• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Lis Franco: “Había nenas e nenos que practicamente non coñecían a Sofía Toro ou a Paula Medín”

'Coruña olímpica, achegando o sono aos estudantes coruñeses' unha iniciativa do Concello da Coruña que levou por preto de vinte coles da cidade a once deportistas olímpicos e paralímpicos herculinos para que a cativada poidese coñecer máis de preto a experiencia de disputar uns Xogos

Silvia Carregal por Silvia Carregal
30/06/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Paula Medín, Alevín, e Lis Franco, no ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

Paula Medín, Alevín, e Lis Franco, no ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

270
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade
Ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA
Ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

Cando contamos os días para que empecen uns novos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, desta volta os de Toquio 2021, vén ao fío conversar ao respecto dunha iniciativa na que camiñaron da man á área de Deportes e a de Educación do Concello da Coruña, encabezadas respectivamente por Mónica Martínez e Jesús Celemín: ‘Coruña olímpica, achegando o sono aos estudantes coruñeses’. Nela pretendeuse dar a coñecer durante os últimos meses de curso escolar a figura de diferentes deportistas olímpicos e paralímpicos da cidade. Pero tamén poñer en valor a cultura do esforzo, da superación, do traballo e da loita polos obxectivos que nos marcamos na vida.

A xornalista e ex futbolista coruñesa do Karbo Lis Franco, foi a encargada de facer de mestra de cerimonias e de entrevistar ás diferentes persoas que se sumaron a esta proposta. Foi con ela con quen conversamos para coñecer como foi esta iniciativa e que lecturas podemos sacar dunha iniciativa deste perfil.

As Nosas: En que consistía Coruña Olímpica?

Lis Franco: É unha serie de entrevistas a deportistas coruñeses, ou que teñen desenvolto boa parte da súa traxectoria deportiva persoal na cidade e que teñen sido capaces de tocar o soño olímpico coas mans. Froito dun enorme esforzo, pero tamén dunha sorte tremenda. É un canto á cultura do esforzo, e dos soños conseguidos e os obxectivos acadados.

Lis Franco: “Coruña Olímpica é un canto á cultura do esforzo e aos soños acadados”

As Nosas: Cal era o obxectivo?

Lis Franco: A iniciativa partiu do Concelllo da Coruña. Estamos nun ano atípico, pero ano olímpico. E na cidade, non hai moitos, xa que é moi difícil, pero hai deportistas olímpicos. É parecíanos unha mágoa que a mocidade e a rapazada non soubera da existencia de todas estas e estos deportistas olímpicos. Optamos polo olimpismo, pero podería ser unha iniciativa similar vencellada a calquera disciplina deportiva polos valores que o deporte desenvolve.

Presentación de Coruña olímpica, Mónica Martínez, Celemín, Andrés Díaz / CONCELLO A CORUÑA
Presentación de Coruña olímpica, Mónica Martínez, Jesús Celemín, e o atleta Andrés Díaz / CONCELLO A CORUÑA

Queríamos trasladar que detrás do éxito e a excelencia dunha persoa deportista está o esforzo, todo o que hai que deixar polo camiño e todo o que significa ser deportista. Que coincida cun ano con Xogos Olímpicos é un broche pero o que se quería era destacar a vida saudable o esforzo o sacrificio e todos os valores que leva aparellado o deporte.

Lis Franco: “Queríamos trasladar que detrás do éxito e a excelencia dunha persoa deportista está o esforzo, todo o que hai que deixar polo camiño e todo o que significa ser deportista”.

A.N.: Levar ás e aos deportistas  ás escolas fixo que precisamente a acción tivese unha perspectiva diferente aunando ademais educación e deporte?

Lis Franco: Si. Vai totalmente entroncado. Queríamos que fose non unha charla ou unha ponencia. Queriamos algo máis de preto. Eu convidaba á rapazada a que me axudase a facer a entrevista. Antes se lles tiña mandado un vídeo con dúas partes. Unha era sobre os Xogos Olímpicos en xeral, xa que moitos deles, coas idades que teñen, nin lembra os últimos Xogos. A segunda parte era sobre deportistas coruñeses olímpicos. Ademais o alumnado traballaba sobre a figura da ou do deportista que visitaba o centro.

