• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “Co Madrid CFF soubemos sufrir e tratar de facer dano”

O Dépor ABANCA está aberto a incorporacións logo das marchas de Rosalía Muíños e Kenny, "o plantel queda algo escaso", admite o adestrador galego

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/01/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Rolda de prensa do adestrador do Dépor ABANCA, Manu Sánchez / RCD

Rolda de prensa do adestrador do Dépor ABANCA, Manu Sánchez / RCD

43
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Dépor ABANCA, que adestra Manu Sánchez, terá o seu primeiro compromiso do ano o vindeiro mastres 5 de xaneiro ás 12:00 (hora peninsular) visitando á UD Granadilla Egatesa Tenerife. Logo do parón polo Nadal, o rendemento do equipo, que amosaba unha recuperación no seu xogo e resultados, é unha dúbida. As branquiazuis terán por diante unha maratón de seis partidos nun mes, o que tamén porá a proba o seu fondo físico. As baixas de Lía Muíños e Kenni deixan á plantilla “algo escasa”, segundo o propio adestrador, polo que a Dirección Deportiva e o corpo técnico non desbotan sumar futbolistas “É un mercado difícil pero estamos a mirar”, di Sánchez.

Manu Sánchez avisaba en rolda de prensa do potencial do UD Granadilla Egatesa Tenerife, próximo rival liga do Deportivo ABANCA. A cita deportiva inaugural do ano para as branquiazuis terá lugar no campo de La Palmera en San Isidro. O adestrador galego apuntaba: “É un equipo moi aguerrido. Colleu moi ben as ideas de Francis Díaz (técnico). Cambiou a política dos últimos anos en canto a estilo de xogo e xa o ano pasado viuse. Terminaron moi ben a tempada. Este ano reforzaron todas esas ideas con algúns reforzos interesantes en todas as liñas”.

Outro dos factores que xogan a favor das futbolistas locais é o tamaño do terreo de xogo. O campo de La Palmera “é de dimensións reducidas”, advirte Manu Sánchez. “Hai que saber xogar neste tipo de campos. Eles lévano a machada. Está a resultarlles”, di o preparador coruñés.

Nesta liña, destacaba Manu o traballo de Francis Díaz, adestrador tinerfeño, e o seu corpo técnico porque “se cadra con non tantos medios como outros clubs están a disputar unha gran tempada. Iremos alí a tratar de traernos algo positivo. Están nese momento da onda na que che vai todo de face, todo ben. Aproveitárono para facer grandísimos resultados, aínda que os últimos non foron tan satisfactorios para eles. É un equipo moi perigoso, moi potente e por algo están aí arriba”.

Manu Sánchez: “Hai incerteza sobre se estaremos ao nivel de antes do parón”

No seu habitual discurso franco, o técnico do RC Deportivo ABANCA confesa ter “incerteza de se imos ser capaces de estar ao mesmo nivel de antes do parón do Nadal. O partido do FC Barcelona (último do ano 2020) non o podemos contar aínda que eu faga autocrítica dese partido tamén para buscar todos os elementos positivos que houbo”.

Madrid CFF vs Dépor ABANCA / RCD
Madrid CFF vs Dépor ABANCA / RCD

O partido co Madrid CFF é unha boa pedra de toque das capacidades deste grupo. Ese foi a última saída do Deportivo ABANCA en liga. Se saldouse con empate ante o club madrileña. Para o adestrador branquiazul ese partido é “un gran exemplo que nos ten que servir para ver o que podemos desenvolver fóra de Abegondo e contra rivais cun potencial enorme como é o Madrid CFF, cunha grandísima persoal. E saber sufrir. Creo que soubemos sufrir todo o que tiñamos que sufrir ante as arremetidas delas. E que o equipo vexa que é capaz de estar a recibir as arremetidas do rival, sabendo liquidalas con solvencia. E despois tratar de facer dano, que o fixemos e ben”.

Seis partidos nun mes

O regreso á competición na Liga Iberdrola faise con outro maratón de partidos por diante. Manu Sánchez está á espera de comprobar “a resposta física do equipo. Deses seis partidos que veñen xogamos tres en sete días”, advirte. “Acumúlansenos todos eles e hai que buscar o mellor rendemento do equipo, tanto deportivo como físico, que é o máis preocupante despois do parón”.

