• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “No traballo desta semana buscamos un cambio de mentalidade”

O técnico explica que a alegría forma parte da esencia do fútbol do Dépor e pretende recuperala tamén deixa entrever que apostará polo debuxo táctico máis habitual nestes anos nas branquiazuis | Respecta ao Atlético de Madrid, pero lembra que ao final son "once xogadoras que se interpoñen no noso obxectivo"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/11/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Na rolda de prensa Manu Sánchez falou dun cambio de mentalidade/ RCD

Rolda de prensa de Manu Sánchez / RCD

54
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Dépor ABANCA xogará mañá domingo no Estadio Municipal de Riazor diante do Atlético de Madrid, un dos ósos máis duros de roer da Primera Iberdrola. Manu Sánchez, adestrador do equipo branquiazul, comparecía en rolda de prensa ante os medios sabedor da situación do equipo, na que asume “a presión”, do nivel do rival, “ao que non vou descubrir agora”, pero tamén confiado nas posibilidades do bloque que prepara, unhas futbolistas ás que “non selles olvidou xogar ao fútbol”, advirte ao tempo que explica que o traballo semanal estivo enfocado a buscar mudar “a mentalidade”.

A situación clasificatoria do Dépor é preocupante. Nese sentido, o míster admite que o “equipo está doído, que non abatido. Polos resultados, polas circunstancias, polo feito de como se producen, que non teñen nada que ver co que somos e facemos como equipo”, explica.

“Este proxecto basease en moito corazón e alegría, recuperala leva ao resto”

Buscando o revulsivo anímico, Manu Sánchez explicaba aos medios que “esta semana houbo un cambio de mentalidade. O equipo adestrou con outra alegría. Desde o corpo técnico tentamos fomentar hábitos diferentes, cambiar rutinas e roles para tratar de limpar a mente dese resíduo que temos encima que parece que todo o que facemos o facemos mal e non é así. Tratamos de inculcar iso no equipo”, relataba o adestrador.

Dépor ABANCA Manu Sánchez
RCD

Segundo explicaba o técnico, “o equipo entendeu moi ben, entendeu moi claramente o que queremos buscar, o que temos que facer. Falta ver se somos capaces de desenvolvelo o domingo”, puntualiza sobre ese reseteo da mentalidade nas futbolistas do conxunto galego.

Manu Sánchez, adestrador deportivista: “O equipo entendeu moi claramente o que queremos buscar, o que temos que facer. Falta ver se somos capaces de desenvolvelo o domingo”.

Nesa procura dun cambio de actitude anímica “tentamos mudar moitas cousas. O traballo é similar, pero modificamos rutinas, que visen cousas diferentes, que tivesen estímulos diferentes. Xerou un traballo bo, distendido… Alguén que non nos coñeza pode pensar que levamos cero puntos, sen ningún partido e estamos alegres.  Pois iso forma parte da nosa esencia. Este proxecto baséase en moitísimo corazón e moitísima alegría. Recuperar iso vainos a levar ao resto. É o que buscamos esta semana. A ver se con iso e facendo as cousas ben no campo somos capaces de plantarlle moita cara ao Atlético”, augura o adestrador.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA: “Desde o corpo técnico tentamos fomentar hábitos diferentes, cambiar rutinas e roles para tratar de limpar a mente dese resíduo que temos encima. Parece que todo o que facemos o facemos mal e non é así. Tratamos de inculcar iso no equipo. Mudar a mentalidade”

As colchoneras, un óso duro de roer

Non son poucas as persoas que pensan entre a afección deportivista que o Atlético de Madrid pode que sexa un dos peores rivais que lle podían tocar en sorte neste momento da competición ao Dépor ABANCA. E así se lle trasladou ao míster, ao que se lle preguntou se era o peor ou o mellor momento para medir forzas a un plantel deste nivel futbolistico. Manu Sánchez respondía á pregunta moi seguro de como tiña que afrontar o bloque branquiazul este reto. “Estamos nunha situación na que non temos rivais fáciles, nin difíciles. Temos unha frase para cada convocatoria, e parte da frase desta semana, é esa. Temos que tratar de afrontar buscando sumar, gañar. Tras a racha que levamos non nos temos que preocupar se o que temos en fronte será duro ou difícil”.