Coincidía a parte educacional no sentido de coñecer á xente da nosa contorna máis próxima. A memoria xa sabemos como é, e no deporte, aínda máis. Hoxe gañas unha cousa e ao día seguinte xa non eres ninguén. Había nenas e nenos que practicamente non coñecían a Sofía Toro ou a Paula Medín, que é das últimas olímpicas. Entrocaba o deporte coa aprendizaxe.

Sofía Toro, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA
Sofía Toro e Lis Franco co ouro da regatista no ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

Pedinlle aos deportistas que incidisen na parte humana, no medo a competición a fallar, perder, o medo a perder…

Para poñer á rapazada en situación explicábamoslles que os Xogos Olímpicos son o evento deportivo multidisciplinar máis grande do planeta. E dábamoslles algunhas cifras como o número de atletas, disciplinas, as audiencias de televisión e aí xa caían na conta de que nin mundiais, nin Champions nin nada é comparable.

Transmitir os máis cativos a miña experiencia, a importancia de manter uns hábitos saudables e os valores que o deporte ensinoume, son das cousas máis fermosas que fixen na miña vida ❤️@ConcelloCoruna @coruna_deportes#coruñaolímpica pic.twitter.com/xUr8iCcW3q

— Sofía Toro (@sofiatoropp) April 8, 2021

A.N.: Os valores do deporte, en xeral, e os valores olímpicos en particular, a superación, o espíritu de sacrificio, o traballo en equipo incluso nas displinas individuais que tamén teñen equipos de traballo detrás, á loita por acadar metas de maneira honesta, sen trampas… Parece non estar ‘de moda’.

Consideras que este tipo de charlas redundan en que a mocidade entenda a importancia, non so no deporte se non tamén na vida, dese tipo de valores?

Lis Franco: Esa era a intención. O trasfondo da historia de cada unha das persoas que participaron, que xa de seu era moi interesante, era que ningunha desas persoas chegaron ao máis alto, salvo Sofía Toro. As demais, se queres, incluso son historias de derrotas, por dicilo dalgún xeito. Pero derrotas con fachenda, con educación, con boas formas, respecto ao rival, co que significa a superación propia dun mesmo…

Indalecio Iglesias, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA
Lis Franco xunto a Indalecio Iglesias, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

Lis Franco: “Salvo Sofía Toro, ningunha das persoas participantes chegaron ao máis alto, son, incluso, se me apuras, historias de derrotas, por dicilo dalgún xeito. Pero son derrotas con fachenda, con educación, con boas formas, respecto ao rival, co que significa a superación propia dun mesmo”

Unha pregunta que eu lles facía moito e caían na ‘trampa’, eu lle plantaexaba ao olímpico “se asocia a túa imaxe sempre a gañar, pero como es ti perdendo?”. Entón o deportista decía, “non claro eu perdín moito máis que gañei!”. E logo preguntaba á rapazada: “E vós que deportes facedes? Quen quere ser deportista profesional de maior?…” e unha das preguntas para interactuar con alumnado era: “Quen se recoñece coma unha persoa mala perdedora?” E erguía a man moitísimo. Entón lles preguntabas que consideraban ter mal perder e che contaban que se enfadaban.

Isidoro Hornillos, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA
Isidoro Hornillos, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

Nese punto, ou ben o olímpico ou eu reconducíamos e explicábamos que esa non era a actitude. Que se algo ten o deporte é que hai reválidas continuamente, a uns Xogos Olímpicos non, que son cada catro anos, pero polo resto hai partidos e competicións continuamente.

A.N.: Non sei ti pero eu teño para min que unha das cousas que máis che aprende o deporte para a vida é precisamente que constitúe unha gran escola á hora de saber como afrontar os fracasos. Na vida as cousas non che van saír á primeira, normalmente. Se non tes unha escola de apredizaxe na que teñas interiorizado que cada vez que caes o que tes e que érguerte outra vez e vólvelo tentar, a túa capacidade de xestionar a frustración está minguada e iso pode limitarte na vida máis aló do deporte. 

Lis Franco: Exacto. E que unha cousa é perder e outra é fracasar. Perder non é fracasar. Fracasar é perder un xeito que non sexa digno. Perder é unha acción máis. E calquera deportista do mundo, incluído Rafa Nadal, Michael Jordan, perderon sempre máis que gañaron.

Jorge Maciel, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA
Jorge Maciel, e Lis Franco no ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

Ás veces coma espectadoras dámoslle máis importancia á derrota que as persoas deportistas desde dentro da competición xa que saben que aos cinco días teñen outro partido.

