• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

Lucía Nespereira: “Se es nena, para facer algo diferente tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes”

A xogadora de fútbol sala deixou de competir durante tres tempadas para coidar dos seus xemelgos, pero voltou, entre outras cousas, para que o seus fillos a visen xogar

Caro Regueira por Caro Regueira
05/04/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Lucía Nespereira: "Se es nena, para facer algo diferente tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes"

Lucía Nespereira cos seus xemelgos.

65
COMPARTIDOS
638
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Lucía Nespereira é unha veterana do fútbol sala galego e nacional. Competiu incluso coa Selección Española e actualmente xoga como futbolista amateur no Cidade de As Burgas. Cando naceron o seus pequenos, xemelgos, e estando no máis alto da súa carreira deportiva, decidiu facer un parón e dedicarse á súa familia.

As Nosas: Teño entendido que ti te retiraches dous anos para coidar dos teus fillos.

Lucía Nespereira: Si, tres temporadas.

A.N.: Por que tomaches esta decisión de pausar a túa carreira deportiva?

Lucía Nespereira: Non foi tanto pola maternidade en sí, porque en realidade a que estivo embarazada foi a miña parella, foi máis pola situación da nosa familia: eran dous nenos xuntos, moi movidos e a min coincidíume co máximo esplendor da miña carreira profesional porque era cando ía coa selección. Entón, entre a Selección, o equipo en Primeira, os adestramentos e tal, houbo un momento no que, en realidade, satureime e algo tiña que deixar, obviamente foi o fútbol sala que non me daba nin de comer nin era a miña familia.

“Houbo un momento no que, en realidade, satureime e algo tiña que deixar, obviamente foi o fútbol sala que non me daba nin de comer nin era a miña familia”

A.N.:  Entón supoño que che custaría moitísimo porque se é a túa paixón…

Lucía Nespereira: Non. Sabes o problema? Que xusto consegues chegar ao máximo, que te chame o seleccionador, estás indo a todas as convocatorias, xogas un mundial, vas a Rusia e atopeime en Rusia cos nenos con tres meses e eu en Rusia dicía: pero que fago aquí? Se quero estar na miña casa cos meus fillos. Aí dinme conta que se, antes de nacer os nenos o fútbol sala era todo, compaxinando con estudios, traballo e tal, era o máis importante, pero desde que nacen os nenos iso xa non existe. Eles pasan a ser o centro.

Nespereira: “Entrei ao vestiario e dixen as compañeiras que ía parar”

A.N.:  Entendo que a túa familia encantada, pero a contorna deportiva como o tomou, porque tivo que ser un shock.

Lucía Nespereira: Pois a Manolo (Codeso) que xa naquel momento estaba no Cidade, custoulle. De feito, tiven que entrar eu ao vestiario e dicirlle ás chicas que eu ía parar que ao ano seguinte non ía xogar, que xa llo comentara a Manolo, pero que non o estaba levando ben. E díxenllo eu. O que pensaba que ía ser un ano pois ao final foron tres.

A.N.:  O tempo pasa rápido e supoño que foi ata que os nenos foron ao colexio.

Lucía Nespereira: Claro, ata que empezaron a ter actividades, a ter un pouco de razoamento. Podo ir a adestrar con eles, veñen aos adestramentos e están mirando como xoga a súa mamá. Aparte, eu sempre dicía que ía xogar para que os nenos se lembrasen de min xogando e como o deixei sendo eles bebés, tiña que volver.

“Eu sempre dicía que ía xogar para que os nenos se lembrasen de min xogando e como o deixei sendo eles bebés, tiña que volver”

A.N.:  As compañeiras que tal? Elas supoño que xa entendían a decisión doutra maneira.

Lucía Nespereira: Si, de feito superei o ano ese, porque o último ano que xoguei eles eran bebés-bebés, grazas a elas. O primeiro Día da Nai colleume en Rusia, o segundo vivino xogando co Cidade en Alicante e foi un suplicio para min. Superei ese ano porque para min o cidade das Burgas era unha familia e as nenas axudáronme moitísimo, pero fíxoseme horrible.

A.N.: Entón tomaches a mellor decisión.

Lucía Nespereira: Si, había que parar, desatorar a cabeza, atender ao que eu quería atender, que era a miña familia e cando eu estivera preparada, pois volver.

A.N.: Entón ti tiñas claro que era unha pausa temporal, que querías volver.

Lucía Nespereira:  Eu si, tíñao claro, o que me pasou no medio foi que non o botaba de menos, pero é que claro non tiña tempo de botalo de menos! A xente dicíame: botarás de menos o fútbol sala e eu, nada! Pero claro que tempo ía ter de botar de menos.

A.N.: Claro, ao ser dous é moi diferente a situación.

Non sei a que se dedica a túa parella, pero tivestes que pospoñer a decisión de ser nais precisamente por temas deportivos.

Lucía Nespereira: Claro. Nós tivemos aos nenos polo método Roca, iso quere dicir que nos involucramos as dúas. Os óvulos son meus, pero a idea que nós sempre tivemos foi que fora ela a que se quedara embarazada porque ao ser funcionaria tiña máis posibilidades. Eu son administrativa e teño unha empresa, pero naquel momento traballaba noutra e por iso e co fútbol sala….

