• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Lorena Patiño, campioa de España Escolar cadete de XCO

Galicia consegue dúas pratas por equipos nesta competición estatal

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/07/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
Lorena Patiño integrante da Selección de Galicia no Campionato de España de Escolar de XCO / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Seleccións de Galicia no Campionato de España de Escolar de XCO / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

174
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A ciclista pontevedresa Lorena Patiño venceu con autoridade no circuíto de Valladolid, onde os dous conxuntos cadetes da Selección de Galicia remataron segundos.

A xeración de ouro cadete do ciclismo galego sumou un segundo título no Campionato de España de Escolares celebrado en Valladolid.

Dous días despois de que María Filgueiras conquistara a proba de contra o reloxo individual en estrada, a pontevedresa Lorena Patiño impúxose con autoridade na proba de Cross Country Olímpico (XCO) e ademais recolleu xunto as súas compañeiras da Selección de Galicia a medalla de prata por equipos, mesmo premio que obtivo o conxunto masculino.

Co arranque do mes de xullo, entre o venres e o sábado, 34 ciclistas infantís e cadetes defenderon as cores da Selección de Galicia en terras pucelanas. As competición de Cross Country Olímpico (XCO) disputáronse no circuíto do Cerro de las Contiendas, onde Lorena Patiño partía como unha das favorias tras o seu triunfo o mes pasado na Copa de España de Baza. A biker de Pontevedra Lorena Patiño marcou un forte ritmo dende o inicio que intentaron seguir a catalana Kyra Gali e a balear Neus Capella, pero as diferenzas foron ampliándose a medida que pasaban as voltas, segundo informa a Federación Galega de Ciclismo. 

Sen oposición, a ciclista galega Lorena Patiño chegou á meta en solitario cun tempo de 55:24, con 2:18 de vantaxe sobre Kyra Gali e 2:41 respecto á tamén catalá Mariona Ratera. “Non mo esperaba, estou moi contenta e ilusionada. Mantívenme terceira ata a subida do rock garden e aí xa me fun. Había rivais moi duras, a segunda clasificada era de segundo ano”, comentou a corredora do Club Ciclista Compostelano, que participou por primeira vez como cadete no Campionato de España de Escolares.

Dobre prata por equipos para a Selección de Galicia

Outras dúas ciclistas representantes de Galicia remataron esta competición entre as dez primeiras clasificadas. Aroa Otero logrou a sexta praza e Marta Estévez, a novena. Estos resultados que xunto ao xa citado de Patiño outorgaron ao cuarteto da Selección de Galicia, que completou Iris Fernández (25ª), a segunda posición na clasificación por equipos deste Campionato de España Escolar cadete, quedando a so catro puntos da vencedora Catalunya. O podio completouno Andalucía.

O mesmo resultado colectivo asinou o conxunto cadete masculino. O combinado dirixido polo seleccionador Alberto del Río obtivo a segunda praza, a sete puntos de Catalunya, e superando por 20 puntos a Euskadi. A nivel individual, Alejandro García cruzou a meta na sexta posición e ás portas do top-10 concluíron Tomás Pombo, undécimo, e Mauro Vega, décimo terceiro. Denis González, o cuarto compoñente da Selección na liña de chegada, terminou 28º.

Nesta xornada o Cerro de las Contiendas tamén acolleu as carreiras infantís. Na masculina, Galicia acadou o que se coñece como unha medalla de chocolate con Martín Rodríguez, cuarto clasificado a 30″ do bronce. Ao cuarteto da Federación Ciclismo Galego correspondeulle o sétimo posto, con Xián Rodríguez 20º, Lucas Lozano 39º e Marcos Rodríguez 41º.

Unha posición máis arriba, sextas, acabaron as rapazas infantís. Alba Gregores, décimo oitava, encabezou os resultados individuais das galegas, con Xiana Seijo 23ª, Lara Pita 29ª e Ainoa Posada 44ª.

Menos sorte na xincana

A categoría infantil de estrada tamén competiu o sábado. As probas de xincana tiveron lugar no aparcamento do Estadio José Zorrilla. Loitando contra o reloxo e demostrando habilidade sobre a bicicleta, a Selección Galega tivo como representante máis destacado a Maxime Regozo, sexto entre os rapaces. O conxunto masculino, sétimo na táboa, contou ademais con Anxo Delgado (17º), Unai Fernández (35º) e Pedro Liaño (60º).

Pola súa banda, as infantís fixeron undécimas por equipos, con Carmen Cabot (27ª), Alejandra Neira (30ª), Irene Signo (35ª) e Ivet Ivanova (54ª).

Máis información e clasificacións XCO e Xincana, nesta ligazón

Etiquetas Aroa oterocadeteCampionato de España EscolarciclismoIris FernándezLorena PatiñoMarta EstévezXCO
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.