• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Máis Deporte Atletismo

“Teño feito longa distancia en mar e en terra”, fala Maite Rojo Garrido, atleta de ultrafondo e capitá de barco

Vén de rematar en cuarto lugar da xeral, segunda en categoría feminina, no Ultrafons en pista de Barcelona, correu 24h sen parar sumando 222,340 quilómetros nas súas pernas | Debutou nesta disciplina na proba de Sri Chinmoy (Auckland) e correu tamén o Espartatlón en Grecia

Silvia Carregal por Silvia Carregal
31/12/2023
en Máis Deporte, Atletismo
Maite Rojo Garrido, atleta ultrafondista / CLUB ATLETISMO SADA

Maite Rojo Garrido, atleta ultrafondista / CLUB ATLETISMO SADA

340
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Imaxinan o esforzo físico e mental que aparella correr sen parar durante 24 horas seguidas? Hai unha disciplina do atletismo que consiste xustamente niso e en Galicia temos varias mulleres que destacan nesa modalidade. Unha delas chámase Maite Rojo Garrido é adestradora e corredora do CAS (Club Atletismo Sada). Compite en ultrafondo, que é o nome desa opción deportiva tan esixente como peculiar. Sobre o ultrafondo, o ultratrail e a traxectoria desta atleta galega queremos afondar nesta peza.

Aínda que naceu na Coruña a orixe da súa familia está en Malpica. Leva practicando atletismo desde os 13 anos e suma xa 50 no almanaque, pero son moitos máis os quilómetros que é capaz de afrontar correndo 24 horas seguidas. No seu último ultrafondo Maite Rojo Garrido fixo 222,340 km. Foi hai nada, na Ciudad Condal.

Maite Rojo Garrido, atleta de ultrafondo / CEDIDA
Maite Rojo Garrido, atleta de ultrafondo / CEDIDA

A clave de aguantar tantísimo tempo competindo está obviamente, no traballo previo de adestramento. Pero no caso de Maite Rojo Garrido hai outra cuestión que suma para que o ultrafondo e o ultratrail se lle dean ben. Fóra da terra, mar adentro, está a súa profesión. Maite Rojo é capitá de barco e, como ela mesma apunta, as quendas de guardia agarrando o timón dunha nave axudan moito cando chega o momento de aguantar 24 horas de vixilia e actividade física e mental plena.

“Axuda moito. Hai unha corredora que eu admiro moito, Lizzy Hawker (é inglesa e está retirada). Gañou varias veces o Ultra-Trail du Mont-Blanc. Ela facía guardias na Antártida. E decía o mesmo. A miña navegación axuda á miña carreira e a miña carreira axuda á miña navegación. É un traballo moi físico. Ter traballado moito de noite axúdame. Estou afeita a pasar frío, a estar empapada, a ter sono, a estar exhausta, a comer pouco. A todo…”

Maite Rojo Garrido: “A miña navegación axuda á miña carreira, e a miña carreira axuda á miña navegación”

Terra adentro Maite Rojo formouse en materia deportiva como Técnico Superior en Deportes e fixo diferentes cursos ligados ao atletismo. Agora, de feito, é adestradora no CAS (Club Atletismo Sada). Ten practicado vela, pero nese ámbito volcouse máis na faceta de monitora. “Entrei máis na educación, non tanto na competición. Fun monitora de vela. Montamos unha pequena escola de vela, dar clase a principantes. Co meu irmán. Fun 10 anos de monitora. E fixen tamén windsurf, pero nunca competín. Regatei en J80, unha embarcación que está entre vela lixeira e crucero”, comenta Maite Rojo. 

Maite Rojo Garrido, atleta de ultrafondo / CEDIDA
Maite Rojo Garrido, atleta de ultrafondo / CEDIDA

No atletismo esta deportista galega centrouse nas carreiras de fondo ata chegar ás disciplinas nas que agora está volcada: ultrafondo e ultratrail.

A chegada a esta modalidade tan esixente foi gradual. “Estiven 23 anos fóra e o deporte pasou a un segundo plano unha tempada”, explica. Pero hai “10 anos xa fun coa maratón, xa tiña corrido media distancia”. “Desde moza xa me decían que tiña resistencia”, comenta Maite Rojo Garrido.

Tanto o ultratrail, que se practica en montaña, como o ultrafondo que se disputa en pista, están incluídos na Federación Española de Atletismo. Hai competicións por distancias e tamén por horas. Hainas de 6, 12 e 24 horas. “É pouco coñecido por ser un deporte minoritario, pero ultrafondos hai por todo o mundo”, puntualiza esta atleta e adestradora do Club Atletismo Sada.

