O Lóstrego CF levantou o trofeo de campión da Liga Galega Alevín Feminina na fase final que se disputou esta mañá no Campo Municipal O Viso de Arzúa.
O equipo de Gondomar superou primeiro ao Victoria da Coruña nas semifinais e na gran final impúxose por 3-0 ao SCD Pastoriza que foi subcampión da Liga Galega Alevín feminina. O equipo de Arteixo chegou á final logo de derrotar ao Arcadia pero tivo que chegar á quenda de penaltis para facelo.
Ver esta publicación en Instagram
- FICHA DO PARTIDO LSTREGO VS VICTORIA
- FICHA DO PARTIDO PASTORIZA VS ARCADIA
- FICHA FINAL ENTRE LÓSTREGO E PASTORIZA
A directiva da Real Federación Galega de Fútbol, Silvia Cancela, e o presidente do CSD Arzúa, Víctor Gómez, entregaron as medallas aos dous equipos finalistas e o trofeo de campión ao Lstrego CF.
Desde a RFGF agradeceron a colaboración do CSD Arzúa na organización desta fase final da liga galega alevín de fútbol que se disputou no Municipal O Viso de Arzúa.
— Lóstrego CF (@LostregoCF) May 31, 2025





















