A Selección Gallega de Loitas Olímpicas participa no Torneo de Barakaldo de Loitas Olímpicas na categoría de base e na Copa Maider Unda, para categoría absoluta e previa á absoluta. Esta competición ten lugar hoxe sábado 27 de novembro no frontón de Lasesarre la localidade de Barakaldo.
Esta competición conta cun total de nove comunidades autónomas inscritas, e preto de de 300 deportistas. É unha proba de gran nivel para as nosas deportistas.
Segundo explican desde a Federación Galega de Loita (FEGALOITA), “a organización vai por conta do Club de Lucha Munoa e da Federación Vasca de Luchas Olímpicas, que conseguiron enmarcar en unha boa data, un torneo con gran aceptación”.
Galicia se despraza a esta competición 10 deportistas. Boa parte das e dos deportistas adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra CGTD). Este novo curso, desde a Federación Galega de Loita explican que aumentaron “o número de competicións para deportistas en fase de formación”.
A Selección Galega estará composta polas/os seguintes deportistas:
SENIOR
- LF 62 Kg Aimara Osco (Ciudad de Vigo)
- LF 62 Kg Lydia Pérez Touriño (Pontevedra)
- GR 60 Kg Francisco José Trigo (Senin)
- LO 65 Kg David González (Sabarís)
- LO 70 Kg Yassine Fouzi (Keltoi)
- LO 74 kG Bekbol Onggarv (Vilalba)
CADETE
- LO 60 KG Alessandro Iemma (Ciudad de Vigo)
- LO 71 KG Gonzalo Caparrós (Atila)
- LO 71 KG Alex Silva (Keltoi)
- LO 71 Kg Raúl Lesta (Pontevedra)
ESCOLAR
- LO 52 Kg Manuel Santiso (Keltoi)
- LO 52 Kg Volodymar Datsenko (Keltoi)
CORPO TÉCNICO
- Rubén Méndez Lois
- Marcos Miragaya Lama
Logo dos torneos de Villa de Madrid e do Villa de Gijón, as e os deportistas galegos tratarán de completar este intenso circuíto de torneos co de Barakaldo, como preparación previa ao Campionato Galego de Loitas Olímpicasque tendrá lugar o próximo 11 de decembro en Santiago de Compostela.