Maite Rojo: “É pouco coñecido por ser un deporte minoritario, pero ultrafondos hai por todo o mundo”

Conta que no Mundial de 24h celebrado en Taiwan houbo cinco corredores españois (catro foron homes e unha muller). Mariano Martínez, un deles, rematou cuarto nese Campionato do Mundo. Maite Rojo asegura que España ten “nivel” nesta modalidade.

Maite Rojo Garrido correu tres ultrafondos en 2023

Para Rojo este ano foi “un pouco experimento. Fixen tres ultrafondos. Perdín quilos e agora teño que descansar”. Por iso non fala aínda de próximos retos. Céntrase na recuperación logo do intenso esforzo de preparación destas tres citas que afrontou con éxito en 2023.

Competiu no Ultr’Ardèche en Francia. “Fun convidada. Quedei cuarta. Fixen 222km en 28h 46 minutos”.

Outro dos retos deste ano levouna de volta ás súas orixes familiares na Costa da Morte. Percorreu o Camiño dos Faros, de Malpica a Fisterra (203 Km). Conta que o fixo “sen parar e sen durmir. Fíxome o apoio o meu irmán e outras persoas. Levoume 38 horas e 45 minutos. O récord estaba en 41 horas”, polo que xa hai nova marca para este reto da man desta atleta galega.

Maite Rojo Garrido, no 24h Ultrafond de Barcelona / CEDIDA
Maite Rojo Garrido, no 24h Ultrafond de Barcelona / CEDIDA

E o último chanzo competitivo deste 2023 para Maite Rojo estivo en Barcelona, nas 24 horas d’ Ultrafons en pista. Había opción de correr 6, 12 ou 24 horas, e a elección foi a máis longa. De feito, Rojo xa tiña participado na opción de 12 horas anos antes. “Corrín no Ultrafons en pista de Barcelona un total de catro veces. Un ano fixen 12 horas. Non quixen saltar da maratón ás 24 horas. Fun subindo de quilometraxe”. Lembra que a terceira vez que competiu en Barcelona, no ano 2021, gañou cubrindo unha distancia de 216,9 km nas 24 horas deste ultrafondo catalán.

Dúas galegas entre as tres mellores marcas estatais

Na quenda de 2023 esta ultrafondista galega correu as 24 horas d’Ultrafons en pista de Barcelona acumulando nas pernas nada menos que 222,340 km. Foron 555 voltas a un circuíto de pista. Botando contas sae a 6:29 min / km de media. Nesta ocasión foi a única atleta galega en competición na Ciudad Condal.

Quedou en cuarta posición na xeral, e foi segunda entre as mulleres, sendo primeira na categoría de W50 con eses 222,340 km en 24 horas.

Trátase da 3ª mellor marca feminina de España de todos os tempos nesta distancia. Tal e como explica Rojo, o récord estatal teno “Carmen Pérez que batiu o récord con 240 km no Mundial de Taipei. O segundo mellor tempo é de Cristina González García“. Esta última atleta é tamén galega, en concreto de Vilagarcía de Arousa, e ostenta a segunda mellor marca estatal das 24 horas con 226,5 km.

Maite Rojo Garrido, no 24h Ultrafond de Barcelona / CEDIDA
Maite Rojo Garrido, no 24h Ultrafond de Barcelona / CEDIDA

Tal e como explica a corredora do Club Atletismo Sada a de Barcelona “é unha proba bastante internacional con xente de 26 nacionalidades. Hai xente de toda Europa, Francia, Italia…”

A Costa da Morte, Francia ou Barcelona son algúns dos lugares onde Maite Rojo Garrido ten competido. Pero o primeiro que gañou foi en Sri Chinmoy, en Auckland. “No ano da COVID quedei bloqueada en New Zealand por traballo. Aquel 2020 gañei a proba de 24h chegando aos 206 km”.

Xa no 2022 foi a primeira galega (a segunda española) en rematar o Espartatlón. Trátase da ultramaratón que se disputa en Grecia. O Espartatlón ven sendo ir da Acrópolis de Atenas ata Esparta e chegar ao pé da estátua de Leónidas I. “Tiña moita ilusión por facela”, comenta Maite Rojo.

24 horas correndo sen parar

A pregunta é obrigada, “pero nestas probas, non se para nada, nunca?” Maite Rojo Garrido resólvenos a dúbida. “Pódese parar, de feito hai quen vai máis por un tema social. Somos centos de corredores. Hai que vai para acabalo, como as maratóns, e outras persoas queremos facer os máximos quilómetros posibles. Iso precisa perder o menor tempo posible en cuestións como comer ou ir ao baño”.

