• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Lete Lasa destaca no Parlamento que só houbo un 0,2% de brotes de COVID-19 nos equipos autonómicos

O secretario xeral para o Deporte asegura que “receita do deporte galego: sacrificio, colaboración e responsabilidade” | Salienta a importancia do papel da muller no deporte galego e gaba os éxitos de Toimil e Peleteiro

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, no Parlamento Galego / XUNTA DE GALICIA

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, no Parlamento Galego / XUNTA DE GALICIA

90
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • José Ramón Lete Lasa destaca no Parlamento Galego a “receita do deporte galego: sacrificio, colaboración e responsabilidade” para acadar só un 0,2% de brotes nos equipos autonómicos.
  • O secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia asegura que no camiño da “recuperación non imos esquecer a ninguén” e fala da inclusión dos ximnasios na segunda fase do Plan de Rescate
  • O orzamento da Secretaría Xeral para o Deporte se incrementa un 28,5%.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, compareceu esta semana no Parlamento de Galicia para dar conta das medidas adoptada no ámbito da práctica de actividade física e deportiva federada na Comunidade Autónoma e do estado de situación dela.

Tras gabar os últimos resultados acadados por deportistas galegas como Ana Peleteiro ou Belén Toimil e destacar a importancia do papel da muller no deporte galego, o secretario xeral destacou os tres grandes valores nos que todo o tecido deportivo e a Secretaría Xeral basearon o seu traballo ao longo do que levamos de pandemia pola COVID-19: sacrificio, colaboración e responsabilidade.

Sacrificio 

Ao respecto do sacrificio Lete Lasa apuntou á cantidade de horas de traballo dedicadas. O secretario xeral destacou, por exemplo, os máis de 70 protocolos aprobados pola Xunta de Galicia a tenor do FISICOVID-DXT GALEGO (recollido por dúas revistas de impacto de referencia nacional e internacional), as cinco guías ‘Volvendo con sentidiño’ ou a “análise pormenorizado de seguimento e control que cada fin de semana realizamos sobre os partidos de ámbito estatal non profesional, que desde outubro xa se contan por máis de 600”.

Colaboración ante a COVID-19

Tocante á colaboración, ademais das decenas de videconferencias e xuntanzas con todo o sector, José Ramón Lete Lasa destacou o Foro de Reactivación do Deporte Galego, o traballo co Instituto Galego de Estatística (IGE) para ser a primeira comunidade cunha conta satélite do deporte ou o Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia que foi presentado esta mesma semana.

Responsabilidade

No caso da responsabilidade, ademais do “sentido do deber co que a Xunta de Galicia foi adoptando as medidas necesarias para xestionar mellor a pandemia”, o secretario xeral subliñou a “gran capacidade de adaptación e a presteza coa que os nosos clubs e deportistas foron acollendo estas novidades normativas”.

O secretario xeral salientou que, despois dun ano enteiro traballando para conter a crise sanitaria no deporte, “recollemos os resultados”.

Neste sentido, o estudo do INIBIC–SERGAS reflicte realizado en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e que abarca a máis de 180.000 licenzas deportivas (85.000 delas entre 4 e 17 anos) revela que a incidencia da COVID-19 é inferior no deporte federado nos mesmos rangos de idade e en ambos sexos que na poboación xeral. De feito, os brotes detectados apenas afectan ao 0,2% dos equipos galegos.

Un estudo do SERGAS afirma que hai menos COVID no deporte federado que na poboación en xeral

Ademais, os mellores datos epidemiolóxicos que presenta Galicia permiten que en materia deportiva, “a nosa situación sexa mellor que a doutras comunidades que manteñen os ximnasios pechados ou que non permiten a asistencia de público aos espectáculos deportivos, así como algunhas instalacións municipais que continúan pechadas, a pesar da aprobación da Xunta”.

Lete Lasa: “Non imos esquecer a ninguén no camiño de recuperación”

O responsable do Deporte galego, José Ramón Lete Lasa, mirou ao futuro con optimismo e destacou que “neste camiño de recuperación non imos esquecer a ninguén”.

Neste o secretario Xeral do Deporte da Xunta de Galicai sentido falou do Plan de Rescate para autónomos e microempresas que na súa segunda edición conta cunha vía de acción de 15 millóns de euros para hostalería e outros negocios pechados como os ximnasios.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa / XUNTA DE GALICIA
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa / XUNTA DE GALICIA

Do mesmo xeito, tamén destacou a subida do 28,5% do orzamento da Secretaría Xeral para o Deporte que chega aos 32,5 millóns de euros. Grazas a este aumento, os 58 convenios coas federacións deportivas galegas (xa sufragados ao 36%) e a partida de adquisición de equipamentos manteñen o importe de 2020, mentres que a convocatoria a clubs e entidades duplícase cunha liña específica para gastos orixinados pola pandemia.

Asemade, o secretario xeral destacou a boa situación financeira das federacións deportivas que segundo o estudo realizado sobre os seus custos e ingresos, “contan con orzamentos notables para desenvolver as funcións que teñen designadas pola Lei do Deporte”, de tal xeito que en 2020 tan só 5 federacións deportivas pecharon o exercicio con resultado negativo.

Como novidades destacou a recente creación da Federación Galega de Deportes Autóctonos, constituída polas modalidades de chave e billarda, así como o recoñecemento do break dance como modalidade deportiva e a creación da Liga Galega de Break, como paso previo á constitución da Federación Galega de Baile Deportivo.

Petición de redución do I.V.E. para servizos deportivos

Lete Lasa incidiu unha vez máis na importancia da colaboración e agradeceu o traballo da cámara galega que vén de rexistrar unha nova PNL para dirixirse ao Goberno de España e urxir medidas de axuda e financiamento destinadas ao tecido deportivo non profesional de ámbito estatal, así como para reducir o tipo do Imposto sobre o Valor Engadido (I.V.E.) do 21% ao 10% en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física prestados.

Etiquetas deporte galegoFISCOVID DXT GALEGOFISICOVIDINIBIC-SERGASJosé Ramón Lete LasaParlamento GalegoSecretaria Xeral para o DeporteXunta
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Inauguración do Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey, os NADE recibe axudas da administración autonómica / XUNTA DE GALICIA

A Xunta concede axudas a máis de 1.420 clubs deportivos para o desenvolvemento da súa actividade

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola que se resolven as solicitudes para a concesión das...

Publicadas no DOG modificacións na Lei do Deporte de Galicia / MOTION ARRAY

A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 3/2025, do 15 de decembro, pola que se modifica a Lei...

A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

por Redacción As Nosas
11/12/2025
0

`A mente en forma’, o primeiro gran evento celebrado en Galicia para promover o coidado psicolóxico das persoas vinculadas ao...

Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o anuncio da primeira fase...

Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no CGTD con deportistas de alto nivel / XUNTA DE GALICIA

As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

 A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de anunciar a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.