- A localidade lucense da Pontenova será, por primeira vez, sede dunha competición nacional dentro do calendario da Real Federación Española de Piragüismo.
- A proba presentouse na Casa do Concello coa presenza do alcalde da Pontenova, Darío Campos; o presidente da Federación Galega de Piragüismo e vicepresidente da RFEP, Alfredo Bea; e o vicepresidente do Cidade de Lugo, Domingo Fernández.
- “A Pontenova é un lugar espectacular para poder acoller este tipo de competicións que por unha banda farán crecer ao noso deporte e polo outro xerarán beneficios para a comarca”, sinalou Alfredo Bea, presidenta da FEGAPI.
A Pontenova será, por primeira vez na historia, sede dunha dunha competición nacional dentro do calendario da Real Federación Española de Piragüismo. O concello lucense acollerá os próximos 5 e 6 de marzo a proba inaugural da tempada da liga de Descenso, a 1ª Copa de España Clásica e Sprint.
A proba, que se disputará no leito do río Eo ao seu paso pola poboación, foi presentada esta mañá na Casa do Concello nun acto ao que acudiron o alcalde da Pontenova, Darío Campos, o presidente da Federación Galega de Piragüismo e vicepresidente da RFEP, Alfredo Bea, e o vicepresidente do Cidade de Lugo, club organizador da proba, Domingo Fernández.
Ata a localidade da Mariña Oriental desprazaranse 185 embarcacións pertencentes aos 10 equipos máis importantes de España nesta disciplina, que proceden de catro comunidades autónomas. Por iso, a celebración desta competición supoñerá un importante estímulo económico para as poboacións da contorna. Respecto diso, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, sinalou que “A Pontenova é un lugar espectacular para poder acoller este tipo de competicións que por unha banda farán crecer ao noso deporte e polo outro xerarán beneficios para a comarca”.
A cita é “unha promoción para o patrimonio da Pontenova”, di Darío Campos
“A celebración desta proba supón un importante impulso para a promoción do patrimonio natural da Pontenova, cun río practicamente virxe e que pertence á Rede Natura, e con atractivos como a tirolesa máis longa de Galicia. É certo que aquí non existe unha gran tradición deste deporte, pero con este tipo de eventos esperamos fomentar a súa práctica” sinalou o alcalde da localidade da Pontenova, Darío Campos.
“Para o Cidade de Lugo é un orgullo poder organizar este tipo de competicións. Xa o foi o ano pasado cando recuperamos o Descenso do Miño de Lugo, que volveremos organizar, e tamén o é esta Copa que chega por primeira vez á Pontenova nunha modalidade diferente á que é habitual para nós, como é a de augas tranquilas. Estes retos axúdannos a crecer como club e a seguir apoiando aos e as padeeiras na súa formación en diferentes modalidades”, concluíu o vicepresidente do club organizador, Domingo Fernández.
Domingo Fernández, vicepresidente do Cidade de Lugo, organizador da proba: “Para o Cidade de Lugo é un orgullo poder organizar este tipo de competicións. Xa o foi o ano pasado cando recuperamos o Descenso do Miño de Lugo, que volveremos organizar, e tamén o é esta Copa que chega por primeira vez á Pontenova nunha modalidade diferente á que é habitual para nós, como é a de augas tranquilas. Estes retos axúdannos a crecer como club e a seguir apoiando aos e as padeeiras na súa formación en diferentes modalidades”
A representación lucense na 1ª Copa de España estará composta por máis de 40 padexeiras/os do Quixos e do Cidade de Lugo. Na expedición monfortina estarán dúas das grandes sensacións da tempada pasada, como son Ximena Prats e Noa Díaz, que lograron o oitavo e o noveno posto no campionato de Europa absoluto, en categoría C-1, con só 15 anos. Por parte do club lucense a súa nova promesa, Víctor Devesa, debutará nunha modalidade totalmente nova para o deportista bolseiro polo CGTD.
A proba disputarase nas categorías cadete, junior, senior e veterano nas modalidades de K-1, C-1 e C-2. O sábado celebraranse as dúas mangas da competición sprint (a partir das 15:00 horas) e o domingo será a quenda da proba clásica, cuxa única manga en todas as categorías disputarase desde as 10:00 horas.
Tras a cita na localidade lucense da Pontenova a liga de Descenso de Augas Bravas desprazarase o 2 e 3 de abril a Camarasa (Lleida) para a 2ª Copa de España Clásica e Sprint e o Campionato de España Patrullas Sprint, regresará a Galicia o 14 e 15 de maio para o Campionato de España que se celebrará no Barco de Valdeorras e a última proba, con sede aínda por definir, será a 3ª Copa de España Clásica e Sprint e o Campionato de España Patrullas Cásico, que terá lugar o 23 e o 24 de xullo.