A deportista galega Lydia Pérez Touriño, continua a súa preparación en Suecia, donde permanece concentrada do 1 ó 12 de marzo, coa selección feminina daquel país.
Esta preparación está enfocada, de cara ao Campionato de Europa, que terá lugar en Budapest (Hungría), do 28 de marzo ao 4 de abril.
Ver esta publicación en Instagram
Segundo explican desde a Federación Galega de Loita (FEGALOITA), “a boa relación de Pérez Touriño coa selección Sueca, facilita este tipo de actividades de alto interese deportivo, xa que se atopa adestrando cun dos mellores grupos de loita feminina a nivel mundial. Ten como compañeiras de adestramento a medallistas olímpicas, mundiais e europeas, de diferentes grupos de idade”.