• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Atletismo

Fini Maestu: “A sociedade é moi patriarcal e custa entrar nas directivas”

Membro da Federación Galega de Atletismo e da Real Federación Española de Atletismo, a galega fala sobre a falta de representación feminina nos postos de poder das directivas deportivas | Maestu: "As mulleres somos máis coidadoras e cústanos máis dar o paso"

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
26/05/2021
en Máis Deporte, Atletismo
Josefina Maestu Almeida / CEDIDA

Josefina Maestu Almeida / CEDIDA

1k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Afeccionada ao deporte desde que estaba na escola, Josefina (Fini) Maestu (Vigo, 1973), non imaxina unha vida lonxe do deporte. Tras décadas dedicadas ao atletismo e ao montañismo, a galega forma agora parte como vogal das directivas da Federación Galega de Atletismo e a Real Federación Española de Atletismo.

Malia que a representación feminina é maior, a paridade aínda non se acadou. “A sociedade é moi patriarcal e custa entrar”, admite preguntada pola falta de mulleres nas Xuntas Directivas do mundo do deporte.

Por que faltan mulleres nos postos de decisión?

Maestu forma parte desde o 2020 da Federación Galega de Atletismo, e tamén o fai do organismo español desde decembro do mesmo ano.

A galega Josefina Maestu, membro da Xunta Directiva da RFEA

Na súa carreira tamén formou parte da Federación Galega de Montañismo, onde se encargaba das tarefas do ámbito de muller e deporte. Ocupou o cargo entre xullo do 2017 e decembro do 2019, cando decidiu dimitir por discrepancias co resto da dirección.

Así mesmo, é vicesecretaria da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), preside o Club de Montaña Coruña, do que tamén é fundadora, desde novembro do 2018. É ademais a delegada de Protección do Protocolo para a Prevención, Detección e Actuación fronte ao acoso laboral e sexual, a discriminación e ou abuso sexual da FGA desde febrero do 2021.

Con todo, Maestu é case unha excepción e admite que é complicado entrar nos postos de poder no deporte “porque é un mundo de moitos egos”.

Segundo apunta a vogal da FGA e a RFEA, moitos homes ocupan xa os postos de presidencia e prefiren apostar por persoas da súa confianza “que adoitan a ser homes”, á vez que desconfían das mulleres.

Fini Maestu / CEDIDA
Fini Maestu, atleta e montañeira / CEDIDA

Pero esta non é a única explicación. O rol feminino das mulleres como coidadoras impide tamén que elas mesmas dean un paso adiante e comprométanse coas Xuntas Directivas: “As mulleres implícanse menos por temas familiares. Cando pides unha implicación non responden porque xa teñen moito co seu día a día. É un hándicap, porque as mulleres somos máis coidadoras e cústanos máis dar o paso. Cando o das xa é a todo. É cuestión de romper barreiras”.

Fini Maestu: “As mulleres somos máis coidadoras e cústanos máis dar o paso. Cando o das xa é a todo. É cuestión de romper barreiras”

De todas formas, a galega resalta que tamén hai organismos que pensan só na capacidade das persoas, máis aló do seu xénero, tendo en conta “a experiencia e a actitude”. Tamén hai casos nos que a esixencia é máxima, demandando un maior compromiso. Un exemplo disto é a propia FGA, presidida por Isidoro Hornillos, ao que Maestu alaga asegurando que “é un xestor incríble, non para, e apréndese moito con el, pero tamén é moi esixente e non calquera persoa pode estar na roda”.

A equidade nas Xuntas Directivas está máis preto, pero queda camiño

Actualmente, só 10 membros da Xunta Directiva da RFEA son mulleres, dos 18 que compoñen o organismo. No caso galego, hai catro mulleres polos 12 homes que conforman a Xunta Directiva da FGA.

Maestu, que forma parte destas federacións como vogal desde os últimos meses, explica que as subvencións do Consejo Superior de Deportes que promoven a equidade facilitaron o aumento do número de mulleres nas directivas, pero tamén na contratación de deportistas de alto nivel. Porén, este ano tiveron lugar varias eleccións nas federacións “e algunhas non o cumpren”.

