• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “Actualmente danse todos os condicionantes para que a Primeira Iberdrola sexa profesional”

O preparador deportivista admitiu que a campaña que fixo o Deportivo “chamou moito a atención de todo o mundo” | "Se se concretan as saídas só podemos desexar moita sorte a todas as xogadoras” | "Agora mesmo o mellor sitio para Teresa está aquí"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/05/2020
en Liga Iberdrola Fútbol
Manu Sánchez, adestrador RCD / SABELA MOSCOSO

Manu Sánchez, adestrador RCD / SABELA MOSCOSO

100
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A Liga Iberdrola puxo o seu punto y final a esta tempada. Unha campaña no que o Deportivo ABANCA amosou o seu potencial e deu un puño na mesa no seu debut na máxima categoría do fútbol feminino. O conxunto branquiazul terminou en cuarto lugar e gañou o respeto dos grandes clubs da categoría. Manu Sánchez, o seu adestrador, quixo facer balance e repaso a unha “tempada máxica, inesquecible e histórica, aínda que xa miramos con optimismo para o futuro”.

Manu espera que pronto se declare unha Primeira Iberdrola profesional porque cre que sería o mellor. “Actualmente danse todos os condicionantes para que a Primeira Iberdrola sexa profesional”.

“Reúne todos os requisitos para ser declarada profesional, as xogadoras teñen un convenio propio, contratos profesionais, unha estrutura e organización profesional, medios de comunicación detrás e o empuxe que está a dar o afeccionado. Creo que é o momento”, advertiu o técnico galego.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: “Creo que é o momento e danse todos os condicionantes para que a Primeira Iberdrola sexa profesional”.

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Un Dépor que chama a atención

O preparador deportivista admitiu que a campaña que fixo o Deportivo “chamou moito a atención de todo o mundo” e considerou “normal que todo o mundo interésese” polas posibilidades de fichar a xogadoras branquiazuis. Ademais, recoñeceu o outro lado da moeda, xa que debido a gran campaña feita polo Dépor, hai moitas xogadoras interesadas en xogar na Coruña a vindeira campaña. Aínda así, recoñece que o maior rival para incorporar fichaxes “segue sendo o coronavirus”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: “O Dépor chamou moito a atención de todo o mundo. É normal que haxa clubs interesados en fichar a xogadoras branquiazuis”.

Dépor ABANCA
plantilla Dépor ABANCA | RCD

Baixas de xogadoras importantes

Un dos grandes retos do técnico galego de cara a tempada que vén vai ser reiventarse debido as máis que posibles saídas de xogadres moi importantes como é o caso de Misa, María Méndez ou Nuria Rábano. “O club ofreceu renovacións a todas o xogadoras pero son decisións que toman elas e que entendemos como normais dentro do mundo profesional e o noso labor é traballar para ter o mellor aquí. Elas miran polo seu e son casos diferentes. Se se concretan as saídas só podemos desexar moita sorte a todas as xogadoras”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: ““O club ofreceu renovacións a todas o xogadoras pero son decisións que toman elas e que entendemos como normais dentro do mundo profesional”.

Un caso diferente é o de Tere Abelleira. A centrocampista segue dubidando entre aceptar algunha das ofertas que ten encima da mesa ou aceptar a oferta de renovación. Manu cre que “Agora mesmo o mellor sitio para Teresa está aquí. Está na súa casa e é o mellor sitio para que siga crecendo, pero é unha decisión que ten que tomar ela. A oferta de renovación está aí e xa ten que ser ela a que decida. Todo depende dela e non podemos esperar. Temos que seguir funcionando como proxecto porque o tempo corre e o mercado móvese”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: “Agora mesmo o mellor sitio para Teresa está aquí. Está na súa casa e é o mellor sitio para que siga crecendo”.

Tere Abelleira durante o partido de Copa | wykazszkowski
Tere Abelleira durante o partido de Copa | wykazszkowski

Caras novas

O técnico quixo facer referencia tamén a dúas das xogadoras que chegarán este verán ao Deportivo: Noelia Bermúdez e Helena Torres. “Noelia é unha porteira na que nos fixamos hai tempo e coñecémola ben. Tiñamos moitos informes e estamos moi contentos coa súa incorporación. Forte, con envergadura e bo xogo aéreo e de pés. Xunto a Sullastres creo que temos a portería ben cuberta. Estamos a traballar en confeccionar un persoal competitivo. Renovamos toda a fronte de ataque e iso é importante porque somos o segundo equipo máis realizador da categoría e dános tranquilidade. Agora hai que completar o resto de liñas”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: “Noelia é unha porteira na que nos fixamos hai tempo e coñecémola ben. Tiñamos moitos informes e estamos moi contentos coa súa incorporación”.

