Confiado, sabedor de estar no bo camiño e entregado a sacar o petróleo que este Dépor ABANCA 2020-21 leva nas botas. Así compareceu Manu Sánchez, adestrador do primeiro equipo feminino do RC Deportivo en rolda de prensa.
“Estou tranquilo”, dixo. “Sei do que é capaz este equipo”. De feito, asegura que “en diferentes momentos deste catro primeiros partidos vímolo”. Puxo como exemplos “a segunda parte en Abegondo ante o CD Santa Teresa” e o partido ante o RCD Espanyol. “Non é un problema de xogo, de esquema porque o fixemos”, sostén o técnico.

Con todo, Manu Sánchez non ten unha venda nos ollos. Sabe que algo non carbura e que por moito potencial que teña o equipo, os resultados non chega e o bo xogo sae a retazos. Por iso admite que “o equipo está como bloqueado”.
Manu Sánchez, entrenador Dépor ABANCA: “Sei do que é capaz este equipo. Todos e todas estamos de acordo no porqué das cousas e do que está a suceder”
Para explicar este argumento, o preparador de As Nosas deportivistas relataba: “O outro día nos primeiros 30 minutos foron unha imaxe de todo iso. Cousas moi sinxelas, mecanismos moi básicos no noso sistema de xogo non funcionaban. Eramos incapaces de dar tres pases seguidos”.
Manu Sánchez, entrenador Dépor ABANCA: “Cousas moi sinxelas, mecanismos moi básicos no noso sistema de xogo non funcionaban. Eramos incapaces de dar tres pases seguidos”
Hai ansiedade pero falouse
Neste sentido admite Manu Sánchez que “Hai unha especie de ansiedade, de bloqueo mental porque os resultados non chegan e este grupo non está afeito a estas situacións. Falámolo. Mirámonos todos á cara. Todos e todas estamos de acordo no porqué das cousas e do que está a suceder”.
Na opinión do míster, “non queda máis que traballar para reverter a situación. Eu estou tranquilo porque confío plenamente nelas, en cada unha delas. Teño claro que isto o imos a cambiar. Non se canto nos vai a custar pero estou convencidísimo de que o imos a cambiar porque hai moito talento e moito traballo detrás para todo isto”.
Manu Sánchez: “Temos identificadas as nosas posibilidades”
Reitera o técnico deportivista que “temos identificado prioritariamente cales son as nosas posibilidades. Tanto o corpo técnico como as xogadoras estamos de acordo que o equipo está a mostrar dúas caras en cada partido. É incomprensible, difícil de asimilar, analizar o porqué. En cada un do catro partidos que levamos xogados combinamos momentos malos, con momentos do que é este equipo, do que pode facer”.
Manu Sánchez, entrenador Dépor ABANCA: “Estanos custando arrincar simplemente porque non chegan os resultados. O equipo comete erros en determinadas situacións sinxelas. Houbo partidos que puidemos gañar tranquilamente. E non foi así”.
Así, lembra que no partido contra o CD Santa Teresa “fixemos unha primeira parte horrible e en cambio na segunda o equipo non só estivo ben, senón moi ben. Fixo todo aquilo ao que nos ten afeitos e todo o que pode dar este plantel. Temos que ser capaces de traballar para desenvolver todo isto nun mesmo partido demostrando só unha cara, a cara do Deportivo ABANCA“.
Para o adestrador branquiazul “o que máis nos está custando é remontar todos e cada un dos partidos. Iso é unha esixencia física e mental moi grande”.

De feito, subliña que ao equipo estalle custando arrincar na Primeira Iberdrola “simplemente porque non chegan os resultados. O equipo comete erros en determinadas situacións sinxelas. Aínda non hai ese grao de axuste das xogadoras novas coas que xa estaban aquí. Pero aínda así tanto o partido de Bilbao como de Barcelona son dous partidos que puidemos gañar tranquilamente. E non foi así”.

Sostén Manu Sánchez que “ao final os resultados dan esa confianza necesaria para referendar o traballo semanal e non se está dando. É normal que xere dúbidas na cabeza das futbolistas e ao final cando non ganas pensas que todo o que fas está mal”.
Isto leva, segundo afirma o técnico deportivista a “unha falta de confianza que é moi complicado. Isto é o que estamos a traballar e o que nos queda por diante”.