar de posibilidades de descenso. “A decisión da federación de que descendan catro equipos esta tempada ía complicar o obxectivo moito máis, pero nin por asomo estamos a plantexar nada diso. Estamos na sexta xornada do campionato e contamos con que se xogue toda a Liga e estamos traballando para iso. Non e ese o obxectivo”

Manu Sánchez, Dépor ABANCA / RCD
Manu Sánchez, Dépor ABANCA / RCD

Manu Sánchez explica que están traballando e probando opcións para dar co mecanismo que finalmente funcione, pero que é un proceso que “necesita tempo para que as xogadoras o asimilen e as novas entendan o que buscamos”. Un tempo que poderán aproveitar ao longo da vindeira semana.

A pausa desta semana vira ben ao equipo, reflexiona Sánchez

O adiamento do partido ante o Rayo Vallecano, inicialmente previsto para o mércores 11 de novembro, vai supoñer unha pausa que o Dépor ABANCA precisa.

“Neste caso nos ven ben, primeiro para tentar recuperar ás xogadoras lesionadas como Cris, como Kenni ou Peke e tratar de desconectar un pouquiño de todos os partidos que disputamos en tan pouco tempo. Estou contento co estado físico do equipo, pero creo que un pouco de pausa, de tempo para analizar, para pensar, para tomar decisións con tranquilidade nos vai vir ben tanto ao copo técnico como ás xogadoras. Para colmo tamén esta semana tivemos a mala noticia da perda de Fran (o adestrador das porteiras) para esta tempada e temos que recompoñer un pouquiño ese traballo semanal e organizarnos ben”, conclúe Manu Sánchez.

Etiquetas A CoruñaDépor ABANCAfútbolLiga IberdrolaManu SánchezRayo VallecanoSevilla FC
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

por Redacción As Nosas
10/08/2022
0

As instalacións da pista do barrio da Sagrada Familia na Coruña melloráronse recentemente co puído da superficie para acondicionar a...

Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA lévase o Torneo Cidade de Gaia ao vencer 2-4 ao Valladares Gaia FC

por Redacción As Nosas
09/08/2022
0

  O Dépor ABANCA proclamouse campión do Trofeo Cidade de Gaia ao imporse (2-4) ao Valadares Gaia FC, da Primeira...

O corpo técnico do CRAT 22-23 estará conformado por, de esquerda a dereita: Juan Carlos Fernández, Jos Portos e Francisco Usero / CRAT

Francisco Usero súmase ao corpo técnico do CRAT

por Redacción As Nosas
08/08/2022
0

  Francisco Usero súmase ao equipo técnico do CRAT que lidera Jos Porto e no que tamén está Juan Carlos...

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo, na presentación do Trofeo Teresa Herrera 2022 no que o Dépor ABANCA terá como rival ao FC Famalicão / CONCELLO DA CORUÑA

O FC Famalicão, rival do Dépor ABANCA no Teresa Herrera

por Redacción As Nosas
06/08/2022
0

  O Dépor ABANCA xa coñece ao equipo que será o seu rival no décimo Trofeo Teresa Herrera feminino, o...

Bicicletas eléctricas nunha estación de BiciCoruña / CONCELLO DA CORUÑA

O novo BiciCoruña bate o récord de usos diarios desde a posta en marcha do servizo

por Redacción As Nosas
30/07/2022
0

A incorporación das bicicletas eléctricas segue a atraer numerosas altas no servizo de BiciCoruña.  Na actualidade conta con 2.673 usuarios...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Iria Barreiro Navarro, campioa galega benxamín, Celia Cerviño foi a campioa absoluta / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Celia Cerviño, campioa Galega Absoluta de tenis

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.