• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “Erramos as ocasións máis claras incluso o penalti, iso limítate”

"Temos que corrixir mecanismos defensivos" | "Na segunda parte contra a Real temos os principios do que temos que conseguir como equipo"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/10/2020
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
Manu Sánchez, adestrador RCD / SABELA MOSCOSO

Manu Sánchez, adestrador RCD / SABELA MOSCOSO

97
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Ao Dépor ABANCA faltoulle nesta xornada contra a Real Sociedad unha das súas grandes características: o gol. Manu Sánchez admitía que se erraron “as ocasións máis claras, incluso un penalti” e sabe que a calquera equipo, iso, “limítao”.

O adestrador das coruñesas é consciente de que a falta dunha pretempada en condicións, por mor da COVID-19, limita a adaptación dos novos efectivos deportivistas. Asume que o equipo, que vén de perder 0-2 na casa coa Real, está “en construción” e amósas seguro de que “o rendemento mellorará”. Apunta como cuestións a corrixir os “mecanismos defensivos” e sinala a segunda parte contra a Real Sociedad como o camiño a seguir: “Aí temos os principios do que temos que conseguir como equipo”, expón.

A ninguén lle gusta chegar á terceira xornada de liga sen puntuar. Ao técnico da Coruña, tampouco. “Está claro que non é o inicio esperado”, admitía en rolda de prensa ao tempo que matizaba que xa contaba “con que ía ser moito máis complicado”. “Gustaríanos ter empezado doutro xeito, pero non puido ser”, recoñecía.

Manu Sánchez, adestrador RCD / SABELA MOSCOSO
Manu Sánchez, adestrador RCD / SABELA MOSCOSO

Con todo, o partido da Real e o de Lezama non responden a un mesmo patrón de xogo nas branquiazuis. “Son dúas derrotas con dúas lecturas moi diferentes, temos que traballar sobre iso”, puntualiza o técnico que non quere botar a vista atrás e facer comparacións coa pasada tempada.

“No equipo xa falaramos que non imos facer referencias ao ano pasado. Foi un ano expectacular, irrepetible e por tanto é complexo repetilo. Imos traballar co que temos e co que somos. Hai que pensar xa en Barcelona”, en referencia ao vindeiro partido das galegas co Espanyol.

Explica Manu Sánchez que a competición nesta Primera Iberdrola “creceu moito. Simplemente hai que botar unha ollada aos resultados destas dúas primeiras xornadas. Todo se igualou moito, Todo está moito máis competido, é máis emocionante e tamén máis ilusionante para todas”.

Erros en defensa que minaron ao Dépor na primeira parte

Consultado sobre que lle pasou ao equipo na primeira parte coa defensa? o adestrador non se agacha: “É a miña responsabilidade, non axustamos ben mecanismos defensivos que traballamos esta semana”, asegurou. Sánchez explicaba aos medios que o propio Deportivo “propiciou espazos, balóns que recibían en 3/4 diante da nosa liña defensiva…”.

Manu Sánchez, adestrado do Dépor ABANCA / RCD
Manu Sánchez, adestrado do Dépor ABANCA / RCD

Defendeu o preparador galego que eses erros “Axustámolo ben e na segunda parte onde xa vimos un Dépor máis real, máis ofensivo, máis á procura da portaría rival e sen conceder ao rival. Arriscamos adiantamos liñas. Puidemos empatar no arranque da segunda parte e non puido ser”.

O conxunto herculino adoece aínda de acoplamento nas novas incorporacións. “Hai moita xogadora nova e estas cousas trabállanse de verdade neste tipo de partidos. Vese o nivel das xogadoras e o que se pode ou non facer. Non tivemos unha pretempada máis axeitada e temos que traballar agora niso”, argumenta Manu.

Abegondo sen #ANosaForza

Se algo se temía animicamente deste grupo era como ía responder ao feito de xogar sen público nas bancadas, unha limitación por mor do protocolo de prevención da COVID-19.

Seareiros en Abegondo / SABELA MOSCOSO
Imaxe arquivo de seareiros en Abegondo / S. MOSCOSO

O adestrador da Coruña admitía que no equipo están “moi tristes de que non poidamos contar coa nosa xente. Inflúe porque era un compoñente máis deste equipo. Nos momentos importantes a grada de Abegondo sempre ten unha resposta á altura da situación”.

Con todo, Manu Sánchez avisa: “Pero non pode ser unha excusa. Ao final o partido xógase no campo. Pódese notar no ánimo ou a presión ao rival, pero pode ser unha escusa polo acontecido no campo. Levamos unha derrota, hai que traballar máis e pensar en todo o que temos que arranxar. Esperamos poder ter pronta seareiras nas gradas de Abegondo”.

