• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Manolo Codeso: “O obxectivo desta tempada é quedar entre os dous primeiros postos que dan dereito a xogar os play-off”

O adestrador destacou a importancia da canteira xa que "se por algo se caracteriza o Cidade de As Burgas é pola súa aposta pola canteira e pola base" | Codeso tamén fixou a mirada na volta da semifinal da Copa de Galicia fronte ao Poio "onde imos a ir ao pavillón da Seca con toda a intención de pasar a eliminatoria"

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
15/01/2022
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

532
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade
  • “O máis importante é seguir coidando ás xogadoras máis novas e que tanto elas como o club siga crecendo da man”.

  • “O partido ante o Viaxes Amarelle marcará o nivel dos dous equipos que agora mesmo mandamos na clasificación”.

  • “Para min é un orgullo ver como siguen saíndo xogadoras da canteira que siguen os pasos das xa coñecidas e contrastadas Vane Sotelo, Iria Saeta, Candela Soria ou Ana Lastra”.

O equipo ourensán do Cidade de As Burgas, adestrado polo técnico Manolo Codeso, está a completar un gran inicio de tempada da división de prata de fútbol sala tras sumar oito vitorias, un empate e unha derrota. As verdibrancas son segundas na táboa clasificatoria e suman 25 puntos dos 30 posibles. Polo momento están a cumprir o obxectivo plantexado que tal e como destaca o adestrador “non é outro que meterse entre os dous primeiros clasificados que son os que dan dereito a xogar os play-off”.

Tras un primeiro partido no que as ourensás caeron na casa ante o FSF Castro por 3 a 7, o equipo foi a máis e puntou nas nove xornadas seguintes, sumando 25 de 27 puntos posibles.

O técnico galego sabe da importancia da canteira para este club e amosa verdadero “orgullo ver como seguen saíndo xogadoras da canteira que seguen os pasos das xa coñecidas e contrastadas Vane Sotelo, Iria Saeta, Candela Soria ou Ana Lastra, entre outras, que xa son xogadoras top no ámbito nacional”.

manolo-codeso-cidade-de-as-burgas
CIDADE DE AS BURGAS

As Nosas – Que balance fas deste primeiro tramo da tempada tras 10 xornadas de Liga?

Manolo Codeso: O balance é positivo, temos a espiña cravada da primeira xornada onde recibimos unha derrota que non contabamos, pero creo que ao final foi un punto de inflexión para toda a plantilla porque quedou demostrado que esta Liga vai ser dura e cada partido vai ser moi complicado de sacar adiante e de poder puntuar.

Tras esa primeira derrota conseguímos puntuar en 9 xornadas seguidas, con 8 vitorias e 1 empate, polo que poderíase dicir que o balance xeral é de notable.

Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas: “O equipo estivo notable nestos dez primeiros partidos de Liga é o balance xeral é positivo”

Explicacións de Manolo Codeso ás futbolistas un tempo morto, as galegas quere deixar de ser colistas / CIDADE DE AS BURGAS TW
Explicacións de Manolo Codeso ás futbolistas un tempo morto / CIDADE DE AS BURGAS TW

A.N.: Segunda posición na táboa e tan só un partido perdido. Cal é o obxectivo do Cidade de As Burgas para esta tempada?

M.C.: O obxectivo desta tempada non é outro que meterse entre os dous primeiros clasificados que son os que dan dereito a xogar os play-off. Despois xa é outra historia e ogallá que poidamos cumprir o obxectivo e poder desfrutar dun play-off que de seguro que será moi emocionante.

A.N.: Ademais, en pouco máis dunha semana o equipo medirase ao Viaxes Amarelle. Equipo imbatido e que suma 10 de 10. Gañar ese partido pode ser un golpe na mesa para as aspiracións do Cidade de As Burgas?

M.C.: A nosa mentalidade agora está en conseguir os tres puntos en Rodiles, un rival e unha pista que sempre é moi complicada. Despois é verdade que nos atopamos ao Amarelle onde seguramente chegará invicto.

Creo que será un partido onde marcará o nivel dos dous equipos que agora mesmo mandamos na clasificación. Para nós é vital sacar o partido adiante, porque supoñería un extra para pelexar pola primeira praza que agora mesmo está a cinco puntos e, de gañar, teriamos a oportunidade de rebaixar esa conta e estar a moi preto do primeiro posto. Por outra banda, tamén sería unha boa forma de demostrarnos a nós mesmas cal é o nivel do equipo.

O que está claro é que temos moitas ganas de que chegue ese partido.