A.N.: Decidistes que a xestación a fixera ela.

Lucía Nespereira: Si. De feito, eu tiven que esperar para medicarme ao verán. Por iso o fumos pospoñendo e pospoñendo.

Lucía Nespereira: "Se es nena, para facer algo diferente tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes"
Lucía Nespereira cos seus xemelgos.

A.N.: Entón aínda que non xestases, si que che afectou fisicamente.

Lucía Nespereira: Si, daquela ademais xogaba eu en Burela e ganáramos Liga e Copa, entón estábamos en plena temporada cando eu me tiña que medicar e pospuxémolo. Ao final o dedicarme ao fútbol sala, aínda que fora un hobby, influíume para todo na vida sempre.

A.N.: A nivel institucional, habería algunha forma de favorecer á maternidade no deporte?

Lucía Nespereira: Pois no seu momento saíu unha axuda do Consejo Superior de Deportes e eu saíra en El País por este tema.

Había que cumprir uns requisitos, ser deportista de alto nivel, ter ficha en activo e tiña que ter sido mamá no 2014. O problema cal foi? Que o Consejo Superior de Deportes lle daba o diñeiro á Federación Galega de Fútbol e eles a min, pero neste caso a federación non cumpría dous requisitos que lles esixían e eu quedaba sen axuda. Saíu na prensa, a asociación de xogadoras de fútbol sala protestara e ao final conseguímolo.

A.N.: Vale, esa axuda é a nivel estatal, non sei se a nivel máis local botas en falta algo. Que falla?

Lucía Nespereira: O que falla no fútbol sala é a falta de profesionalización. Pero se aínda están empezando as chicas do fútbol, o noso camiño é aínda máis longo. Ao faltar profesionalización, todo o amateur pásalle igual. Se ti non es profesional non vas ter ningunha axuda de ningún tipo porque ti non existes. É lóxico, é así. Creo que a Deputación dá axudas pero por logros, por maternidade non coñezo nada.

A.N.: E en comparación cos homes, obvio que a nivel físico eles non pasan polo proceso dun embarazo, pero ti tampouco. Ves diferenzas?

Lucía Nespereira: E que creo que o que cambia é a actitude. Non nos comportamos igual. Eu, ao non xestalos, fun igual que sería un pai, pero eu non son capaz de estar en Alicante e non sufrir. Pero creo que é educacional. Eles están educados en que están elas, a ter un familia e ti tranquilo, fai o que teñas que facer. Nós vemos así educadas e temos esa, chámalle “tara”, no bo sentido, e a min non me sae desfrutar en Alicante e os meus fillos chorando en Ourense. Non sei se me explico.

Creo que é educacional, os homes están educados en que están elas, a ter un familia e ti tranquilo, fai o que teñas que facer.

A.N.: Algunha proposta para que isto mellore?

Lucía Nespereira: Para min a base é esa, como educamos desde a base. Eu dou charlas nos colexios e paréceme tan fundamental que se eduque en principios de igualdade porque a cousa está moi mal eh?

A.N.: Si? Aínda ves grandes diferenzas no alumnado cando vas aos coles?

Lucía Nespereira: Un montón e cada vez creo que se acrecenta máis. Si porque eu teño dous nenos e sei como estou educando aos meus fillos, pero un deles tiña o pelo largo e agora quere cortar o pelo porque un papá doutro neno díxolle que parecía unha nena.

A.N.: Como estamos aínda!

Lucía Nespereira: No 2020! Por moito que eu fale con eles, hai tantas cousas que os rodean…

“Se ti es nena, xa podes ter un carácter forte porque van intentar machacarte por todos os lados, vas ter que saír a flote”

A.N.: Ou sexa que as novas xeracións de nenas aínda o teñen difícil.

Lucía Nespereira: Si, eu dixen que se ti naces neno e te queres dedicar a algo singular, podes ter o carácter que che dea a gana, que o vas poder facer. Se ti es bo en bioloxía, podes ser biólogo, se ti es bo en matemáticas, matemático. Pero se ti es nena, xa podes ter un carácter forte porque van intentar machacarte por todos os lados, vas ter que saír a flote. Para facer algo diferente, tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes e os nenos téñeno máis fácil.

 


A difícil decisión de ser nai cando eres deportista
Maternidade e deporte

A difícil decisión de ser nai cando eres deportista

É posible ser nai e seguir competindo?

Existe a conciliación no deporte?

As Nosas aproxímase ao mundo da maternidade a través de tres grandes mulleres do deporte galego.


Rebeca Kruse
Rebeca Kruse cunha filla

Rebeca Kruse: “Miñas fillas ven que a súa nai loita por facer algo que lle fai feliz”

A xogadora de voleibol do Aceites Abril está a piques de dar a luz á súa terceira filla e quere volver competir este verán.

 


Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”_2
Helen Roca co seu bebé

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai” 

A ex-xogadora de rugby conta para As Nosas a súa experiencia só 12 días depois de dar a luz e admite que “xera tristeza apartarte do deporte no que levas toda a vida”

 

Etiquetas Cidade as Burgasentrevistafillosfútbol salafutsalIgualdadeLucía Nespereiramaternidade
Comparte61Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.