- O conxunto masculino do Lugh GAA e o feminino da Estrela Supernova acadaron a vitoria no torneo de base por excelencia do fútbol gaélico europeo de clubs sub-15 coñecido como Fèile.
- A cita disputouse en Maastricht, onde participaron 15 clubs divididos en 8 masculinos e 7 femininos de diferentes países.
- Alexandre Sanmartín, coordinador xeral das Gaélico Escolas PuntoGal destacou que “estamos a levar o nome de Galicia por toda Europa. Sobre todo estamos demostrando que aquí se están a facer proxectos deportivos desde a base e de primeiro nivel”.
Lugh e Estrela Supernova convertéronse en novos campións do campionato Sub-15 de clubs, o torneo por excelencia da base do fútbol gaélico europeo. Este título convérteos en campións de Europa desta modalidade na categoría cadete, coñecido como Fèile.
Na cita, disputada en Maastricht, participaron 15 clubs, 8 masculinos e 7 femininos achegados de diferentes países, segundo informa a Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
O conxunto do Lugh conformouse por integrantes principalmente de Friol, con algún xogador das escolas de Vigo e Boqueixón, mentres que o Estrela Supernova levou dous rapazas de Friol, sendo a maioría do conxunto do Pino.
Ambos clubs demostraron que cando Galicia xunta o seu talento, acada grandes logros. Este triunfo da conta tamén do bo facer realizado nas Gaélico Escolas PuntoGal nestes anos e do futuro que ten esta disciplina en terras galegas.
O coordinador xeral das Gaélico Escolas e adestrador do Lugh, Alexandre Sanmartín, destacou tras o torneo que “estamos a levar o nome de Galicia por toda Europa. Sobre todo estamos demostrando que aquí se están a facer proxectos deportivos desde a base e de primeiro nivel”.
Este campionato europeo disputouse en dous grupos, un masculino e un feminino. En categoría masculina estivo conformada por 2 grupos de 4 equipos, onde os 2 primeiros avanzaron a semifinais. Na categoría feminina o formato foi a grupo único de 7 equipos no que cada equipo xogaba contra 3.
Os resultados do Estrela Supernova foron os seguintes:
- VS Agen : 14-8
- VS Agen B: 11-03
- VS Luxembourg: 00 – 12
- VS Agen A (semifinal): 15-08
- VS Frankfurt Setanta (final): 14-06
Os resultados do Lugh foron os seguintes:
- VS Agen B: 6-2
- VS Brussels: 10-05
- VS Setanta Berlin: 21-12
- VS Agen A (semifinal): 27-04
- VS Luxembourg (final): 11-7
Sanmartín: “As Gaélico Escolas mostran que cando se traballa ben desde a base, con formación e valores, os resultados chegan”
Alexandre Sanmartín, coordinador xeral das Gaélico Escolas PuntoGal amosaba a súa ledicia logo deste grande éxito. “O proxecto de Gaélico Escolas é unha mostra que cando se traballa ben desde a base, con formación e valores, os resultados chegan. Este dobre triunfo é unha mostra diso, así como a confirmación de que o modelo implantando funciona e que da resultados”.
“Ademais me gustaría destacar a vitoria do Estrela Supernova que demostra a importancia da igualdade e de ir creando referentes femininos. Somos un proxecto que traballa con perspectiva de xénero e onde se valora a todo o mundo por igual. Por todo iso, traballos pola consolidación do fútbol gaélico feminino, onde estamos creando referentes para o futuro”, recalcou.
Alexandre Sanmartín, coordinador xeral das Gaélico Escolas PuntoGal: “Somos un proxecto que traballa con perspectiva de xénero”
Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) faise un especial agradecemento ás familias e centros escolares dos deportistas participantes a súa boa disposición para que puidesen participar. Así como ao patrocinio de PuntoGal e ás Gaélico Escolas, un dos piares da base do gaélico galego nos últimos anos. Tamén cómpre citar a Contravento que é outro dos patrocinadores.
Que é a AGFG?
A Asociación Galega de Fútbol Gaelico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal garántelle de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).
Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).
PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.





















