O punto e final á fase de grupos da Selección Galega Sub-15 de fútbol foi cunha derrota ante Cataluña por 0-2. Con todo, Galicia estará nas semifinais do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA). O seu rival nesta fase competitiva será Madrid.
As futbolistas que adestra Vicky Vázquez completaron un grandísimo encontro e na primeira parte dispuxeron de varias ocasións para poñerse por diante no marcador, pero a falta de acerto condenou ás nosas. Cataluña si golpeou antes do descanso, concretamente no minuto 29, grazas a un tanto de Clara.
Na segunda metade, as catalás puxeron terra polo medio nos primeiros compases grazas ao gol de Ainoa cando aínda restaba media hora por diante.
Ambos os dous adestradores, conscientes de que xa estaban clasificados para as semifinais do martes, optaron por repartir minutos entre todas as xogadoras.
O proximo rival de Galicia será Madrid o martes na mañá
A Selección Galega Sub-15 da RFGF enfrontarase a Madrid na primeira semifinal que terá lugar o vindeiro martes 7 de xuño a partir das 9.30 horas. O combinado madrileño liderou o Grupo A. A outra semifinal enfrontará a Cataluña e a Andalucía.
FICHA TÉCNICA
0) GALICIA: Naiara; Sara Cuiñas, Elena, Sara Couso, Laura Santos, Abril, Minerva, Luíta, Laurita, Sara Cercido e Nara. Tamén xogaron Luci Rivas, Ana Capelo, Maca, Nati e Luchi.
2) CATALUÑA: Carla; Martina, Laia, Lorena, Ortega, Ainoa, Sandoval, Mar, Carlota, Clara e Nerea. Tamén xogaron Jana, Natalia, Kautar, Noa Jiménez.
GOLES: 0-1 Clara (min. 29). 0-2 Ainoa (min. 48)
ÁRBITRO: José Antonio Rodríguez Díaz.
INCIDENCIAS: Terceira xornada da fase final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas disputado en San Juan Bosco Los Dolores (Cartagena).