Maite Rojo Garrido, atleta de ultrafondo do Club Atletismo Sada (CAS) / CEDIDA
Maite Rojo Garrido, atleta de ultrafondo do Club Atletismo Sada (CAS) durante un avituallamento / CEDIDA

O avituallamento durante estas probas, no caso de Maite Rojo Garrido consiste en plátano, frutos secos, dátiles… “Unha volta douna comendo correndo a modo ou camiñando.  A persoa de apoio lémbrate cando tes que comer”, relata. “Hai quen compite en solitario, pero eu teño a unha persoa que me fai o acompañamento. Hai avituallamento, pero perdes tempo acudindo e tamén ti perdes a noción do tempo na carreira. Por iso levamos unha persoa que che di cando comer, cando beber…”, detalla.

Maite Rojo admite que “cando pós o corpo en modo extremo, quéixase. Hai dolor e malestar, realmente. Pero tamén moito coco. É como estar co anxo bo e o malo, un diche “estás cansa, non podes máis”, outro diche que si que podes”, comenta a atleta galega.

Maite Rojo Garrido: “Cando pós o corpo en modo extremo, quéixase. Hai dolor e malestar, realmente. Pero tamén moito coco. É como estar co anxo bo e o malo, un diche “estás cansa, non podes máis”, outro diche que si que podes”

24 horas dan para moito así que tal e como explica Rojo Garrido, as carreiras non as afrontas en solitario. “Hai moita xente que xa coñeces doutras competicións e acabas facendo amigos. Estamos no mesmo gremio. Ás veces coincides con ritmo e das voltas xuntos. Vas falando coa xente. Outras veces estás tan cansa que non queres falar con ninguén. En xeral hai moito ánimo e apoio entre todos xa que todos sabemos o que custa. É bonito. Hai unha competencia moi sana. Os compañeiros que coñeces aí son de por vida”, asegura.

Maite Rojo Garrido, atleta ultrafondista / CEDIDA
Maite Rojo Garrido, atleta ultrafondista xunto á persoa que lle fixo o apoio en Barcelona / CEDIDA

Cando a competición é tipo ultratrail os campos e a paisaxe fan menos monótona a competición pero en pista é diferente. De feito, cada tres horas múdase o sentido da carreira para evitar a carga dunha das pernas ao correr sempre na mesma dirección collendo as curvas da pista de igual xeito.

Como se prepara unha carreira deste tipo?

Cando lle preguntamos a Maite Rojo Garrido por todo o traballo previo á disputa dun ultrafondo, o mérito de quen elixe esta disciplina aumenta máis.

Conta a coruñesa que prepárase, como era de esperar, “adestrando moitísimo. Eu levo neste ano 5.500km”, aos que lle suma traballo de “forza en ximnasio, estiramentos… Como son adestradora fágome eu o meu planing. Fago tiradas entre 10-25 km normais entre semana. E logo tiradas longas á fin de semana. Dúas veces por semana traballo forza. Fago adestramento cruzado. Tamén monto en bici de montaña, na estática..”, relata.

“Trátase de ir acumulando moito. En ultratrail é máis importante a forza, unha musculatura boa. Pero en ultrafondo hai moito o impacto debido a que se machacan moito as articulacións, así que tes que telo adestrado”, analiza.

“Eu teño semanas nas que fixen entre 200 e 250 km”, comenta a atleta.

A importancia da resistencia mental nun ultrafondo

Como se pode observar no relato dos adestramentos que nos traslada Maite Rojo, a parte da preparación física dun ultrafondo ou un ultratrail é importante, pero como en calquera carreira de fondo, a parte psicolóxica é outro alicerce importante da preparación e tamén no transcurso da competición en si mesma.

Maite Rojo: “Os días que non tes ganas de adestrar son os que contan dobre, xa que adestras ese momento de non retirarte. Non poñerte excusas”

“E moi importante”, conforma Maite Rojo ao tempo que explica que, no seu caso “non o preparo especialmente. O feito de navegar con días e noites por aí prepárate para aguantar, aguantas ou aguantas, xa que non podes baixar do barco. Hai quen fai ioga. Eu fago meditación desde os 33 anos. Axuda moito. Adestrando tanto tempo soa vaste coñecendo tamén. Os días que non tes ganas de adestrar son os que contan dobre, xa que adestras ese momento de non retirarte. Non poñerte excusas. Hai que machacarse a un mesmo para saber que podes aguantar”, comenta.

Maite Rojo Garrido, atleta ultrafondista / CEDIDA
Maite Rojo Garrido, atleta ultrafondista / CEDIDA

O camiño cara a facer do mar a súa profesión tamén foi gradual. “Marchei a Mallorca e fun sacando títulos. A miña familia é toda de pesca e de mariños mercantes, supoño que me viña de herdanza. Funme formando. Estiven navegando primeiro en iates. Levo como capitana en activo desde 2013, case o mesmo tempo que facendo ultrafondo. Ata abril estiven en veleiros de entre 20-35 metros. Voltei a casa para estar máis preto da familia tras moitos anos fóra. Pero naveguei por todo o mundo. Non somos moitas mulleres, vai mellorando pero é un mundo moi masculino”.

