• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Lorena Pérez: “Este equipo ilusiona e traballa moi duro, dá gusto formar parte del”

A extremo esquerdo do Guardés di que quere “celebrar algún título” con este grupo. Sobre a Challenge Cup apunta que “Estar nunhas semifinais é o noso soño e non imos deixalo escapar sen pelexar”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/03/2020
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Lorena Pérez / MECALIA ATL. GUARDÉS

Lorena Pérez / ATL. GUARDÉS

277
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Non hai dúas sen tres, e a terceira capitá do Mecalia Atlético Guardés tamén queda no equipo e será parte do bloque de xogadoras que adestrará José I. Prades. Ela tamén confía en que o seguinte partido da Challenge Cup será distinto “non vai ser igual ao de ida nin de lonxe, teremos que traballar o dobre e estar moi concentradas. Creo que levamos demostrado que podemos con todo e que nos deixamos a pel en cada partido e o domingo non vai ser menos. Estar nunhas semifinais é o noso soño e non imos deixalo escapar sen pelexar”.

– Chegaches en 2018 e aos poucos gañáchesche o recoñecemento de compañeiras e afección. Que che convenceu para seguir un ano máis na Guarda?

LORENA PÉREZ: Gústame moito o proxecto e este ano está a ser un gran ano, tanto a nivel persoal como deportivo. Este equipo ilusiona e traballa moi duro, dá gusto formar parte del. Ademais persoalmente atópome moi a gusto na Guarda e apetecíame moito seguir aquí.

– Pasaches de ter que compartir posto con Naiara Egozkue a ter que asumir máis responsabilidade sendo a extremo titular coa baixa de Laura Morais. O teu traballo e esforzo non está a pasar desapercibido para ninguén. Pero, que tal che atopas ti?

LORENA PÉREZ:  Atópome nun momento de forma moi bo, creo que é froito do traballo e da confianza que recibo por parte das miñas compañeiras, corpo técnico, directiva e afección. Sinto moi querida e iso fai que poña moitas ganas e estea motivada para facelo o mellor posible. Creo que aínda me queda moito máis por dar e que seguindo nesta liña as cousas van ir moito mellor. Non me poño límites e iso gústame porque cada día é unha nova oportunidade e teño moitas ganas de devolver a confianza que se deposita en min.

Lorena Pérez: ” Sinto moi querida e iso fai que poña moitas ganas e estea motivada para facelo o mellor posible. Creo que aínda me queda moito máis por dar e que seguindo nesta liña as cousas van ir moito mellor”

Lorena Pérez: “É fundamenta que sigan xogadoras como Afri ou Marisol”

– Prades, Sempere, Carratú e ti. Primeiros alicerces para a próxima tempada.

LORENA PÉREZ:  Creo que é fundamental que xogadoras tan importantes con Afri ou Marisol sigan connosco e sobre todo que queiran e confíen no proxecto que se está facendo. Son xogadoras moi importantes en pista, pero sobre todo a nivel vestiario. Achegan moitísimo e para min son imprescindibles.

– O verán pasado o equipo tivo unha renovación moi profunda. Esperabas que o grupo estivese a responder así?

LORENA PÉREZ: O grupo non deixa de sorprenderme, o traballo e esforzo que se realiza día a día é incrible. Non me esperaba este rendemento pero basicamente porque non é fácil chegar novo e adaptarse tan rápido a un grupo e a un estilo de xogo. Creo que todas nos adaptamos moi rápido e o nivel de compromiso e sacrificio é brutal. Este equipo convida a soñar e a soñar moi alto.

Lorena Pérez: “Este equipo convida a soñar e a soñar moi alto”

– Pelexando pola segunda praza da Liga Guerreras, de volta nunha fase final da Copa da Raíña e en cuartos da Challenge Cup… Se tiveses que pedir un desexo para o que resta de curso, cal sería?

LORENA PÉREZ:  O meu desexo é gañar algo con este grupo, a nivel equipo creo que nos merecemos unha recompensa por todo o traballo e esforzo que día a día realizamos. Despois por todo o apoio que temos, desde directiva e sobre todo afección. É moi gratificante sentirse tan queridas e apoiadas, creo que é unha boa recompensa que todos xuntos podamos celebrar algún título.

– Ves posible a remontada o vindeiro domingo?

LORENA PÉREZ:  Vexo posible a remontada. Creo firmemente que o partido non vai ser igual ao de ida nin de lonxe, teremos que traballar o dobre e estar moi concentradas, pero creo que levamos demostrado que podemos con todo e que nos deixamos a pel en cada partido e o domingo non vai ser menos. Estar nunhas semifinais é o noso soño e non imos deixalo escapar sen pelexar.

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánLorena PérezMecalia Atlético Guardés
Comparte22Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
04/06/2026
0

Segundo informou o Club Balonmán Atlético Guardés Jesús López dimite como presidente do club miñoto. Esta decisión chega, en palabras...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Parido de ida das semifinais da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Super Amara Bera Bera / BM PORRIÑO

O Bera Bera dá o primeiro golpe nas semifinais da Liga Guerreras ante o BM Porriño (28-32)

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

Nas semifinais do play off polo título da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán o Conservas Orbe Zendal BM Porriño non...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.