Lorena Patiño afronta esta fin de semana a súa segunda cita coa Selección Española Sub-23. Será en Romanía mañá, sábado 30 de maio.
A corredora do equipo Misser Project, Lorena Patiño, é unha das dúas convocadas na súa categoría para defender as cores da Selección Española na UCI Mountain Bike Continental Series – Triada Mtb Cheile Grădiștei en Romanía.
A Selección Española de XCO volve á competición esta semana tras a participación dos júnior na Copa do Mundo de Nove Mesto (República Checa). O sábado 30 de maio catro bikers representarán o equipo nacional na UCI Mountain Bike Continental Series – Triada Mtb Cheile Grădiștei (Romanía). As elite Estíbaliz Sagardoy e Nuria Bosch e as Sub-23 Marta Cano e a galega Patiño competirán na proba romanesa.
O principal obxectivo do combinado estatal é sumar puntos de cara ao proceso clasificatoria olímpico, segundo informa a RFEC.
Ver esta publicación en Instagram
Lorena Patiño debutou con España en Nove Mesto
A marinense do equipo Misser Project, Patiño, estreouse nunha Copa do Mundo Sub-23 finalizando 47ª posición. A proba debut da ciclista galega tivo lugar en Nove Mesto, na República Checa.
Ver esta publicación en Instagram





















