A Federación Española de Luchas Olímpicas y DA renovou aos seus membros da asamblea para o próximo ciclo Olímpico de catro anos e contará con catro representantes galegos, entre os que estará Lydia Pérez.
Francisco Iglesias Serna foi reelixido como presidente da Federación, cuxo máximo órgano de dirección nacional, a Asamblea, contará con catro galegos:
José Luis Olazabal Ibars estará en calidade de Presidente da Federación Galega de Loitas e DA (Fegaloita), Pablo Pintos no estamento de Técnicos, o Club San Ignacio de Vigo no estamento de Clubs e Lydia Pérez o fará no estamento de Deportistas.
A loitadora ven de colleitar éxitos no Torneo Henri Deglane. Na competición celebrada en Niza, Lydia Pérez quedou entre as dez mellores da súa categoría.