Manu Sánchez, adestrador das coruñesas: “Estamos nunha situación na que non temos rivais fáciles, nin difíciles”

Na súa argumentación, Manu Sánchez aseveraba: “Cometeriamos un erro de medir as nosas forzas en virtude do rival e non estamos nesa situación. Estamos nunha situación na que queremos gañar partidos, queremos recuperar sensacións, recuperar alegría…”

Manu Sánchez, técnico branquiazul: “O Atlético de Madrid son once xogadoras que se interpoñen no noso obxectivo, hai que pasar por encima delas para conseguilo. Non hai máis”

Non agacha o adestrador herculino o enorme nivel das contrincantes. “É obvio que o Atlético de Madrid é, se cadra, o mellor equipo dos últimos cinco anos en España. Ten un plantel espectacular. É un proxecto de fútbol feminino que non vou descubrir aquí. Pero ao final son once xogadoras que imos ter diante, once xogadoras que se interpoñen no noso obxectivo, hai que pasar por encima delas para conseguilo. Non hai máis”.

Manu Sánchez: “No club non me transmiten presión, asúmoa eu”

Adoita falar claro, e nese sentido Manu Sánchez non esconde as dificultades que xestiona. O técnico coruñés confesa que a situación do equipo non é agradable, pero explicaba aos medios que el é a mesma persoa nas vitorias e nas derotas. “Eu son o mesmo gañando que perdendo”, apostilla.

Manu Sánchez, Dépor ABANCA / RCD
Manu Sánchez, Dépor ABANCA / RCD

Para o entrenador herculino “o fútbol é un deporte de futbolistas, estamos aquí para tratar de axudalas, para xerar o mellor escenario posible para que as cousas se dean. E cando as cousas van mal, para ser o primeiro en recibir críticas e paus. Non me xera ansiedade, vai no cargo que ostento. Isto é o Dépor, é unha entidade moi grande. É unha grandísima responsabilidade. Desde o club non me transmiten presión, pero asúmoa eu, como a asumín desde o primeiro día. Vai seguir sendo gañemos ou perdamos”.

Manu Sánchez, entrenador do Dépor ABANCA: “Non están a saír as cousas, pero as futbolistas traballan, poñen todo da súa parte, danlle mil voltas a todo. É unha pena que non estea a funcionar, pero queda moito por pelexar e pelexarémolo até o final”

Consultado sobre como xestiona esa presión, Manu Sánchez sinalaba que o fai “só na miña casa tranquilamente, cando teño que pasar os momentos duros. E aquí traballor e transmítolles confianza. Elas non se esqueceron de xogar ao fútbol. Non están a saír as cousas, pero traballan, poñen todo da súa parte, danlle mil voltas a todo. É unha pena que non estea a funcionar, pero queda moito por pelexar e pelexarémolo até o final”, avisa.

Ademais da mentalidade, o Dépor recuperará o debuxo que o fixo medrar

Nesa búsqueda de reverter a situación e comezar a puntuar, ademais de procurar un revulsivo na mentalidade das futbolistas, unha das variables que houbo nestes partidos do Dépor ABANCA foi que se mudou o esquema táctico varias veces á procura do que mellor partido puidese tirar neste momento.

Consultado sobre esos cambios no debuxo sobre o campo, Manu Sánchez explicaba que “Desde os inicios xogamos sempre dunha forma. Na campaña 2017-18 démoslle un cambio polas xogadoras que incorporamos ao plantel, creamos ese modelo de xogo co que xogamos até a data. Foinos moi ben”.

Manu Sánchez: “Démoslle voltas aos sistemas para tratar de fortalecer a solidez como equipo e non o logramos”

Sen embargo, nesta tempada 2020 – 2021 o habitual esquema non terminaba de prender no fútbol branquiazul, e así o detectaron no corpo técnico deportivista. “Neste inicio de tempada eses mecanismos que teñen que decidir ben as futbolistas non estaban a funcionar. Se cadra as novas incorporacións custoulles entendelo, ás que xa estaban aquí entenderse coas novas, a nós transmitilo, ao final xuntouse todo. Vimos que non funcionaba. Démoslle voltas aos sistemas para tratar de fortalecer a solidez como equipo e non o logramos”.

Finalmente, segundo deixou entrever o adestrador, o Dépor ABANCA voltará ás súas orixes, ao debuxo que fixo medrar a este bloque de futbolistas. “Démoslle unha volta e creo que temos que agarrarnos ao que nos trouxo aquí, ao que somos. Para o que estamos preparadas. Deseñamos unha plantilla buscando un obxectivo de xogo claro e imos incidir sobre iso e reforzalo. Con iso é co que temos que tirar adiante”, afirmou o entrenador.

