O BAXI Ferrol sufriu unha nova e sufrida derrota na LF Endesa. Despois de levar o partido á prórroga e empatar no primeiro tempo extra, as xogadoras adestradas por Lino López perderon por un 86-89 ante o Euskotren na Malata.
BAXI e Ensino marchan á prórroga nos seus partidos con distinto desenlace
O adestrador das ferrolás asegurou tras o partido que se sinte “moi orgulloso do corpo técnico, xogadoras, afección e directivos, pero aínda máis de formar parte deste EQUIPO que día a día loita e se esforza para ser e demostrar que merecemos estar nesta liga”.
Me siento muy orgulloso del cuerpo técnico,jugadoras,afición y directivos, pero aún más de formar parte de este EQUIPO que día a día lucha y se esfuerza para ser y demostrar q nos merecemos estar en esta liga @UniFerrol @Jaurena41 @sandraprieto86 #HyT #disfrutardelcamino pic.twitter.com/WHKpyEL5Hl
— LINO LOPEZ (@linolopez04) February 20, 2022
En rolda de prensa, Lino López afirmou que o seu equipo “estivo impresionante” ante un rival que é “un dos equipos máis en forma da categoría”. Para o míster, o conxunto ferrolán “foi merecedor da vitoria. Hai veces que non sae e non queda outra que seguir traballando. Ten un mérito incríble o que estamos facendo, competir a este nivel con equipos destes orzamentos e potencial físico é para estar orgulloso”, recalcou.
A isto engadiu que “se en pretempada me dixeran que o nivel do equipo fora este asinaría. Dar ese nivel, ser capaces de competir contra equipos coma este xa é un éxito inmenso para nós“, concluíu.
📹 Declaraciones de Lino López tras el partido BAXI Ferrol @UniFerrol 86 – IDK Euskotren @ibaetabasket 89#LFEndesa #SienteElUni pic.twitter.com/MX8dqt5H9c
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) February 20, 2022