Unha tartaruga no ombreiro que reflicte a paixón polo mar e pola terra

Entre as anécdotas que relata Maite Rojo está a dunha tartaruga que loce no ombreiro. “O mariños de antes tatuábanse e din que hai que facerse unha tatuaxe cando cruzas o Pacífico. Eu non sabía que tatuarme. Din os maorís que as tartarugas son un animal que pode vivir en mar e terra, e pensei que me representaba. Adoro o mar e adoro a terra. Teño feito longa distancia en mar e en terra. E agora teño unha tartaruga tatuada no hombreiro esquerdo”.

Adestradora no Club Atletismo Sada

Ademais de competir, Maite Rojo Garrido é adestradora no Club Atletismo Sada. Como Técnico Superior en Deportes prepara sobre todo grupos de carreira. “É no que teño máis experiencia. Especialiceime niso”, explica. “Levo desde principiantes que participan en populares (atletas que fan estrada ou montaña). Agora mesmo non levo a atletas de velocidade”

Salienta Maite Rojo a “cantidade de mulleres” que se ven competindo nos ultrafondos. “Agora estamos case no 50%. No top 10 de Barcelona había máis mulleres que homes”, resalta. “Cáusame móito orgullo que haxa máis movemento de mulleres en diferentes disciplina, antes eras case como un bicho raro”, rememora.

Maite Rojo Garrido, atleta ultrafondista / CEDIDA
Maite Rojo Garrido, atleta ultrafondista / CEDIDA

O ano 2023 remata e na mente de Maite Rojo está manter esa vencello amplo coa actividade física. “O deporte é algo saudable. Unha paixón. A vida non é so traballar e estar na casa, hai que coidarse”.

Con todo, é consciente do esforzo que foi afrontar tres ultrafondos nun mesmo ano, por iso non se marca retos, pero tampouco renuncia facelo máis adiante. “Se clasifico para Atenas sería a única muller española que estaría dúas veces. Hai tempo, é en setembro-outubro”.

Mentres, toca “coidarme, recuperar peso, rexenerar músculo e articulacións”. Tres ultrafondos nun ano e facerse coa terceira mellor marca feminina española ben merecen erguer un pouco o pé do acelerador e darse un descanso.

  • Traxectoria de Maite Rojo Garrido en Ultrafondos 
Etiquetas atletismoClub Atletismo SadaMaite Rojo GarridoUltrafondo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
11/05/2025
0

  Facundo Medard e Alba Raso gañaron a XVI Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, terceira proba...

A xuíza de atletismo galega Beatriz Rivas vén de ser recoñecida pola RFEA como a mellor do ano 2024 / ATLETISMO GALEGO

A galega Beatriz Rivas, elixida mellor xuíz anual RFEA 2024

por Redacción As Nosas
03/04/2025
0

  Beatriz Rivas, membro do Comité Galego de Xuíces (delegación da Coruña), foi elixida polo Comité Nacional de Xuíces (CNJ)...

Podio do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na modalidade de Classic / ATLETISMO GALEGO

María Platero e Alexandre Otero, logran o Campionato Galego de Trail Running Classic

por Redacción As Nosas
18/03/2025
0

A atleta independente María Platero cun tempo de 3h.12:20 e o deportista Alexandre Otero do S.B Barbantia con 2h.27:50 proclamaronse campións...

O Campionto de España de Atletismo Sub-16 short track 2025 celebrouse en Expourense / RFEA

Ourense acolleu o Campionato de España Sub-16 indoor de atletismo

por Redacción As Nosas
17/03/2025
0

A pasada fin de semana tivo lugar en Expourense o Campionato de España indoor Sub-16 de atletismo no que o...

Antía Chamosa cruzando a meta en Marín como campioa de España de marcha 35km / RFEA

Antía Chamosa proclámase campioa de España de Marcha en ruta en Marín

por Redacción As Nosas
10/03/2025
0

  O Concello de Marín acollía a disputa do Campionato de España de Marcha en ruta con éxito galego no ámbito...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

11/05/2025
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará na elite do fútbol feminino nacional

11/05/2025
Hockey Club Coruña Feminio (HCCF) vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O HCCF suma a súa quinta derrota consecutiva ao perder 0-2 co CP Vila-Sana

10/05/2025
A padexeira Tania Álvarez / XUNTA DE GALICIA

Daniela Suárez e Tania Álvarez, Premio Carreira Dual do CSD

09/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.