• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Liderato deportivista no fin da primeira volta

O Dépor ABANCA aspira a manter o ritmo e ocupar ese mesmo lugar ao final da tempada, acadando así o ascenso directo que as devolvería á máxima categoría

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/01/2023
en Primera Federación
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

102
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O triunfo colleitado na Ciudad Deportivo do Granada CF a pasada fin de semana supuxo unha alegría por partida dobre. Primeiro polo feito de gañar fóra da casa, e segundo por que ese resultado devolvía ás galegas ao máis alto da Primera Federación. O Dépor ABANCA xa foi líder outras xornadas, pero esta, a 15ª, é significativa polo feito de que pon fin á primeira volta.

As Nosas deportivistas son campioas de inverno da Primera Federación. O equipo que adestra e Irene Ferreras non perdeu o paso da cabeza da táboa e volve a colocarse no máis alto tras o seu triunfo 0-1 ante o Granada CF. Unha vitoria pola mínima e un liderato por un punto. Pero no primeiro caso abonda para sumar tres puntos, e no segundo para rematar no máis alto a primeira volta.

Xa o pasado ano o Dépor ABANCA tiña sido campión de inverno. Logo, con Miguel Llorente como adestrador, o conxunto coruñés foi perdendo empaque na segunda volta. De feito, a tempada pasada As Nosas branquiazuis chegaban a este punto da competición con máis puntuos no peto que os 31 que agora mesmo suman. Así e todo, este bloque pinta ben. É un equipo que sabe crear, pero tamén é un equipo que sabe sufrir, adaptarse ás circunstancias de cada partido e semella forte como bloque.

Irene Ferreras, sen lanzar as campás a voar e sobre todo sen dar nada por feito, amósase como unha adestradora que confía en que o grupo de futbolistas que adestra pode alcanzar o obxectivo final: o ascenso á Primera División Femenina. Pero tamén ten claro que vai custar traballo, esforzo e non dar pasos en falso.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, no banco de Riazor / RCD
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, no banco de Riazor / RCD

O líder da Primera Federación, ascende directamente

A Primera Federación está a ser unha categoría moi igualada, con equipos moi ben armados e no que calquera pode ganar a calquera. Por iso é tan importante non confiarse e manter a concentración ata garantir o obxectivo do ascenso.

Hai dous xeitos de facelo. O rápido é ser líderes tamén cando remate a segunda volta, ao final do campionato de liga. As campioas ascenden directamente.

O segundo camiño para regresar á Primera División Femenina do fútbol español require quedar ao final da liga regular dentro dos postos que van do segundo ao quinto da Primera Federación. Esos catro equipos xogarán un play-off de ascenso. O conxunto que resulte vencedor, obterá o segundo billete á elite.

Ata o de agora as galegas fixéronse fortes en Abegondo e construíron a súa fortaleza sobre esa base sólida. Fóra da casa, as coruñesas rañaron puntos en forma de triunfos e de empates que lles permitiron chegar ata onde agora mesmo están: no cumio da táboa.

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

O único equipo que foi quen de levar algo no peto da Cidade Deportiva de Abegondo foi o a SD Eibar que acadou un empate (1-1). Elas son as inmediatas perseguedoras das galegas. Teñen un punto menos.

Se o Dépor ABANCA suma nove vitorias, catro empates e dous derrotas, a SD Eibar ten oito triunfos, seis empates e unha derrota.

Cacereño, seguinte rival do Dépor ABANCA en Abegondo

Xusto por debaixo deles dous está o Cacereño, seguinte rival do Dépor ABANCA. O terceiro clasificado visita a Cidade Deportiva de Abegondo o vindeiro sábado 21 de xaneiro a partir das 12:00 horas.

As de Cáceres teñen 28 puntos, tres menos cas coruñesas. Como a SD Eibar, gañaron oito partidos, pero no seu caso perderon tres e remataron en táboas catro. Son o equipo menos goleado da categoría con 11 goles encaixados. Hai que dicir que o Dépor ABANCA só recibiu un máis ca elas (12) e as galegas, xunto co FC Barcelona B, son o equipo con maior olfato anotador. Suman xa 29 goles no seu haber.

Na última xornada da primeira volta, o Cacereño perdía pola mínima (2-1) co Dux Logroño. As seguintes rivais do Dépor ABANCA empezaron gañando pero as de Logroño remontaron un partido no que as de Cáceres estiveron moitos minutos xogando con 10.

Hoxe mesmo o Cacereño informaba de que Ilona Guede deixaba a súa disciplina e agradecía á fútbolista o seu traballo.

OFICIAL |

El Cacereño Femenino y Servette han llegado a un acuerdo para rescindir la cesión de Ilona Guede.

¡llona, te deseamos mucha suerte en lo personal y lo profesional!#GraciasIlona

⚽💚🤍⚽#PrimeraFederacionFutFem#CPCFem pic.twitter.com/mvLbDxLiNI

— Cacereño Femenino (@CacerenoFem) January 17, 2023

Ao mediodía do sábado 21, no fortín de Abegondo, o Dépor ABANCA volverá defender o liderato, un posto do que non quere apearse de aquí ao final da liga, aínda que será moi complicado e o importante é que o actual, o 1º, sea o seu posto dentro de 15 partidos e volva pola porta grande á elite do futfem estatal.

Ademais de transmitir o partido a través da canle de YouTube do RC Deportivo, a entidade branquiazul xa ten habilitada a opción para que a afección deportivista poida retirar as entradas para asistir ao partido en vivo na Cidade Deportiva de Abegondo. Como é habitual, ata que o aforamento se complete, os billetes despacharanse en liña sen ningún custo para as persoas socias do RC Deportivo. O trámite faise a través da páxina web bancada.rcdeportivo.es.

Público na Cidade Deportiva de Abegondo / SABELA MOSCOSO
Público na Cidade Deportiva de Abegondo / SABELA MOSCOSO

O RC Deportivo explica con máis detalle nesta información os trámites a seguir, e pide ás persoas que fagan a reserva do seu sitio na bancada de Abegondo que vaia ao partido, para evitar que se dea o caso de que queden afeccionados sen poder acudir ao partido e queden sitios sen ocupar.

Tamén explican desde a entidade deportivista que esta reserva de sitio para acudir a ver o partido de As Nosas e o Cacereño , fai que as persoas socias do RC Deportivo teñan prioridade para a retirada da súa entrada de balde, pero só até o xoves 18/1/23 ás 23:59 horas. Segundo indica o club herculino, “a partir dese momento, se houbese aforo aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma bancada.rcdeportivo.es. O prezo de cada entrada para seareiros sen carné do RC Deportivo é de 10 euros”.

Etiquetas AbegondoCacereñoDépor ABANCAfútbolIrene FerrerasRC DeportivoSD Eibar
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.