O circuíto Games Series Galicia desenvolverase nas pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera da capital lucense o vindeiro domingo, 12 de xullo.
Trátase dunha modalidade deportiva que combina catro quilómetros de carreira con nove estacións de exercicios físicos que se realizan de forma intercalada.
A competición conta en Lugo con 313 deportistas inscritos nas categorías individual ( masculina e feminina ) e por parellas, que tamén poden ser mixtas. O inicio está previsto para as 9,00 horas.
Desta forma, Lugo acolle unha das catro semifinais que se celebran en Galicia, unha por provincia. As primeiras foron en Pontevedra e Monterrei e a seguinte terá lugar o 30 de agosto en Oleiros.
Os clasificados para a gran final xogaranse o título na final da Games Series Galicia, que terá lugar o 27 de setembro na Estrada.
Cambios no Games Series Galicia
Ademais, este ano como novidade no circuíto Games Series Galicia as catro semifinais puntúan en formato liga, proclamando un campión da liga regular e posteriormente o gañador entre os clasificados que competirán na Estrada.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da cita xunto cos organizadores e representantes doutras entidades involucradas.
Ver esta publicación en Instagram





















