• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Lete Lasa: “O deporte en Galicia será con protocolos e con tests ou con máscaras ou non será”

Fixo un repaso de todo o que leva feito a Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta á contención do virus nos últimos sete meses nos que “o deporte galego non deixou nin un só minuto de traballar”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/10/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte / XUNTA

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte / XUNTA

75
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Lete Lasa defendeu no Parlamento o traballo “consensuado e coordinado” da Xunta para construíu unha realidade deportiva segura. “O deporte en Galicia será con protocolos e con tests ou con máscaras ou non será”, defendeu o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na súa comparecencia no Parlamento galego.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, compareceu a petición propia no Parlamento de Galicia para explicar as actuacións do departamento ante a situación xerada pola COVID-19 e a situación actual do deporte galego. Alí asegurou que a pesar da situación actual no contexto do Estado, “Galicia resiste como unha das catro comunidades coas mellores cifras en canto a incidencia do virus, porque fixemos moitas cousas e moitas cousas ben”. “E o deporte galego sabe moito de traballo ben feito”, sentenciou.

Neste sentido, o secretario xeral fixo un repaso de todo o que leva feito a Xunta desde a Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta á contención do virus nos últimos sete meses nos que “o deporte galego non deixou nin un só minuto de traballar”.

En liñas xerais, Lete Lasa destacou o consenso nas decisións tomadas “con todo o tecido deportivo galego”; o seu fundamento en “regras e criterios de expertos”; así como a priorización da “protección e a saúde da nosa poboación, cun escrupuloso control das autoridades sanitarias”.

Reunións co sector e pulo ás bolsas DGAN

Reunión de Lete Lasa, coas 58 federacións deportivas de Galicia para falar do FISICOVID / XUNTA DE GALICIA
Reunión de Lete Lasa, coas 58 federacións deportivas de Galicia para falar do FISICOVID / XUNTA DE GALICIA

O mandatario galego destacou as reunións levadas a cabo con todos os membros do sector tanto no contexto local, autonómico ou nacional e enumerou as actuacións que permitiron ao deporte soportar de mellor xeito a pandemia como o anticipo dos pagos dos convenios con todas as federacións deportivas de Galicia -en marzo xa tiñan abonados os importes- ou o mantemento íntegro das ordes subvencións.

No que atinxe á actividade ordinaria da Secretaría Xeral, Lete Lasa destacou o pulo ao deporte de alto nivel, acadando o maior número de deportistas de alto nivel (521 grazas a prórroga dos recoñecementos), as bolsas DGAN e sobre todo, o novo decreto, unha das normas máis actuais e completas do Estado.

Plan de patrocinio aos equipos de Alta Competición Femininos

Lete Lasa informou tamén do novo Plan de patrocinio da Fundación Deporte Galego e da alianza con ABANCA durante cinco anos máis por un total de cinco millóns de euros, así como do primeiro Plan de patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos.

O Programa Xogade xa conta cun novo seguro para as vindeiras dúas tempadas para que todos os nenos galegos poidan realizar a práctica deportiva de xeito seguro sen repercutir o gasto da póliza nas familias.

Cómpre salientar tamén a reactivación da Escola galega do deporte, coas primeiras actividades formativas desde hai dez anos; o convenio asinado coa UFEDEGA para desenvolver actuacións de formación ou a participación e o liderado en iniciativas como as ‘Píldoras Solidarias’ ou ‘Adestra na Casa’, ferramentas chave para os deportistas durante o confinamento.

FISICOVID-DXTGALEGO e 70 protocolos

O CGTD reabriu as súas portas o 11 de maio cun protocolo básico de actuación e comezou o novo curso cun total de 168 prazas concedidas, un 5% máis con respecto ao curso anterior. O CGTD “é un espazo seguro coa realización de tests serolóxicos cada dúas semanas”.

Son estes protocolos, “o esforzo máis importante levado a cabo xunto ás federacións e a todo o tecido deportivo”. O pasado 15 de xuño cando Galicia saía do estado de alarma como a primeira comunidade en facelo, a Secretaría Xeral para o Deporte xa contaba co protocolo FISICOVID-DXTGALEGO para facer fronte á crise sanitaria.