A.N.: Buscamos un retorno rápido das cousas que facemos na vida e normalmente o que custa esforzo e traballo é o que realmente importa, pero é algo que valoramos a longo prazo. Se cadra o alumnado desta Coruña Olímpica era aínda moi novo para ter esa perspectiva?

Lis Franco: Nunca está mal poñer unha primera ‘pica en Flandes’. A inmediatez téñena dende cativos. E o deporte non funciona con esa velocidade. É froito de moito traballo. O deporte é lentitude, adestramento, esforzo, tempo, gañar, perder… O deporte é, se cadra, do menos inmediato que temos na sociedade actual. Por iso hai xente que non o practica, ou que se frustra, debido a que o deporte precisa lentitude.

Lis Franco: “O deporte non funciona con inmediatez. É froito de moito traballo, adestramento, esforzo, tempo, gañar, perder… É, se cadra, do menos inmediato que temos na sociedade actual”

Chuny Bermúdez de Castro, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA
‘Chuny’ Bermúdez de Castro e Lis Franco no ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

A.N.: Presumo que as preguntas do alumnado foron moi interesantes. A rapazada adoita preguntar cousas que nós, as xornalistas, non temos valor ou a frescura suficiente para plantexar.

Lis Franco: Claro! Mira, preguntáronlle a Roberto Naveira se se tiña drogado algunha vez, bueno, se tiña consumido “sustancias”, entón el falou do tema da dopaxe. A Chuny se vira moitas baeas. Preguntaban moito polas trampas, por se coñecían a xente que facía trampas. En todos os coles foron super activos.

A.N.: Algunha ou algún deles foi xusto ao colexio no que estudou?

Lis Franco: Si, foi o caso de Roberto Naveira.

Roberto Naveira, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA
Roberto Naveira, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

A.N.: Aínda que algunhas experiencias olímpicas son máis recentes ca outras, coido que en todos os casos os deportistas que participaron, aínda que algúns seguen en activo como deportistas, teñen unha certa perspectiva para mirar con calma e distancia o seu paso polos Xogos.

Houbo algún nexo común nas verbas de todos eles? Algo que se repetise?

Lis Franco: Todas e todos explicaban que era unha ilusión tremenda ir a uns Xogos. Cunha competición nun espazo diferente, con distintas disciplinas deportivas, o que supón vivir nunha Vila Olímpica, os tempos compartidos nos comedores, o desfile olímpico e a sensación de equipo e de unión que ía máis aló das súas disciplinas. As comidas que había de diferentes países ou culturas.

Tamén falaron do duro que é chegar cando teste que xogar a praza coas persoas coas que compartes adestramentos e vida todo o ano.

🗣️ Marta Bobo en #CoruñaOlímpica

💬”Hai que tentar gañar sempre, pero con honestidade e sen pisar a ninguén”

💬”A ximnasia reúne todo o que me gusta: música, danza e exercicio físico”

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) May 31, 2021

A.N.: Cóntanos algunha das vivencias significativas ou curiosas que transmitiu algunha das persoas que pasaron por Coruña Olímpica?

Lis Franco: Lembro que Marta Bobo contou que fe foi a durmir sendo case campioa olímpica, so lle quedaba a proba da cinta e aí pasou todo o problema que tivo co aire acondicionado, etc. e rematou sendo novena.

A.N.: Ti, que antes que comunicadora fuche deportista áo maior nivel, teríache gustado poder participar nuns xogos olímpicos?

Lis Franco: Si. De sempre. Pero logo de escoitar falar a todas estas persoas que pasaron por Coruña Olímpicae ver como o contan, esa loita por chegar… todo o que significa estar nun evento deportivo ao que, se cadra, so chegas unha vez na vida… Francamente teríame encantado poder ir.

Once deportistas, 17 centros  e 7 modalidades en Coruña Olímpica

Polo ciclo ‘Coruña olímpica, achegando o sono aos estudantes coruñeses’, pasaron once deportistas coruñeses aínda que algúns deles repetiron experiencia polo que en total 17 centros de ensino da cidade da Coruña poideron coñecer de preto a deportistas que teñen vivido unha experiencia única: acudir a uns Xogos Olímpicos ou uns Xogos Paralímpicos.

