• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Lete Lasa resalta o traballo cara a paridade no CGTD de Pontevedra

O secretario xeral para o Deporte acompaña no inicio do curso aos bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva que este ano terá un 5% máis de prazas | Anímaos nesta nova etapa e refírese a eles como “a esperanza dunha xeración marcada polos desafíos e as dificultades”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/09/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva / XUNTA

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva / XUNTA

111
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou as instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para supervisar o inicio da tempada e acompañar aos rapaces nos seus primeiros días. Na súa visita resaltou a importancia crecente do deporte feminino e o constante traballo no centro por acadar a paridade de prazas de tecnificación (31 homes e 32 mulleres) e rendemento (58 homes e 47 mulleres).

En total, o CGTD terá na tempada 2020/2021 un total de 168 prazas concedidas: 105 de tecnificación (88 de residente 1 e 17 de externo 1) e 63 de rendemento (14 de elite, 37 de externo 2 e 12 de residentes 2). Cómpre salientar que este número de prazas, que medra un 5% con respecto ao curso anterior (160), é acadado grazas ao esforzo extraordinario realizado pola Secretaría Xeral para o Deporte atendendo ás peticións das federacións deportivas e outorgando nove novas prazas (3 de tecnificación e 6 de residentes).

Unha dúcia de modalidades deportivas, no CGTD

As 12 modalidades deportivas que contarán con prazas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva na tempada 2019/2020, segundo o disposto na Resolución do 7 de xuño son atletismo (marcha e lanzamentos), bádminton. ximnasia acrobática (trampolín e artística), judo, karate, loita, natación, piragüismo (augas bravas – slálom e augas tranquilas), remo, taekwondo, tríatlon e vela.

O mandatario galego desexou “moito éxito aos rapaces e rapazas que adestran e se forman tanto na instalación de referencia da excelencia competitiva galega coma no IES Sánchez Cantón de Pontevedra”. “Sodes a esperanza dunha xeración marcada polos desafíos e as dificultades, sodes os novos baluartes dunha sociedade que loita contra unha pandemia nunca antes vista, pero sodes tamén o vivo reflexo dos valores do deporte, do esforzo, do sacrificio, da constancia e da resiliencia”, díxolles.

Secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa: “Sodes a esperanza dunha xeración marcada polos desafíos e as dificultades, sodes os novos baluartes dunha sociedade que loita contra unha pandemia nunca antes vista, pero sodes tamén o vivo reflexo dos valores do deporte, do esforzo, do sacrificio, da constancia e da resiliencia”

Neste sentido, Lete Lasa valorou as “extraordinarias cualidades deportivas dos nenos e das nenas do CGTD”, pero tamén “o seu excelente comportamento ante a situación xerada pola Covid-19”.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva / XUNTA
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva / XUNTA

Cómpre salientar que, segundo a Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21, o inicio do curso realízase de forma gradual para evitar aglomeracións. Así, o pasado mércores foi a presentación dos alumnos de 1º de Bacharelato, o xoves 24 de setembro a dos alumnos de 3º da ESO e 2º de Bacharelato o venres 25 de setembro a mañá foi a quenda de 4º da ESO.

Protocolo COVID-19 para o centro e para cada disciplina

O secretario xeral tamén incidiu no “escrupuloso cumprimento por parte dos deportistas dos protocolos de actuación para evitar as situacións de contaxio da Covid-19, tanto o básico de actuación do CGTD como os de cada especialidade deportiva, elaborados pola Secretaría Xeral para o Deporte co apoio de todo o tecido deportivo galego”.

Secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa: “Hai un escrupuloso cumprimento por parte dos deportistas dos protocolos de actuación para evitar as situacións de contaxio da Covid-19, tanto o básico de actuación do CGTD como os de cada especialidade deportiva, elaborados pola Secretaría Xeral para o Deporte co apoio de todo o tecido deportivo galego”.

Precisamente, o secretario xeral acompañou aos alumnos de 4º da ESO na realización dos test serolóxicos que permiten que todos os rapaces e rapazas que se incorporen á disciplina do CGTD compartan un espazo seguro. Estas probas faranse cunha periodicidade de 15 días.

Hai uns días, a Secretaría Xeral para o Deporte publicaba a resolución do 17 de setembro de 2020 pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para o grupo de tecnificación, o xoves desta semana facía o propio coa resolución do 23 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para o grupo de rendemento.

O CGTD, desde finais do oitenta formando ao deporte galego

O centro naceu no curso 1987-88 aproveitando as instalacións do Estadio da Xuventude e a residencia de estudantes Atlántico da cidade de Pontevedra.

Co paso do tempo foise transformando nun moderno complexo deportivo no que se formaron os mellores deportistas de Galicia e, na actualidade, dálles cabida aos principais deportistas e promesas do deporte galego.

No 2007 e no 2010, respectivamente, incorpóranse á órbita e área de influencia deportiva do CGTD as instalacións do Centro Deportivo Pontillón do Castro e o Centro Galego de Tecnificación de Vela en Vilagarcía, instalacións que completan a preparación dos principais deportistas de piragüismo e vela.

A lista de deportistas que chegaron á cima das súas modalidades logo de formarse neste Centro é moi longa, podendo destacar entre eles a 20 deportistas olímpicos e 2 paralímpicos cunha colleita total de 11 medallas dende os Xogos Olímpicos de Sídney 2000.

Etiquetas cgtdJose Ramón LeteLete LasaPontevedraSecretaria Xeral para o DeporteXunta
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Publicadas no DOG modificacións na Lei do Deporte de Galicia / MOTION ARRAY

A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 3/2025, do 15 de decembro, pola que se modifica a Lei...

A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

por Redacción As Nosas
11/12/2025
0

`A mente en forma’, o primeiro gran evento celebrado en Galicia para promover o coidado psicolóxico das persoas vinculadas ao...

Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o anuncio da primeira fase...

Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no CGTD con deportistas de alto nivel / XUNTA DE GALICIA

As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

 A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de anunciar a...

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) que participaron no Campionato de Mundo de Ximnasia de Trampolín / XUNTA DE GALICIA

Diego Calvo define aos deportistas que participaron no Mundial de Ximnasia de Trampolín como os mellores representantes da marca Galicia Calidade pola súa excelencia e compromiso cos valores do deporte

por Redacción As Nosas
20/11/2025
0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.