Pescados Rubén Burela e Iván Cao Valle Lucas chegaron a un acordo para que este non siga no banco laranxa. Lucas, “tras unha etapa chea de éxitos e cun rendemento altísimo, conquistando títulos e sen perder apenas partidos, vai deixar de adestrar ás xogadoras neste último tramo da competición”, segundo informan desde o club da Mariña.
O nome que soa como relevo no banco laranxa é o do técnico Julio Delgado. Xustamente el e Lucas conformaron unha parella de éxito no corpo técnico do Burela. Delgado como primeiro adestrador e Iván Cao como segundo. Na pasada tempada Julio Delgado deixou o club lucense e Lucas quedou á fronte do banco en solitario. Agora podería ter lugar un relevo entre os dous na recta final do curso 2021-22.
🟠COMUNICADO OFICIAL:
El @burelafs llega a un acuerdo con Iván Cao, “Lucas” para dejar el banquillo de las #Guerreiras.
El agotamiento de una etapa ha motivado esta decisión, pero “Lucas” siempre ha sido y será parte de nuestra #familialaranxa.
¡Gracias por todo 🧡! #futsal pic.twitter.com/t9HDvB6Loq
— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) April 12, 2022
Ao tempo que comunica a marcha do técnico Iván Cao, o Pescados Rubén Burela manifesta que a súa “foi unha época con moito traballo e sacrificio, que hoxe acaba froito do esgotamento e cansazo acumulado tras todos estes esixentes partidos e competicións”.
“Lucas gañouse a pulso o respecto e aprecio incondicional de todo o club en todos os seus organismos, incluíndo directiva, corpo técnico, persoal, afección, e un longo, etc.”, din desde a entidade.
Desde o Pescados Rubén Burela, agradécenlle “toda a súa implicación dende o inicio, amosando a diario o seu compromiso e ganas de que este Club sexa coñecido en todo o mundo polos seus insuperables éxitos”.
Os retos que deixa Lucas
O Pescados Rubén Burela ten ante si grandes retos nesta recta final de tempada. As Guerreiras Laranxas van afrontar as últimas xornadas de competición dando a súa mellor versión, quedando oito xornadas de Liga, a fase da copa da Raíña, e o máis que probable play-off polo título de liga na Primeira División do FSF da RFEF.