Desde finais de setembro, segundo informa a Xunta, todas as modalidades deportivas de Galicia contan co seu protocolo básico de actuación. “A Secretaría Xeral para o Deporte leva realizado e aprobado preto de 70 protocolos entre os das federacións, o do programa Xogade, o do CGTD, o do CGV, o de Verducido, o de Monterrei, o de Acea da Ama, o dos nosos pavillóns e o dos nosos complexos deportivos”, recalcou.

Un traballo ao que hai que sumar a elaboración das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ cos expertos das universidades para poñer á disposición de federacións, clubs, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva.

Espírito de coordinación

O secretario xeral gabou “a capacidade de adaptación que demostrou o deporte galego nos últimos meses” e o seu “exemplo de coordinación, colaboración, responsabilidade e decisión”. Así destacou o Foro de Reactivación do Deporte Galego, constituído pola Xunta o pasado 16 de outubro ou a Comisión non permanente de estudio sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da COVID-19 onde o deporte debe estar incluído como un dos sectores a avaliar pola súa importante contribución á economía.

Ademais apuntou que, segundo o aprobado por todos os grupos do Parlamento a pasada semana, a Xunta creará “unha liña de apoio económico para a adaptación das entidades deportivas aos protocolos sanitarios”.

O mandatario galego destacou a importancia destes acordos polo “escenario cambiante e a irregular evolución da pandemia” e destacou que a Xunta “respondeu en todo momento ás necesidades da poboación, sendo restritivos cando era necesario e posibilitando actividade cando entendemos que podiamos facelo sen poñer en risco aos galegos”. “Así nos comportamos desde a Secretaría Xeral para o Deporte en todo aquilo que entraba dentro das nosas competencias e mesmo tomando decisións que lles correspondían a outros”, dixo.

Ao abeiro desta idea, o secretario xeral lembrou as peticións ao Consejo Superior de Deportes respecto á atención do deporte non profesional de ámbito estatal xa que máis de 200 equipos galegos estaban a ser ignorados.

A presión da Xunta desembocou no protocolo para o deporte non profesional de ámbito estatal, publicado 4 meses despois do protocolo básico que só podía cumprir o deporte profesional. Non obstante, este protocolo, dixo o secretario xeral, estaba incompleto porque non esclarecía a necesidade da realización de probas de detección do virus nin o seu financiamento, polo que a Xunta aprobou a Orde pola que os equipos e deportistas das competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal que poidan implicar contacto deben pasar “tests serolóxicos ou probas similares”.

O secretario xeral, José Ramón Lete Lasa, foi categórico neste punto: “a Xunta ten moi clara a súa posición respecto a este tema. Tomaremos todas as medidas necesarias para protexer a saúde da nosa poboación e dos nosos deportistas”.

Para amosar a gravidade do problema, enumerou a lista de partidos de ámbito estatal suspendidos que afectaron a equipos galegos desde a reactivación do deporte e fixo especial fincapé no caso da Liga ASOBAL na que o Cangas e o Cisne chegaron a contar con 21 e 7 positivos respectivamente. “Non realizar tests serolóxicos ou probas similares a ambos os dous equipos antes destes partidos é un auténtico disparate”, explicou.

Por iso, engadiu Lete Lasa: “insistiremos ante o CSD na necesidade dun pacto común no que quede clara a esixencia destes tests en todo o contexto do Estado, así como o seu financiamento”. “Os tests detectan e a máscara, protexe”, resumiu.

O uso da máscara

Segundo a Orde do 17 de setembro aprobada pola Xunta, para a actividade deportiva federada autonómica é preciso o uso da máscara, sempre que non se poida manter a distancia de seguridade e esta se realice en interior.

O secretario xeral, Lete Lasa, identificou esta medida como a “maior seguridade que podemos ofrecer aos nosos deportistas”. A pesar de entender “a crispación inicial e a evidente sensación de fastío dos deportistas”, a máscara “protexe e non é nociva para a saúde”.