Para o adestrador do Dépor ABANCA a estratexia diante desta serie de partidos consecutivos en tan pouco tempo consiste en “tratar de ser positivos, de traballar con cabeza. Non se trata de meternos atracones de traballo e si chegar nas mellores condicións a estes partidos que temos”.

Fichará o Dépor ABANCA?

Kenni Thompson / RCD
Kenni Thompson abandouno a disciplina branquiazul/ RCD

Nesta volta ao traballo logo do parón da época de Nadal o Dépor ABANCA recupera á guardameta Esther Sullastres, que levaba tempo lesionada. A cancerbeira incorporouse aos adestramentos do grupo e está recuperada ao cento por cento da súa lesión no hombreiro. Polo que o preparador das herculinas, Manu Sánchez, non terá baixas para medirse á UD Granadilla Egatesa Tenerife.

Pero o bloque branquiazul sufriu dúas baixas definitivas para o que queda de tempada coa marcha, xa prevista, de Rosalía Muíños, Lía, que regresa a Estados Unidos. E tamén a de Kenni Thompson. Por ese motivo, o conxunto coruñés non desbota aumentar a plantilla deportivista con novos efectivos.

“Estamos contentos coa plantilla que temos pero pensamos que virían ben reforzos”, explica Manu Sánchez consultado polo tema na rolda de prensa.

Sobre que posto considera que precisa verse reforzado, o técnico non apunta a nada concreto. Explica que “o que precisamos e sumar efectivos á plantilla. Será un plantel escaso logo das últimas saídas. Precisamos non postos, se non máis futbolistas no grupo para aumentar a competencia interna. É un mercado difícil pero estamos a mirar”, confirma.

Etiquetas DéporDépor ABANCAfútbolGranadillaManu SánchezRC DeportivoRCDTENERIFE
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Covi Regueiro, do Friol / CEDIDA

Covi Regueiro: “Hai que ir partido a partido intentando sumar o maior número de puntos posibles”

por Carmen G. Mariñas
09/04/2021
0

  Non está sendo un inicio de segunda fase sencillo para o PM Friol, que coordina Covi Regueiro. Despois dunha primeira...

Convenio de colaboración entre Futgal e a UVigo / FUTGAL

A Futgal e a Universidade de Vigo unénse nun convenio de colaboración

por Redacción As Nosas
09/04/2021
0

  A Real Federación Galega de Fútbol (Futgal) e a Universidade de Vigo alíanse na sinatura dun convenio de colaboración. Os...

Martín Pais, redacción As Nosas

E que digan MISA

por Martín Pais
08/04/2021
0

  O machismo volve a colarse unha vez máis nas noticias relevantes da xornada, e deixa o poso do sentimento...

Misa coa camiseta do Dépor / RCD

O fútbol vólcase coa exdeportivista Misa e contra o machismo

por Redacción As Nosas
08/04/2021
0

  A futbolista Misa, ex xogadora do Dépor ABANCA e que actualmente milita no Real Madrid, viuse obrigada este mércores a eliminar...

Saray, do Rosalía, no amistoso ante o Lóstrego / EFF ROSALÍA

Dous ascensos en xogo para 36 equipos da Liga Galega Feminina de 2ª División

por Redacción As Nosas
07/04/2021
0

  Un total de 36 equipos distribuídos en sete grupos, segundo criterio xeográfico, volverán vestir de curto esta próxima fin...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
HC Borbolla vs Areces Ecopilas Asturhockey / SABELA MOSCOSO

Un intratable Vila-Sana visita a un Borbolla que non tira a toalla

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
HC Borbolla vs Areces Ecopilas Asturhockey / SABELA MOSCOSO

Un intratable Vila-Sana visita a un Borbolla que non tira a toalla

09/04/2021
O BAXI Ferrol con Lino López / BAXI FERROL

O BAXI Ferrol vai pola segunda vitoria na fase de ascenso

09/04/2021
Cidade de As Burgas / MANOLO CODESO TW

O Cidade de As Burgas precisa aproveitar o bo momento para seguir sumando

09/04/2021
Teresa Portela / TERI PORTELA TW

Teresa Portela será olímpica por sexta vez

09/04/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.