A Copa da Raíña de hoquei a patíns xa está aquí, ó igual cá Copa do Rei. Ambas as dúas competicións teñen por sede no Pavelló Onze de Setembre de Lleida, e nos dous casos haberá representación galega. O HC Deportivo Liceo é o club da nosa comunidade que con equipos na máxima categoría tanto na Ok Liga Iberdrola como na Ok Liga Parlem, conseguiu que ambos os dous bloques se clasificasen para loitar polo título de copa.
No torneo feminino do ko o equipo liceísta que adestra Stanis García deberase enfrontar a un duro Vila-Sana, rival dos cuartos de final. O partido terá lugar mañá, xoves 5 de maio, a partir das 21:00h. O encontro poderá seguirse pola TVG 2.
En caso de triunfo, as xogadoras galegas deberían lidiar co gañador do choque entre Palau e Cerdanyola. A semifinal da Copa da Raíña será, xogue quen a xogue, o sábado 7 ás 11:00h. A gran final comezará o día seguinte ás 11:30h.
O camiño non será sinxelo, pero iso non deterá o que será unha gran loita, sexa cal sexa o final. María Sanjurjo, en verbas á Televisión de Galicia, amosou as altas ganas do equipo hacia unha competición sempre especial: “Todo rival ía ser complicado. Nós imos con moita ilusión e a polo título. A un partido podemos gañarlle a calquera”.
Naiara, única baixa do Liceo en Lleida
Tan só haberá unha baixa na expedición que viaxe a Lleida na procura da Copa: Naiara Vaamonde. O resto de xogadoras serán da partida e están ás ordes de Stanis García, incluindo nesa lista á recuperada Bea Gaete.
Polo tanto, once serán as encargadas de loitar e defender o concurso na Copa da Raíña do HC Deportivo Liceo: Viki Caretta, Mencía Mosquera, Luchy Paz, María Sanjurjo, Adriana Soto, a mencionada Bea Gaete, Alba Garrote, Cris Diz, Alejandra Martín, Lara Yáñez e Lucía Yáñez. Á hora de xogar deberá realizarse un descarte.
Preparadas para todo.
Mañá será a nosa estrea na #CopaOKIberdrola 2022 e, pase o que pase, loitaremos ata o final.
Con todo!#TodoÓVerde pic.twitter.com/Km30AGM7Ls
— Hockey Club Liceo Feminino (@HCLiceoFem) May 4, 2022
O Vila-Sana, un rival moi complicado
O HC Deportivo Liceo atopará no primeiro paso desta Copa da Raíña un Vila-Sana moi perigoso e en estado de graza. Tamén ás responsables de varios rexistros de récord. O conxunto amarelo e negro é o actual líder da OK Liga Iberdrola por diante doutros trasatlánticos como Palau ou Telecable.
O Vila-Sana suma ademáis a honra de ser o equipo con maior capacidade goleadora da competición doméstica (129, 17 máis có segundo e case seis por partido) grazas a xogadoras como Luchi Agudo (28 dianas), Victoria Porta (24) e Valentina Fernández (22). Moitas outras rexistran dobres díxitos na súa tarxeta.
De todas formas, as liceístas lograron poñerlle as cousas realmente complicadas a este gran grupo. Sacou o encontro, aínda que con considerable dificultade e na súa propia pista (2-0 a favor das de Cataluña). Esta ocasión será, como mínimo, especial.
O equipo galego xa tomou contacto coa pista onde xogarán en Lleida onde realizaron un adestramento.
Stanis García: “A chave está en ter un nivel competitivo alto”
O adestrador do HC Deportivo Liceo manifestaba que acuden á fase final da Copa da Raíña “con moita ilusión. No grupo estamos convencidas de que temos opcións dentro do partido. Máis aínda nunha competición do KO na que pode pasar de todo. Vaise xogar todo a una carta”.
Considera o técnico do conxunto galego que “a chave é estar cun nivel competitivo alto que che faga estar nos detalles do partido, nas bólas divididas, en estar vivas, moi concentradas… Se o conseguimos, ao final será un tema de atinar cara a gol e inclinar a balanza en determinados momentos do partido”.
Aseguraba Stanis García, antes do inicio da competición que “hai moita ilusión, ganas de que empece a rodar e imos loitar pola vitoria”.
“Hay mucha ilusión”.
Impresiones de @Stanis06, técnico del #DeportivoLiceo, en las horas previas al comienzo de la Copa de la Reina.#TodoÓVerde pic.twitter.com/UHjqTSqOFl
— Hockey Club Liceo Feminino (@HCLiceoFem) May 4, 2022
Xa cando se coñecía o resultado do sorteo e que o rival sería o Vila-Sana, Stanis García avisaba: “A ilusión non nola vai a quitar ninguén, imos competir desde o minuto un”