Deporte, alimentación e vida social, a base para Fini Maestu

A deportista galega non entende a vida sen deporte, e para ela é unha dos piares básicos do seu día a día. Malia que admite que “a alto rendemento non se pode estar toda a vida, ten unhas consecuencias e unha intensidade que non se poden manter; é imposible. Si se pode realizar deporte e competir, aínda que non sexa a alto nivel, creo que é bo por saúde e polas relacións sociais”.

Fini Maestu: “Si se pode realizar deporte e competir, aínda que non sexa a alto nivel, creo que é bo por saúde e polas relacións sociais”

As deportistas que son nais poden promover a práctica deportiva na súa familia, sendo a viva imaxe dos beneficios do deporte: “Se tes familia e fas deporte, pois os teus fillos o farán, é unha cadea. Eles vanse incorporando, ven desde pequenos que a practica de actividade física se pode realizar”.

Maestu vive isto nas súas propias carnes, e recorda como os seus propios fillos practican actividade física desde pequenos. Tal e como explica, o deporte “convértese nunha necesidade para estar ben física e mentalmente”.

Fini Maestu cos seus fillos / CEDIDA
Fini Maestu cos seus fillos / CEDIDA

Fini Maestu: “Deporte, alimentación e vida social teñen que ser a base”

A galega entende que se lle debería dar a mesma importancia ao deporte que a que se lle da á alimentación como parte da vida diaria. “Debería estar na base das mulleres e dos homes. Deporte, alimentación e vida social teñen que ser a base”, subliña.

Como promover o deporte feminino

Dar o paso adiante para incluir a actividade física na vida diaria, e especialmente ás mulleres no mundo do deporte, non é labor só das persoas a nivel individual. Fini Maestu sinala que “os clubs teñen unha labor moi importante na divulgación e na creación de necesidade de realizar actividade física. Creo que teñen un papel súper importante”.

Desde a Federación Galega de Atletismo, que coñece de preto e da que forma parte como vogal de Muller e Igualdade, explica que “nos gustaría traballar en equipo, cos clubs e este ano co centenario, intentar visualizar ás mulleres que destacaron a nivel atlético en Galicia e visibilizalas”.

Esta visibilización da que fala é vital para que as nenas poidan contar con referentes e “para demostrar que podemos”. No mundo do atletismo as mulleres sempre estiveron presentes nas pistas, polo que “desde a Federación, este ano co centenario, intentaremos destacar o papel das pioneiras, no atletismo en Galicia”.

Isidoro Hornillos: “O século de historia converte ao atletismo galego nun dos deportes con máis peso en Galicia”

Etiquetas atletismoFEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMOFederación Galega de MontañismoFGAFini MaestuJosefina MaestuMontañismo
Comparte4Chía3
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

por Redacción As Nosas
25/09/2023
0

  Este domingo tivo lugar unha nova edición da Carreira da Muller, na Coruña na que correron máis de 5.000...

A 'Volta a Oza' está dentro do circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Xa hai preto de 2.000 persoas inscritas na carreira popular da Volta a Oza na Coruña

por Redacción As Nosas
29/08/2023
0

  Máis de 1.800 persoas xa están inscritas na décima edición da Volta a Oza, unha das sete probas incluídas este...

Podio do Campionato Galego absolutos de milla en ruta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Carolina Santos e Gustavo Santiago, proclámanse campións galegos absolutos de milla en ruta

por Redacción As Nosas
28/08/2023
0

  Carolina Santos do Ría Ferrol e Gustavo Santiago do Triatlón Poio, resultaron gañadores na categoría absoluta do Campionato Xunta de Galicia de Milla...

Antía Chamosa no Mundial de Budapest 2023 nos 20km marcha / RFEA

Antía Chamosa finaliza o Mundial en 29ª posición nos 20km marcha

por Redacción As Nosas
20/08/2023
0

  O debut en categoría absoluta da atleta galega Antía Chamosa finalizou coa marchadora da Sociedad Gimnástica de Pontevedra en...

Antía Chamosa cólgase o bronce no Europeo sub23 / RFEA

Antía Chamosa compite no Mundial de atletismo na distancia de 20km marcha

por Redacción As Nosas
20/08/2023
0

  Antía Chamosa convertirase hoxe en Budapest na primeira marchadora galega nun Mundial absoluto de atletismo O Campionato do Mundo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

09/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.