Manolo Codeso destacou que “o partido ante o Viaxes Amarelle marcará o nivel dos dous equipos que agora mesmo mandamos na clasificación”

O Cidade de As Burgas con Manolo Codeso / CIDADE DE AS BURGAS
O Cidade de As Burgas con Manolo Codeso / CIDADE DE AS BURGAS

A.N.: E nas semis de Copa de Galicia con todo por decidir tras perder pola mínima no partido de ida ante un gran equipo como o Poio. Crees que tedes posibilidades de pasar á final nun pavillón sempre complicado como é A Seca?

M.C.: As esperanzas témolas. Na nosa pista xa demostramos que somos un equipo difícil de gañar, onde fixemos un partido moi correcto e deixamos o marcador vivo para ir alí con esperanzas. O que teño claro é que en abril imos a ir á Seca con toda a intención de pasar a eliminatoria e con moita ilusión por facer un gran papel. Temos moito tempo ata que vivamos ese partido e ímolo a preparar a conciencia para tentar chegar á final sabendo sempre que o rival é dos mellores de España.

Codeso: “Se algo caracteriza a este club é a aposta pola base”

A.N.: O teu equipo sempre aposta polo talento da canteira, feito que se demostrou recentemente pola convocatoria de Fara Antolín e Sol Pedrera coa selección Galega sub-19. A aposta pola canteira é o camiño para seguir para crecer como entidade e conseguir obxectivos?

M.C.: Se por algo se caracteriza este club é pola súa aposta pola base. Seguimos traballando nesa liña , agora mesmo Fara e Sol son xogadoras dun gran futuro e temos que ter paciencia e con moito agarimo para que sigan mellorando e progresando pouco a pouco.

Catro xogadoras de 15 anos debutaron esta tempada co Cidade de As Burgas / MANOLO CODESO
Catro xogadoras de 15 anos debutaron esta tempada co Cidade de As Burgas / MANOLO CODESO

Ademais non nos podemos esquecer que este club non ten só dou diamantes, senón que tamén temos grandes xogadoras de moitísima calidade e proxección como Clara, Canolich, Aroa ,Amelia e pisando forte tamén veñen África e Carlota.

Para mín é un orgullo ver como seguen saíndo xogadoras da canteira que seguen os pasos das xa coñecidas e contrastadas Vane Sotelo, Iria Saeta, Candela Soria ou Ana Lastra, entre outras, que xa son xogadoras top no ámbito nacional.

Manolo Codeso: “Fara e Sol son xogadoras dun gran futuro e temos que ter paciencia e con moito agarimo para que sigan mellorando e progresando pouco a pouco”

A.N.: Cal é o propósito de aninovo de Manolo Codeso para o seu Cidade de As Burgas?

M.C.: Agora mesmo o obxectivo número uno é estar entre os dous primeiros clasificados, despois sería un premio grande chegar á final da Copa Xunta, pero o máis importante é seguir coidando ás xogadoras máis novas e que tanto elas como o club siga crecendo da man.

Etiquetas cidade de As BurgasfutsalManolo CodesoSegunda División
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Raúl Castro, Piru / VIAXES AMARELLE FSF

Raúl Castro ‘Piru’, novo adestrador do Viaxes Amarelle FSF

por Redacción As Nosas
23/07/2023
0

  O técnico madrileño Raúl Castro, 'Piru', será o novo adestrador do Viaxes Amarelle FSF a próxima tempada na que...

O Burela, campón dos catro títulos nos que competíu na tempada 2022-23: Liga, Supercopa, Copa da Raíña e Copa Galicia / MANU GIL - BURELA FS

A Liga é para o Burela que se impón ao Futsi Atlético Navalcarnero nos penaltis tras un 2-2

por Redacción As Nosas
25/06/2023
0

  O Pescados Rubén Burela FS proclámase Campión de Liga 2022-2023 na Primera División do futsalfem da RFEF. Trátase da...

Futsi Atlético Navalcarnero vs Pescados Rubén Burela / SABELA BLANCO - PRBFS

O Pescados Rubén Burela ten a tiro un novo título de liga

por Redacción As Nosas
24/06/2023
0

  Este sábado día 24 de xuño ás 18.00 horas continúa a final do play-off polo título de Liga en...

Viaxes Amarelle FSF infantil, campion de España de clubs de base futsal / VIAXES AMARELLE FSF

O Viaxes Amarelle FSF, campión de España de clubs base

por Redacción As Nosas
20/06/2023
0

  O equipo infantil do Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Manuel del Castillo, afrontaba deste domingo a final do Campionato...

Debut internacional de Martita coa Selección Española de futsal / RFEF

Martita estará por terceiro curso no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
19/06/2023
0

  Martita renova un ano máis e serán tres os que pertenza á entidade conserveira. Despois dun ano no que...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

18/06/2025
Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.