Un cambio no debuxo que funcionou

Na segunda metade o Dépor ABANCA mudou o seu sistema táctico. O novo debuxo elexido polo corpo técnico, deu resultados. Manu Sánchez explica que “quería fixar ás súas laterais para darlle máis soltura á xente que xoga por dentro. Fixábamos a cobertura defensiva que nos facían as súas laterais e buscábamos máis profundidade pola banda. Xerar máis chegadas, ter máis opcións, non so ter dúas posicións ofensivas se non tres de inicio”.

O preparador branquiazul dixo estar “contento co equipo traballou ben fixo as ocasións necesarias para empatar o partido pero no puido ser”.

Un tipo de xogo ao que as novas incorporacións terán que adaptarse

O Dépor ABANCA ten un “un modelo de xogo moi característico e hai que adaptarse a el”, sinalaba en rolda de prensa o  entrenador.  “Tras avaliar á plantilla penso que podemos seguir con el, pero con algunhas diferenzas. Hai xogadoras que nos achegan cousas distintas”, matiza.

Na opinión do adestrador, “ás incorporacións vailles custando menos cada vez pero ao non ter unha pretemporada na que estudar todo o que queremos facer. Facémolo no inicio de competición. Estas primeiras xornadas son de construción do equipo. Temos que seguir traballando no axuste destas cousas”.

Para Manu Sánchez é claro que o equipo “mellorará o rendemento”. Explica que está “contento da segunda parte de hoxe. Sobre todo da transferencia da primeira á segunda parte con catro conceptos que axustamos no vestiario cambio a cara do equipo. Ese é o camiño”, apunta

O motivo da falta de gol

Na mente de Manu Sánchez “Non hai unha explicación clara” da falta de pegada das deportivistas. “Unha das características deste equipo é que ten gol. E neste caso erramos as ocasións más claras incluso o penalti e iso limítate. É unha pena por que a Real aproveitou ben as súas ocasións a balón parado e nunha boa xogada que profundizan por banda dereita. A nós costounos pero creo que conseguimos elaborar para entrar na área rival e non fumos quen de aproveitar as ocasións”.

RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO
Imaxe de arquivo de Peke / SABELA MOSCOSO

Unha das grandes ausentes no xogo deportivista neste choque foi a goleadora Peke. Sobre ela Sánchez explicaba que foi “a nosa máxima goleadora o ano pasado e arrincou con mala puntería nestas dúas xornadas, hai que traballar”.

Nas claves do partido estivo en non converter un penalti pitado sobre Athenea del Castillo. “Errar unha pena máxima é errar a mellor ocasión que podes ter nun partido. Limítate nas opcións no contexto que estaba o partido cun 0-2”, admite o adestrador que recoñece tamén que o equipo “precisaba dese empurrón. Intres antes tivemos a ocasión Athenea en boca de gol”. Para Manu Sánchez, cúmprese “a máxima do fútbol, se perdoas, págalo”.

Con todo o técnico do RC Deportivo ABANCA incide en que onde o grupo ten que traballar máis non é no ataque senon que hai “o que máis temos que arranxar é mecanismos defensivos”. Explica: “hoxe na liña de catro -en referencia á zaga-, tres das xogadoras eran novas. É onde máis temos que axustar para corrixir problemas.

A fluidez do xogo, a canalización a conservación do balón para lanzar accións ofensivas tamén se ten que traballar”.
Na opinión do entrenador branquiazul “na segunda parte xa estivemos máis no campo rival. Temos que traballar a partir desta segunda parte. Aí temos os principios do que tempos que conseguir como equipo, e no que nos temos que apoiar para traballar”, aseguraba.

A visita de Nuria Rábano

Nas filas rivais, hoxe o militaba unha ex deportivista, a futbolista santiaguesa Nuria Rábano. Consultado sobre este feito o que foi o seu míster até o pasado ano explicaba que é “un pracer recibila. É encantadora. Estivo con nós catro anos. Vina alegre e cómoda. No esquema de xogo da Real o seu papel e diferente. Desexámoslle o mellor”.
Etiquetas A CoruñaAbegondoAthenea del CastilloDéporDépor ABANCAManu SánchezNuria RábanoPekeRC DeportivoReal Sociedad
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

por Silvia Carregal
06/12/2025
0

Na volta de Irene Ferreras a Riazor o Dépor ABANCA acadaba un valioso triunfo por un tanteo de 2-0 que lle da...

Irene Ferreras, na súa etapa coma adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Dépor ABANCA e Granada CF medirán forzas este sábado en Riazor

por Sara González
05/12/2025
0

  O Dépor ABANCA recibirá este sábado 6 de decembro a partir das 12:00 horas no Estadio ABANCA-Riazor ao Granada...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Dépor ABANCA, inicio discreto, pero futuro aberto á melloría

por Sara González
21/11/2025
0

Aínda que poida semellar recente, cumpríronse dúas tempadas dende que o Dépor ABANCA regresou ao lugar do que nunca debeu...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.