• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

Lino López: “É unha boa ocasión para desfrutar dun derbi galego nunha das mellores ligas de Europa”

O sábado, o BAXI Ferrol recibe ao Durán Maquinaria Ensino para disputar na LF Endesa o duelo irmandiño

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
10/12/2021
en Baloncesto, Liga Feminina Endesa
Lino López, adestrador do BAXI Ferrol / ALBERTO NEVADO - FEB

Lino López, adestrador do BAXI Ferrol / ALBERTO NEVADO - FEB

157
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Esta xornada de LF Endesa deixa unha cita importante no baloncesto galego, co derbi entre o BAXI Ferrol e o Durán Maquinaria Ensino. En palabras do adestrador local, Lino López, esta será “unha boa ocasión para desfrutar dun derbi entre os equipos que están nunha das mellores ligas de Europa, para min seguramente a mellor agora mesmo”.

Neste encontro, os dous clubs chegan na zona baixa da táboa, pero con moito por decidir nunha longa Liga Endesa.

Lino confía no seu plantel polivalente

Coa recuperación de Suné Swart e Jenna Allen, o conxunto ferrolán vese listo para disputar o derbi galego, malia chegar dunha derrota ante o duro Valencia. “O equipo, co traballo do día a día e semanal está listo e mellor para afrontar un derbi como o que imos ver”, declara o seu preparador a As Nosas.

De cara ao duelo deste sábado, Lino explica que a clave para as universitarias estará en “levar nós o ritmo de partido”. O adestrador apunta que “temos a un plantel con polivalencia, con xogadoras que dependendo das defensas son capaces de facer distintas situacións ofensivas e creo que todas as xogadoras son ameaza no tiro exterior, o que tamén condiciona á defensa”

Lino López: “Temos a un plantel con polivalencia, con xogadoras que dependendo das defensas son capaces de facer distintas situacións ofensivas”

Segundo apunta Lino López, “temos que facer o noso xogo, levar o ritmo de partido e creo que iso é clave para o partido ante o Ensino”.

BAXI Ferrol e Ensino perden esta xornada / UNIFERROL
BAXI Ferrol / UNIFERROL

 

Rival con xogadoras de “primeiro nivel”

Enfronte, as ferrolás terán a un Ensino do que o técnico universitario asegura que “ten xogadoras de primeiro nivel. Xogan a un ritmo moi alto, defensivamente son moi intentensas e agresivas durante os corenta minutos e iso condiciona sempre aos rivais”. En poucas palabras, “teñen un plantel moi completo en todas as posicións”.

Ademais, con xogadoras como María ou Oma recuperadas das súas lesións, estas baloncestistas poderán subir o nivel das lucenses no derbi galego, segundo advirte Lino López.

Ao favor do BAXI estará o factor cancha, disputando o encontro na Malata ferrolá. “É moi importante, porque sempre temos moito público, unha masa social grande que sempre está apoiando ao equipo nos bos e malos momentos e será fundamental para nós neses momentos”, asegura o preparador.

BAXI vs Ensino na Copa Galicia / ENSINO
BAXI vs Ensino na Copa Galicia / ENSINO

Liga disputada

Nesta tempada, a parte baixa da LF Endesa está moi igualada, con equipos pelexando cada xornada por saír do pozo. Un deles é o BAXI, pero o adestrador asegurou que “tiñamos claro desde o principio que tiñamos que traballar pensando en nós no día a día, sabendo que íamos ter momentos difíciles. É moi difícil conseguir unha vitoria nesta liga tan potente e tan competitiva pero o equiop está mentalizado niso, en seguir traballando e seguir medrando colectiva e individualmente e intentar que o equipo sexa cada semana mellor”.

Lino López: “Tiñamos claro desde o principio que tiñamos que traballar pensando en nós no día a día, sabendo que íamos ter momentos difíciles”

Ás veces conseguirase, e outras non, engade o técnico, que insiste en que “ter a mentalidade de seguir mellorando e estar ao 100% cada día creo que é clave e é o que estamos conseguindo”.

O adestrador do Ensino, Miguel Ángel Ortega, aseguraba na súa rolda de prensa que as universitarias son un conxunto que medra ao longo da tempada, o que é mostra do bo facer do corpo técnico. Ante iso, Lino López confirma que “teño esa sensación de que o equipo está medrando, traballando ben, as semanas de adestramentos son moi boas. Evidentemente tes que reflectilo en cada partido e con ese obxectivo imos o sábado contra o Ensino“.

Miguel Ángel Ortega: “Somos dous proxectos ilusionantes, baseados no traballo e iso é importante para o baloncesto galego”

“O noso obxectivo era facer un equipo competitivo e que dera o máximo cada día. Entón, creo que iso o público o agradece, se ve que o teu esforzo é máximo e ve que aínda que sexas inferior fisicamente ou tecnicamente, o equipo pelexa cada balón e traballa para o ben do equipo e é fundamental”, afirma Lino López.

Lino López: “Oxalá que cada vez se sumen máis afeccionados ao baloncesto feminino galego”

Finalmente, o técnico mandou unha mensaxe á afección do baloncesto galego: “Quero agradecerlles o apoio e que sigan apostando por ver o baloncesto feminino. É un orgullo para todos e oxalá que cada vez se sumen máis afeccionados ao baloncesto feminino galego”.

Etiquetas baloncestobasketBaxi FerrolDurán Maquinaria EnsinoEnsinoFerrolLF EndesaLino LópezMiguel Ángel Ortega
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Canastra baloncesto / SABELA MOSCOSO

Paso adiante do Maristas Coruña e do Mariscos Antón Cortegada na xornada 12 da LF2

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

  O Maristas Coruña asinou unha contundente vitoria na casa fronte ao Smartlog Ointxe (87-64), mentres que o Mariscos Antón...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge e está adestrado por Cristina Cantero / CELTA BALONCESTO IG

Nova vitoria do Celta Femxa Zorka (74-57)

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka sumou a súa décima vitoria consecutiva da tempada fronte ao Domusa Tecnik ISB (74-57), aínda que...

O C.B. Arxil milita na LF2 / C.B. ARXIL IG

Mala sorte para os galegos na 11.ª xornada da LF2: Mariscos Antón Cortegada, Maristas Coruña e CB Arxil caen

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

A xornada 11ª estivo marcada por malos resultados acadados polos tres conxuntos galegos que compiten na LF2. O Mariscos Antón...

AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG

Os equipos galegos deixan o seu selo na LF2 coas vitorias do Maristas (77-65) e o Cortegada (70-64) e a derrota do Arxil (77-68)

por Redacción As Nosas
09/12/2025
0

  Foi unha xornada de contrastes para os equipos galegos presentes na Liga Femenina 2 (LF2). O Maristas Coruña continúa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.