Volve Peke pero son baixa Kenni e Michelle Romero

Sobre a convocatoria de Peke co RC Deportivo ABANCA e a súa posible achega desde o terreo de xogo, Manu Sánchez amosouse comedido. “Temos que tomar a decisión no corpo técnico.”, dixo. Para iso, advertiu que teñen “moi en conta o que din vos médicos. Tivemos unha reunión o venres. É unha ledicia ter a Peke nos adestramentos, contar con ela no grupo. Ven dun parón de case un mes. Pero é unha xogadora que se coida moito, moi profesional e a súa recuperación tamén leva menos tempo que noutros casos. Imos ver que pode facer”, manifestou deixando no aire o concurso da dianteira deportivista tanto no once como no transcurso do partido.

Peke recibe a alta médica e poderá xogar o próximo partido do Dépor ABANCA / RCD
Peke recibe a alta médica e poderá xogar o próximo partido do Dépor ABANCA / RCD

Con todo, a presencia de Peke no banco branquiazul sería, posiblemente, un punto máis ao favor dese cambio de mentalidade que se procura, desa volta ao fútbol alegre que caracterizaba ao Dépor ata este curso.

Segue sendo baixa Kenni, pero “por fin esta semana adestrou co grupo. So tivo un adestramento completo, e parece que pode xa ir entrando na dinámica de grupo” explicaba Sánchez. O técnico trasladaba aos medios a ausencia de Michelle Romero “caeulle Aldana enriba do xeonllo e ten un aescordadura. É leve pero non pode estar a disposición do equipo”.

Convocatoria do Dépor ABANCA para medirse co At Madrid en Riazor / RCD
Convocatoria do Dépor ABANCA para medirse co At Madrid en Riazor, o bloque busca un cambio de mentalidade / RCD

En Riazor pero case seguro que sen público

Consultado sobre a elección do escenario de xogo, o Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR, Sánchez restoulle importancia. “Non hai un motivo especial”, para disputar o partido nesa cancha, segundo explicaba o técnico. “Usar o campo principal do club atende a varios motivos: deportivos, de disponibilidade… non é algo sexa inaudito. Desde a creación do feminino ou club apostou por presentar ao equipo non estadio. Non hai motivo especial”, argumenta.

Aínda que está por confirmar, o máis probable é que o partido se dispute sen público debido as restricións vixentes na cidade da Coruña por mor da situación sanitaria derivada da pandemia de COVID-19. Contar cun número importante de seareiras nas bancadas si sería un feito diferencia para o equipo deportivista que sempre tivo unha grande achega de folgos por parte da súa afección.

Unha nova oportunidade para o Dépor ABANCA en Riazor

 

Etiquetas ABANCA RiazorAtlético de MadridDéporDépor ABANCAKenniManu SánchezMichalle RomeroPekeRC DeportivoRCDRiazor
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA 2023 / RCD

O Dépor ABANCA conserva o liderato tras vencer 0-1 ao CA Osasuna

por Redacción As Nosas
29/01/2023
0

  O Dépor ABANCA aférrase ao liderato. As futbolistas que adestra Irene Ferreras suman de tres a domilicio e conservan...

Dépor ABANCA vs CP Cacereño Femenino / SABELA MOSCOSO

O Cacereño conquista o fortín de Abegondo vencendo 0-2 ao Dépor ABANCA

por Silvia Carregal
21/01/2023
0

  Caeu o fortín de Abegondo. As Nosas deportivistas perderon o seu primeiro partido como locais e fixérono xusto cun...

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

O Dépor, líder da Primera Federación, quere ter o desquite do 4-0 de Cáceres en Abegondo

por Silvia Carregal
21/01/2023
0

  O Dépor ABANCA, líder e campión de inverno da Primera Federación FutFem da RFEF, recibe hoxe sábado 21 de...

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras: “Imos tentar manter o liderado na Primera Federación varias xornadas consecutivas”

por Redacción As Nosas
20/01/2023
0

  Do 4-0 recibido en Cáceres na primeira volta só queda no Dépor ABANCA as ganas de demostrar sobre o...

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Liderato deportivista no fin da primeira volta

por Redacción As Nosas
17/01/2023
0

  O triunfo colleitado na Ciudad Deportivo do Granada CF a pasada fin de semana supuxo unha alegría por partida...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

30/01/2023
As cadetes María Filgueiras e Uxía Soto, prata e bronce respectivamente no Campionato de España de ciclocrós / FGC

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

30/01/2023
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

30/01/2023
Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

29/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.