• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

A Liga Iberdrola volve con acento galego

O Deportivo ABANCA, Mari Paz Vilas no Betis, Malena Mieres no Eibar, Nuria Rábano na Real Sociedad, Anair Lomba no Espanyol e Tere Abelleira no Real Madrid serán as representantes do fútbol galego na elite

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
02/10/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ ENE IRIMIA

RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ ENE IRIMIA

100
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A máxima competición do fútbol feminino español arrinca esta fin de semana cos 18 mellores equipos do territorio nacional loitando polo título. O Dépor ABANCA, despois de ser o equipo revelación e asinar unha gran campaña do ano pasado, Mari Paz Vilas coa súa fichaxe polo Betis, Malena Mieres defendendo as mallas dun Eibar recén ascendido da Liga Reto, Nuria Rábano tras fichar pola Real e Tere Abelleira, que xogará este ano Real Madrid, serán as representantes do fútbol galego na categoría de ouro.

A tempada 2020-2021 da Primeira Iberdrola dará comezo este sábado 3 de outubro, e finalizará, tras a disputa de 34 xornadas, o 27 de xuño do ano próximo. A competición, que cumpre a súa 33ª edición, vén cargada de retos, fichaxes, novas incorporacións e moito acento galego.

Malena Mieres co Eibar | MM
Malena Mieres co Eibar | MM

Malena Mieres, unha porteira de Primeira

Tras conseguir o billete de ascenso desde a división de prata, o SD Eibar de Malena Mieres militará a partir desta fin de semana na categoría de ouro do fútbol feminino español. A pontesa vén de completar un gran ano baixo os paus do conxunto armero e acadar o ascenso á máxima categoría. O CD Santa Teresa acompañará ao Eibar na súa estrea na Primeira Iberdrola.

Tras o ascenso, Malena Mieres alcanzou un acordo co club para a renovación do seu contrato. A gardamallas ampliou a súa vinculación por dúas tempadas máis con conxunto armeiro e será azulgrana ata 2022.

Malena chegou o pasado verán á disciplina armeira procedente do RC Deportivo da Coruña e con tan só 20 anos converteuse en peza fundamental da pasada tempada. Disputou un total de 19 encontros nos que só encaixou 10 goles.

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira, un estreo moi Clásico

A galega asinou o verán pasado polo Real Madrid e debutará de branco nun dos partidos da xornada, nun Clásico ante as vixentes campioas. Real Madrid-Barcelona, o domingo a partir das 13:30 horas. Tere tentará seguir deleitando cos seus regates e calidade, nun conxunto merengue que debutará na competición como Real Madrid CF.

Xunto a pontevedresa, tamén estará Misa, outra exdeportivista que loitará por seguir demostrando a solvencia baixo paus que amosou en Abegondo e por facerse un oco na portería do Madrid.

Mari Paz Vilas, xogadora do Betis - BETIS
Mari Paz Vilas, xogadora do Betis – BETIS

Mari Paz, capitana bética

Durante este pasado verán, Mari Paz Vilas, asinaba polo Betis para as dúas vindeiras campañas. Unha xogadora con ampla experiencia na Primeira Iberdrola, campionato no que participou en 14 tempadas desde a súa estrea co Levante na 2006-07. Gol e moita calidade a que leva demostrando a galega durante varios anos.

A súa importancia é tal que, antes de comezar a tempada, o conxunto bético anunciaba as catro capitanas para este ano entre as que está a galega. Chegar e encher.

https://twitter.com/RealBetisFem/status/1311720233971994633

 

Nesta última etapa no conxunto che acumula máis de 130 goles, converténdose na máxima realizadora da entidade. Mari Paz ten o récord de goles nun partido coa Selección Española no que anotou a friorenta cifra de 7 tantos nun mesmo encontro. Ademais, a actual xogadora che xogou varios clasificatorios, o Europeo Absoluto e a Cyprus Cup que logrou levantar coa Roja.

Nuria Rábano , xogadora da Real Sociedad - NRNuria Rábano , xogadora da Real Sociedad - NR
Nuria Rábano , xogadora da Real Sociedad – NR

Nuria Rábano, de Coruña a San Sebastián

A lateral esquerdo seguirá vestindo de branquiazul, seguirá vivindo no norte e seguirá sendo un puñal pola banda esqurda, pero mudará Coruña por San Sebastián, o polbo polos pintxos e Abegondo por Zubieta.

Nuria Rábano chegou á Real coa intención de continuar coa meteórica escalada que vive a súa carreira deportiva. Apenas leva un ano na elite, xa que este 8 de setembro cumprirase un ano do seu debut na máxima categoría, e este pasado verán xa foron varios os clubs interesados en fichala, logrando o conxunto txuriurdin levar o gato á auga. Sen dúbida que a compostelá dará moito que falar en San Sebastián en na Liga Iberdrola.