Noelia Bermúdez, fichaxe polo Dépor ABANCA - RCD
Noelia Bermúdez, fichaxe polo Dépor ABANCA – RCD

Pola súa banda, Helena “é unha xogadora que nos gusta moito porque ten un perfil diferente ao que temos. Gran xogo de costas, disparo forte, envergadura. Pódenos dar moitas solucións para ter outras formulacións noutro tipo de partidos e espero que nos dea moitas cousas”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: “Helena é unha xogadora que nos gusta moito porque ten un perfil diferente ao que temos. Gran xogo de costas, disparo forte, envergadura”.

Manu Sánchez
Manu Sánchez na previa dun partido | Laura G.

Un ano máxico

O técnico considerou que para o Deportivo ABANCA finalizou “un ano máxico, encadeado ao ano pasado”, en que logrou o ascenso e recoñeceu que será complicado repetir algo así. “Dixemos varias veces que a tempada foi inesquecible e irrepetible. Máis aló de que haxa máis ou menos cambios para o seguinte, o que fixemos este ano, como o fixemos, o espírito que había en todo o que faciamos, fai que dificilmente podamos ver algo así, pero estamos a traballar con toda a ilusión de repetilo”, comentou.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: ““Dixemos varias veces que a tempada foi inesquecible e irrepetible. Fai que dificilmente podamos ver algo así, pero estamos a traballar con toda a ilusión de repetilo”.

Manu Sánchez en rolda de prensa
Manu Sánchez en rolda de prensa | Laura G.

“Carolina peca un pouco de descoñecemento”

O técnico galego falou sobre as palabras da súa xogadora Carolina Arbeláez na que tachou á RFEF de machista pola decisión de suspender a Liga Iberdrola e non facer o propio coa masculina. Manu cre que “Carolina peca un pouco de descoñecemento, acaba de chegar, está a aterrar e expresa unha opinión que non é a real. Neste caso, a Primeira división feminina depende da Federación e esta tomou unha decisión para todas as competicións, independentemente de se é masculina ou feminina, porque entende que non se dan todas as condicións”, declarou.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: “Carolina peca un pouco de descoñecemento, acaba de chegar, está a aterrar e expresa unha opinión que non é a real”.

Manu Sánchez
Manu en rolda de prensa tras o partido de Copa contra o Valencia | wykazszkowski

As xogadoras do Dépor agora pensan nas vacacións cos deberes feitos pero cun importante traballo por diante. Manu Sánchez falou deste aspecto e asegurou que “o seguinte paso ten que ser consolidar este proxecto. Fixemos unha tempada espectacular e agora hai que dar solidez a ese traballo para que non veña abaixo. O primeiro será conseguir a permanencia para consolidar a base que temos asentada, mirando para arriba porque somos ambiciosos aínda que sempre cos pés no chan”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor: “O seguinte paso ten que ser consolidar este proxecto. Fixemos unha tempada espectacular e agora hai que dar solidez a ese traballo para que non veña abaixo”.

Etiquetas DéporDeportivo ABancaLiga IberdrolaManu Sánchezrolda de prensa virtual
Comparte16Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará na elite do fútbol feminino nacional

por Martín Pais
11/05/2025
0

  O Dépor ABANCA continuará a vindeira tempada onde merece estar: na elite do fútbol feminino nacional, tras un empate...

Dépor ABANCA vs CP Cacereño Femenino / SABELA MOSCOSO

Todo ou nada para o Dépor ABANCA en Abegondo

por Redacción As Nosas
09/06/2023
0

  O partido definitivo para o Dépor ABANCA nesta tempada 2022-23 ten data e hora. Mañá, sábado 9 de xuño,...

CRAT Residencia Rialta VS Eibar / ALBERTO SEGADE

O CRAT Residencia Rialta despídese da Liga Iberdrola cunha nova vitoria como local 26-17 pero non loitará polo título

por Redacción As Nosas
17/04/2023
0

  O CRAT Residencia Rialta é case intratable en Elviña. O Eibar foi a súa última vítima cun tanteo de 26...

Jess, xogadora do CRAT Residencia Rialta, placada por Tecla Masoko / MANUEL ÁNGEL GONZÁLEZ

O CRAT, á procura de retornar ao camiño do triunfo diante do Crealia El Salvador

por Redacción As Nosas
14/01/2023
0

  O CRAT Residencia Rialta recibe ao Crealia El Salvador hoxe, sábado 14 de xaneiro ás 16:00 horas, no Estadio...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

04/07/2025
Jéssica Bouzas está competindo en Wimblendon / WIMBLENDON

Jéssica Bouzas, á segunda rolda en Wimbledon

02/07/2025
Irene Osayande / CV ARENAL EMEVÉ

Irene Osayande, potencia e personalidade para o centro da rede do CV Arenal Emevé

01/07/2025
Lorena Patiño, ouro na categoría Junior da proba de Amurrioko Ziklokrosa do Campionato de España de Ciclocrós en 2024/ RFEC

A Selección de Galicia Júnior de XCO triunfa con Lorena Patiño no colofón da Copa de España

30/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.