• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

A futbolista galega debutou onte na Champions League fronte ao París FC

Sara González por Sara González
18/12/2025
en Fútbol, Máis fútbol
A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

267
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun encontro no que o conxunto azulgrana pechou o pase aos cuartos de final. Lúa Arufe entrou no último tramo do segundo tempo para substituír á extremo norueguesa Caroline Graham Hansen.

É máis que probable que o nome de Lúa Arufe quedase gravado na mente de todos aqueles que tiveron a oportunidade de vela xogar nas categorías inferiores durante a súa curta pero brillante carreira futbolística.

A atacante galega colleita éxitos na Selección Galega, na Selección Española e agora proxéctase como estrela emerxente no que é considerado por moitos o mellor equipo do mundo: o FC Barcelona.

Lúa Arufe coa Selección Galega / RFGF
Lúa Arufe coa Selección Galega / RFGF

Nacida en Porto do Son no ano 2008, a relación de Lúa Arufe co deporte é unha auténtica historia de amor, xurdida practicamente dende o berce.

Aínda que comezou xogando ao fútbol, durante un tempo probou sorte no atletismo, disciplina na que tampouco pasou desapercibida e na que chegou a conseguir algunhas medallas.

Durante un tempo, a atacante sonense conseguiu compaxinar ambas as dúas carreiras, pero chegou o momento de elixir e tivo claro que o seu camiño estaba no fútbol. Non se equivocaba. A súa presenza facíase notar sobre o verde dende as categorías base e a súa incidencia no xogo levouna agora a dar pasos firmes cara á elite, baixo a influencia do primeiro equipo do FC Barcelona Femení.

Talento galego no FC Barcelona

Lúa Arufe chegou ao club catalán no ano 2024, procedente do Victoria FC de Santiago de Compostela. Debido a que aínda non cumprira os 16 anos, o FC Barcelona tivo que tramitar a súa ficha no equipo C, aínda que a futbolista galega formaba parte da dinámica do equipo filial do cadro barcelonista.

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / FC BARCELONA WEB
A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / FC BARCELONA WEB

Para Lúa Arufe, recoñecida seguidora culé, unirse aunha das canteiras máis respectadas do mundo e ter a oportunidade de consolidarse como unha futbolista de referencia, supuxo cumprir un soño, inspirándose día a día nas mellores xogadoras da elite. A atacante sonense asinou un contrato por tres tempadas co FC Barcelona.

Lúa Arufe conta cun contrato con Nike

A fichaxe polo FC Barcelona veu acompañada dun contrato de patrocinio coa marca deportiva Nike, un xesto que sitúa a Lúa Arufe no selecto grupo de deportistas respaldadas por unha das firmas de maior prestixio do mundo do fútbol, que viste a xogadoras de referencia como Alexia Putellas, Naomi Girma ou Patri Guijarro.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por Lúa Arufe (@luaarufe)

Salto ao primer equipo

Nunha situación delicada, cunha plantilla curta e baixas que pesan, o conxunto culé recorre ao talento emerxente que se forxa na Masía, dando así a xogadoras coma Lúa Arufe a oportunidade de escribir a súa propia historia dentro do club.

O pasado sábado, a galega foi convocada co primeiro equipo para o partido fronte ao Levante Badalona, que o Barça venceu por 1-5. A atacante galega aínda non desfrutou de minutos en Liga F, pero formar parte da lista de convocadas supuxo un gran paso na súa carreira.

Chamada á elite europea

O pasado martes, Lúa Arufe foi chamada por Pere Romeu, adestrador do cadro catalán, para formar parte do primeiro equipo culé e viaxar a París, onde o FC Barcelona se enfrontou ao París FC, vendendo 0-2 e asegurando o liderado da competición e o pase directo aos cuartos de final da Champions League.

Tratábase dunha cita clave da tempada que Lúa Arufe puido vivir finalmente dende o verde. Con só 17 anos, a galega asinou o seu debut europeo ao substituír nada menos que á ídola culé Caroline Graham Hansen, considerada unha das mellores extremos do panorama actual. Arufe estreouse así nun escenario de máximo nivel, un primeiro paso que todo indica será o inicio dunha carreira destinada a grandes éxitos.

Figura das seleccións galega e española

Lúa Arufe resplandeceu con luz propia na Selección Galega e no combinado estatal, deixando clara a súa pegada dende as categorías inferiores.

As futbolistas galegas Sara Couso, Lúa Arufe Lucía Rivas e Elena Vázquez, convocadas coa Selección Española Sub-16 e Sub17 respectivamente / FUTGAL
As futbolistas galegas Sara Couso, Lúa Arufe Lucía Rivas e Elena Vázquez, convocadas coa Selección Española Sub16 e Sub17 respectivamente / FUTGAL

Foi subcampioa de España co conxunto galego Sub15, e o seu don innato púidose apreciar tamén na Selección Española, onde cada en partido disputado amosaba o seu potencial.

Coroouse como campioa de Europa Sub17 tras vencer con claridade a Inglaterra por 0-4 en Suecia, unha demostración dos prodixios que asoman entre as novas xeracións.

Ademais, Lúa foi unha peza clave no Mundial Sub17 celebrado este mesmo ano en Marrocos, onde compartiu vestiario con outra galega, a gardameta deportivista Antía Veiga.

Alí caeron en oitavos, na tanda de penaltis fronte a Francia, pero Galicia estivo presente durante todo o torneo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por Lúa Arufe (@luaarufe)

Etiquetas FC Barcelona FemenífútbolLúa Arufe
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.