Pucho Boedo, ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA
‘Pucho’ Boedo xunto a Lis Franco no ciclo Coruña Olímpica / CONCELLO DA CORUÑA

Vela, rugby, tenis de mesa, atletismo, ximnasia rítmica, windsurf e judo son as sete disciplinas nas que deportistas coruñese chegaron a cumplir ese sño olímpico que este ano, en Toquio 2021 outras e outros galegas e galegos acadarán sexa coa gloria dos metais ou os diplomas ou simplemente co grande logro de ter acadado un posto entre as grandes figuras do deporte no mundo.

Esta é a relación de deportista participantes en ‘Coruña olímpica, achegando o sono aos estudantes coruñeses’, na que detallamos os centros educativos aos que acudiron, así como as disciplinas nas que participaron nos XX.OO ou XX.PP. e os méritos acadados nesas competicións.

DEPORTISTAMODALIDADEXOGOSMÉRITOSCENTRO EDUCATIVO
Isidoro HornillosAtletismo 400m e 4x400mXX.OO. Moscú 1980CEIP Ramon de la Sagra
Marta BoboXimnasia RítmicaXX.OO.  Los Ángeles 1984CPR Cid
Victorino GonzálezJudoXX.OO. Seúl 1988Diploma 7ºAnxo da Garda
Indalecio IglesiasTenis de mesaXX.PP. Barcelona 92Juan Fernández Latorre
Andrés DíazAtletismo 1.500mXX.OO. Atlanta 1996N.S. do Rosario
Roberto NaveiraJudoXX.OO. Atlanta 1996Fogar de Santa Margarida
Hijas de Jesús (Jesuitinas)
Francisco ‘Pucho’ BoedoJudoXX.PP. Atlanta 1996Prata
XX.OO. Sidney 2000Diploma 7ºColegio Plurilingüe Esclavas
Jorge MacielWindsurfXX.OO. Atlanta 1996CEIP Novo Mesoiro
XX.OO. Sidney 2000
XX.PP. Sidney 2000Diploma 7ºCEIP Alborada
Chuny Roberto Bermúdez de CastroVela Clase StarXX.OO. Atenas 2004CEIP Wenceslao Fernández Flórez
CEIP María Pita
Paula ‘Alevín’ MedínRugby SevenXX.OO. Río 2016Diploma 7ªCEIP Emilia Pardo Bazán
Sofía ToroVela Clase Elliott 6mXX.OO. Londres 2012OuroCEIP Prácticas

Achegarlle ‘O soño olímpico’ á rapazada

Etiquetas A CoruñaatletismoCoruña OlímpicajudoOlimpismorugbytenis de mesavelaWindsurfXimnasia rítmicaXX.OO.XX.PPXXOOXXPP
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

por Redacción As Nosas
15/06/2025
0

  A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición...

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

HC Coruña Feminino vs CH Mataró / MANU BOUTUREIRA

Un empate entre HC Coruña Feminino e CH Mataró (2-2) sentenza ás catalás ao descenso

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  O  HC Coruña Feminino e o  CH Mataró asinaron un empate vibrante (2-2) nun duelo cargado de emoción, presión...

María Pérez vence o GP Cantóns de marcha / CONCELLO DA CORUÑA

María Pérez e Toshikazu Yamanishi gañan o GP Cantóns de Marcha da Coruña

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  A medallista olímpica española María Pérez e Toshikazu Yamanishi, vencedores do GP Cantóns de marcha na Coruña A Coruña...

Día do Deporte na rúa 2024 / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña bate o seu récord de participación con 92 clubs e entidades da cidade

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O Concello da Coruña celebra o domingo 15 de xuño o XXXVIII Día do Deporte na Rúa como colofón...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
As remeiras de Chapela-Wofco, gañadoras do Tereresa Herrera de traiñeiras na Coruña / LIGA LGT

A conta atrás para o inicio da temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
As remeiras de Chapela-Wofco, gañadoras do Tereresa Herrera de traiñeiras na Coruña / LIGA LGT

A conta atrás para o inicio da temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras

16/06/2025
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

15/06/2025
A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff para a preparación dos deportistas do CGTD para Los Ángeles 2028

13/06/2025
Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabiel Alén, inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey / XUNTA DE GALICIA

As subvencións a clubs deportivos para a súa actividade acadan o máximo número de beneficiarios con máis de 1.400

13/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.