Lúa Arufe, unha das nosas, está citada coa Selección Española Sub-15 feminina. A futbolista é xogadora do Victoria FC e da Selección Galega e vén de ser convocada pola seleccionadora estatal Laura del Río para afrontar o seu seguinte compromiso marcado no calendario: o Torneo Desarrollo da UEFA, segundo informa a RFEF.
Ver esta publicación en Instagram
España enfrontarase, en terras lusas, ás seleccións de Bélxica, Finlandia e Portugal. O equipo dirixido por Laura del Río, contará coa futbolista galega Lúa Arufe na convocatoria por primeira vez. España iniciará a súa concentración o vindeiro luns 21 de novembro. O bloque de futbolistas, entre as que estará Lúa Arufe vaise aloxar na Cidade do Fútbol de Las Rozas. Posteriormente, o mércores 23, desprazaranse ata Portugal para afrontar o Torneo Desarrollo da UEFA.
A continuación podes consultar o calendario dos enfrontamentos:
| Día | Hora | Partido | Estadio |
| 25-11-2022 | 16:00 | Bélgica – España | Estadio Municipal de Lagos |
| 27-11-2022 | 16:00 | España – Finlandia | Estadio da Bela Vista |
| 30-11-2022 | 12:30 | Portugal – España | Estadio da Bela Vista |
Lúa Arufe é subcampioa de España coa Selección Galega
A futbolista Lúa Arufe é unha das xogadoras máis importantes do fútbol feminino en Galicia. No Victoria FC xa sabe o que é acumular minutos na Primeira Nacional pese á súa idade e coa Selección Galega proclamouse a pasada campaña subcampioa de España tras caer na gran final ante Andalucía en Cartaxena, tal e como lembran desde a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF)

| Club | Xogadora |
|---|---|
| FC BARCELONA | Carlota Martins Ortega Elia Garrigós Pagés Noa Jiménez Olivares Lara Suárez Pérez Kautar Azraf Laia Guerrero Rodríguez |
| RCD ESPANYOL DE BARCELONA | Nerea Sandoval Hernández |
| MADRID CFF | Claudia Indias Álvarez |
| MÁLAGA CF | Yessenia Alcaide Martín |
| LEVANTE UD | Ana Álvarez Llopis |
| OLÍMPICO DE LEÓN | Alba Fuertes Pardo |
| CDE RACING FÉMINAS | Paula García Hontañón |
| REAL MADRID CF | Silvia Cristóbal Fernández Irune Dorado Alosete |
| REAL SOCIEDAD DE FÚTBOL | Aiara Agirrezabala Azkue |
| SEVILLA FC | María Carvajal Maestre Rosalía Domínguez Navarro |
| REAL SPORTING DE GIJÓN | Sara Barreda García |
| VICTORIA FC | Lua Arufe Calo |
| ZARAGOZA CFF | Luna González Figols |




















