O Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño debuta na casa enfrontándose este sábado, 19 de setembro, ao Club Balonmano Morvedre no Pavillón Municipal de O Porriño. Trátase dun encontro correspondente coa segunda xornada da Liga Guerreras Iberdrola.
O conxunto pontevedrés vén de perder a primeira xornada contra o Liberbank Gijón. As porriñesas fixeron unha moi boa primeira parte, pero finalmente os dous puntos quedaron na cidade asturiana. Desta forma, as de Ismael Martínez atópanse sétimas na táboa. O adestrador recoñece que o seu equipo chega ben a este debut no seu feudo, pero que “hai que controlar a súa transición e non perder balóns. Temos que saber xestionar as desigualdades.”

Pola súa banda, o Club Balonmano Morvedre perdeu por dous goles contra o Rocasa Gran Canaria na pasada xornada, posicionándose así na quinta posición. Ismael Martínez explicou que o Morvedre vén de facer moi bo papel contra o Rocasa, ademais que tratae dunha dinámica gañadora da categoría de Prata. “É unha dinámica que temos que romper”, engadiu o adestrador do Conservas Orbe Rubensa, sinalando que, en canto ao defensa valenciá, “é un equipo que domina dous sistemas defensivos totalmente diferentes”.
No referente ao seu ataque, Lorena Zarco é o seu o seu baluarte ofensivo. Ademais, de tres pivotes moi boas e totalmente diferentes.
300 persoas poderán asistir ao debut no Porrino do Conservas Orbe Rubensa
Por último, haberá un aforo limitado cun máximo de 300 persoas. Para poder asistir será necesario reservar a entrada de forma presencial no Pavillón Municipal de O Porriño ou vía email (socios.bmporrino@gmail.com). Ademais, tamén haberá streaming desde a canle de Youtube.
Horarios de toda a 2ª xornada da Liga Guerreras Iberdrola
