Os deportistas galegos Lydia Pérez Touriño e Pablo García García, ambos becados no grupo de rendemento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra, están convocados coa Selección Española absoluta para participar do 26 ó 28 de febreiro, no presitixioso torneo internacional XXIV Monumento a los luchadores y entrenadores ucranianos destacados.
Segundo informa a Federación Galega de Loita, esta actividade forma parte da súa preparación de cara a os torneos clasificatorios para os Xogos Olímpicos de Tokio.
Lydia Pérez, “competirá nunha categoría de peso, sobre a que compite normalmente. Dos 62 kg habituáis, sube a categoría de 65 kg. Esta é unha decisión técnica, para que a deportista Pontevedresa, non teña que baixar a súa categoría ata o primeiro torneo clasificatorio a mediados do mes de marzo”, explican desde a Federación Galega de Loita.
Por outra banda, Pablo García García, competirá en Loita Libre Olímpica, na categoría de peso olímpico de 74 kg, como parte da súa preparación internacional.
Lydia Pérez e Pablo García, forman parte do equipo nacional desprazado a Ucraína con un total de 14 integrantes de la expedición nacional absoluta (tres deportistas en Loita Grecorromana, catro deportistas en Loita Feminina, tres deportistas en Libre Olímpica, tres técnicos e un fisioterapeuta).