- A Lindenwood University fixo pública a fichaxe de Lucía del Campo, xogadora de Kaleido Vigo Rugby Club.
Os soños cúmprense e Lucía del Campo é un claro exemplo diso. Desde moi pequena sempre “soñou” que quería ser médico e xogar rugby de alto nivel. Hai varias semanas esta deportistas galega asinaba o seu contrato coa Lindenwood University no estado de Missouri que hoxe se fai público para estudar medicina á vez que desenvolve a súa carreira deportiva no seu equipo feminino de Rugby, Lindenwood Women ‘s Rugby Lions.
Tivo ofertas e tanteos de varias universidades, pero a de Lindenwood University impúxose entre todas as demais. A bolsa que lle ofreceron é sinxelamente impresionante e irrechazable e o seu programa de Rugby é do mellor do país.
A liga americana universitaria de Rugby feminino ( NCAA) é unha das mellores do mundo, e LU Women’ s Rugby xoga a División 1 Elite é actualmente o equipo número 1 na clasificación USA, e a súa Coach Mr. Billy Nicholas é unha auténtica lenda.
Esta magnífica noticia para a xogadora galega coincide coa celebración do 30 aniversario do equipo Feminino de Vigo do que Lucia del Campo formou parte desde os 7 anos. Sen dúbida esta xogadora de rugby é un exemplo de esforzo e constancia para o club da cidade olívica.
Non só loitou e defendeuno dentro e fóra de Galicia senón que tamén forma parte da Selección Galega desde os 11 anos e actualmente da Selección Española M18 de Rugby 7 sendo convocada ata o de agora tamén dúas veces pola selección senior, todo iso á vez que mantivo sempre un excelente nivel académico. “Non é só un exemplo para as mozas que xogan ao rugby, é un exemplo para todos os que soñan e loitan por conseguir os seus obxectivos”, apuntan desde a entidade viguesa ao respecto da xogadora.
Currículo deportivo de Lucía del Campo
Lucía del Campo practica as tres modalidades actuais de rugby, Rugby XV, Rugby 7 (modalidade olímpica) e Rugby praia (Rugby a 5). É Xogadora do Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club desde a tempada 2011-12 onde actualmente xoga en Categoría mixta M18 de cuxo equipo ademais é capitá que compaxina cando non coincide o calendario cos partidos do equipo senior feminino.
Desde o ano 2016 foi convocada ininterrompidamente pola Selección Galega de Rugby XV e Rugby 7 tanto mixtas (en categorías M14 e M16) como femininas desde M16, competindo actualmente en categoría senior tanto de Rugby XV como Rugby 7.
Forma parte da Selección Española feminina M18 de Rugby 7, sendo convocada tamén en 2 ocasións ata a data coa Selección Española feminina en categoría senior de Rugby 7.
Entre outros trofeos os equipos nos que Lucía participaron conseguiron os seguintes campionatos:
- 1 2º Posto con Galicia no Campionato de España feminino de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 en 2021
- 3 Campionatos Liga Galega de Rugby XV mixta en categoría M14
- 4 Campionatos Liga Galega de Rugby XV mixta en categoría M16
- 2 Campionatos Liga Galega de Rugby XV mixta en categoría M18 1 Campionato Liga Galega de Rugby 7 mixta en categoría M14 1 Campionato Liga Galega de Rugby
- 7 mixta en categoría M16 1 Campionato Torneo Internacional Domino’ s Pizza de Rugby 7 feminino en categoría M16 coa Selección Galega
- 1 Campionato Series Española de Rugby Praia 2021 co equipo H2 SBC (no que se xoga por invitación) Participacións
- 1 Participación en Campionato de España de Clubs de Rugby (mixto) M16
- 9 Participacións en Campionatos de España de Seleccións Autonómicas con Galicia
- 2 Rugby XV mixto en categoría M14
- 2 Rugby XV mixto en categoría M16
- 3 Rugby 7 feminino en categoría M16
- 1 Rugby XV feminino en categoría senior
- 1 Rugby 7 feminino en categoría senior
Ademais, no ano 2021 foi nomeada na Gala do Deporte de Vigo como mellor deportista promesa da década na categoría de Rugby.