Lydia Pérez despídese do soño dos Xogos Olímpicos desta volta. A loitadora pontevedresa caeu eliminada no Preolímpico de Sofía nos oitavos de final, polo que quedou sen oportunidades de acudir a Toquio 2021. “Hoxe empeza o primeiro día do seguinte ciclo olímpico para min”, declaraba a deportista este sábado no seu Instagram.
A galega non puido coa venezolana Nathali Griman Herrera, que a derrotou cnu 11-0 na primeira ronda no seu combate enmarcado no peso de 62 kg. Lydia Pérez, a número 31 no ránking nacional, non poderá acudir finalmente aos Xogos Olímpicos. Neste clasificatorio só dúas loitadoras obterán o billete a Toquio, polo que era condición imprescindible chegar ata a final.
No seu perfil na rede social Instagram, a loitadora lamentou non ser capaz “de demostrar sobre o tapiz todo o traballo que levo detrás e volvo a casa con moi mal sabor de boca, sen excusas e coa horrible sensación de que puiden ter dado máis. Pero non foi así”.
Agora, Lydia Pérez traballa xa coa vista posta nos Xogos Olímpicos de 2024. Despois de ser eliminada en Sofía, a galega tómase unha xornada de reflexión, un “día de ver onde fallamos, que faltou e que podemos hacer para cambair isto. Este caminonon é fácil, pero tampouco pido que o sexa. Eu elixo confiar no proceso, iso é todo”, remata.
Ver esta publicación en Instagram