Desde mañá, 26 de novembro, e ata o domingo 28, a Selección Galega de karate acudirá ao Campionato de España Cadete, Júnior e sub21, cun equipo técnico no que estará a karateka Ruth Lorenzo.
Así mesmo, a galega Carla Rodríguez estará na competición como árbitra, xunto a José Ignacio Muñoz, Diego González, David González e José Enrique Blanco. Todos eles participarán ademais no Curso Nacional de Arbitraxe.
Lorenzo estará acompañada por Adrián Yáñez, Alejandro Felpeto, Carlos Ramón Vázquez, Gustavo Vázquez e Carmelo Teijeiro como parte do grupo técnico. Como participantes da Selección Galega, acudirán á cita ata 23 karatekas de clubs como o Bunkai, a Escola Deportiva Shihan, San Franciso Teo, Karate-do Carballo, Escola de Karate de Franza, o River Stone, o ESK Narón e o Rebunkan.