Anair Lomba, xogadora do Espanyol - AL
Anair Lomba, xogadora do Espanyol – AL

Anair Lomba: descolgou as botas para xogar no Espanyol da súa vida

Anair Lomba, ‘ Lombi’, fixo realidade o seu soño de volver a “casa” o pasado ano, cando volvía no mercado invernal ao Espanyol dos seus amores. A xogadora da Guarda, que se retirou o pasado verán tras finalizar o seu contrato co Valencia, converteuse o reforzo invernal do Espanyol na pasada campaña.

A galega é unha das referentes do fútbol femenino e unha das mellores e máis míticas deportistas galegas. Esta tempada 20-21 que comeza, enfundarase a camiseta perica para defender o escudo do equipo dos seus amores, o Espanyol de Barcelona.

Sara Tui, xogadora do Madrid CFF
Sara Tui, xogadora do Madrid CFF

Sara Tui, referente no Madrid CFF e no fútbol praia

Sara González, coñecida como ‘Sara Tui’ converteuse nun dos referentes da zona de Vigo na máxima categoría do fútbol feminino. A súa primeira experiencia foi no Girona e logo regresou a casa para vivir a tempada na elite do desaparecido ‘El Olivo’.

Logo defendeu durante catro as cores do Granadilla Tenerife e desde o ano pasado, a galega xoga no Madrid CFF, unha das estruturas máis fortes a nivel de fútbol base feminino e que comeza outra tempada máis na máxima categoría do fútbol nacional.

A tudense non só destaca sobre o verde senon que tamén pode presumir de ser campioa do mundo con España nos Beach Games de Doha-2019, da Euro Beach Soccer Cup de 2016 e da Euro Winners Cup de 2019, coa Selección Española de fútbol praia.

RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO

O Dépor quere seguir dando que falar

O Deportivo ABANCA encara a estrea ligueira na Primera Iberdrola de mañá sábado 3 de outubro en Lezama ante o Athletic Club coa única baixa por lesión de Helena Torres e as de Kenni Thompson e Sara Álvarez, por decisión técnica.

As herculinas, tras a gran tempada do ano pasado, queren seguir dando que falar e deixar de ser o equipo revelación para asentarse e ser un dos grandes de Liga Iberdrola. A pesar de sufrir saídas importante como as de Tere, Nuria, Misa, Miriam Ríos e María Méndez, as galegas buscar manter as boas sensacións da tempada pasada e situarse como un dos rivais a batir da categoría.

Peke, Iris, Gaby e Alba Merino lideran a este Dépor que aspira dar moita guerra nesta nova tempada que comeza mañá.

https://twitter.com/RCDeportivo/status/1311977505860063232

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolLiga IberdrolaMalena MieresMari Paz VilasNuria RábanoTere Abelleira
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

por Redacción As Nosas
05/07/2022
0

  Irene Ferreras xa ten un nome máis que sumar a súa lista de de posibles convocadas para os partidos...

Patri López, Dépor ABANCA / RCD

Patri López continúa no Dépor ABANCA no curso 2022-23

por Redacción As Nosas
05/07/2022
0

  Irene Ferreras xa ten outro nome que sumar ao vestiario que adestrará na tempada 2022-23: o de Patri López....

Irene Ferreras adestrará ao Dépor ABANCA / RCD

Irene Ferreras confírmase como nova adestradora do Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
02/07/2022
0

  Irene Ferreras López de Lamela (Fuenlabrada, Madrid, 4 de marzo de 1989) será a adestradora do Dépor ABANCA nesta...

Tere Abelleira coa camiseta da Selección Española / FUTGAL

Abelleira entra finalmente na convocatoria para a Eurocopa de Inglaterra

por Carmen G. Mariñas
29/06/2022
0

  A Selección Española terá finalmente representación galega na Eurocopa de Inglaterra 2022. O vindeiro mes de xullo as vermellas estarán na...

Teresa Abelleira coa Selección Española / TERE ABELLEIRA IG

Vilda descarta a Tere Abelleira para a Eurocopa de Inglaterra 2022

por Redacción As Nosas
28/06/2022
0

  A Selección Española feminina de fútbol empeza hoxe, 28 de xuño, a súa concentración de cara á Eurocopa de...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

05/07/2022
Patri López, Dépor ABANCA / RCD

Patri López continúa no Dépor ABANCA no curso 2022-23

05/07/2022
Ourense Envialia vs Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña FSF 2022 / RFEF

Sete futbolistas que non seguirán no Pescados Rubén Burela

04/07/2022
Selección Galega Atletismo na que está Belén Toimil / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Belén Toimil e Yulenmis Aguilar vencen nas súas modalidades no Campionato de España de Seleccións

04/07/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.