Lete Lasa na presentación da máscara realizada por Amura Sport en colaboración coa federación galega / FGBM
Lete Lasa na presentación da máscara realizada por Amura Sport en colaboración coa federación galega de balonmán / FGBM

Varios informes de expertos universitarios e de organizacións como a Sociedad Española de Medicina del Deporte establecen que a máscara é a solución para diminuír as probabilidades de contaxio polo que se recomenda o seu uso tanto en adestramentos como en competición e que ademais, “non existe ningunha evidencia de que o uso da máscara cirúrxica teña efectos prexudiciais para a saúde” nin a constatación de “ningún efecto secundario en repouso nin en exercicio”.

Medio milleiro de espectáculos deportivos

Na súa réplica, o secretario xeral apoiou de novo ao tecido deportivo galego “porque é a súa responsabilidade a que permite que o deporte galego non se pare”. Dende que Galicia abandonou o estado de alarma, leváronse a cabo “máis de medio milleiro de espectáculos deportivos, entre os que destacan máis de 80 campionatos galegos, preto de 40 probas ou campionatos de España, o inicio dunha trintena de Ligas estatais ou unha decena de eventos de primeiro nivel internacional”. “Soster que o deporte galego está paralizado é negar a realidade”.

Cara a fin da súa intervención, o José Ramón Lete Lasa asegurou que “todo o deporte que se practica en Galicia está protexido e a responsable desa protección e coidado é a Xunta de Galicia na gran maioría dos casos”. “O deporte en Galicia será con protocolos e con tests ou con máscaras ou non será”, concluíu o secretario Xeral para o Deporte.

Etiquetas Deportedeporte galegoFundación Deporte GalegoJosé Ramón Lete LasaLete LasaSecretaria Xeral para o DeporteXunta
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Presentación en Castrelo de Miño da Coupe de la Jeunesse / XUNTA DE GALICIA

Lete Lasa pon en valor o potencial náutico de Galicia e da pista olímpica de Castrelo que acollerá por primeira vez a Coupe de la Jeunesse

por Redacción As Nosas
29/07/2022
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu á presentación da Coupe de la Jeunesse, un...

No Concello de Monterroso Lete Lasa estivo coa a alcaldesa Rocío Seijas supervisando a reforma do vestiario e rexeneración de céspede / XUNTA DE GALICIA

A comarca da Ulloa estrea céspede e vestiarios no campo de Monterroso e unha pista de pádel en Antas

por Redacción As Nosas
28/07/2022
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou as actuacións en instalacións deportivas levadas a cabo...

Na imaxe, Sofía Toro, xerente do Clúster, José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, e José Amado, presidente do Clúster / CLÚSTER GALEGO DA INDUSTRIA DO DEPORTE E O BENESTAR

O Clúster Galego e a Secretaría Xeral para o Deporte acordan pór en marcha un plan de fomento da actividade física

por Redacción As Nosas
27/07/2022
0

  José Amado, presidente da Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, xunto a Sofía Toro, xerente da...

Campaña contra a contra a violencia no deporte nas instalacións municipais / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña pon en marcha unha campaña contra a violencia no deporte nas instalacións municipais co lema “Así entendemos o deporte na Coruña”

por Redacción As Nosas
14/07/2022
0

  A Concellaría de Deportes instalou carteis informativos co obxectivo de evitar condutas impropias nas bancadas e no terreo de...

Presentación do Triatlón Concello do Porriño 2022 / XUNTA DE GALICIA

A nova edición do Triatlón Concello de Porriño rende homenaxe á loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+

por Redacción As Nosas
09/07/2022
0

  A VII edición do Tríatlon Concello de Porriño rende homenaxe á loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+ e está...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Iria Barreiro Navarro, campioa galega benxamín, Celia Cerviño foi a campioa absoluta / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Celia Cerviño, campioa Galega Absoluta de tenis

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.