• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Dous segundos de máis

O CD Leganés rebáñalle un punto as ourensás sobre a bucina (4-4) | O empate non move a táboa pero que da ás ó Cidade de As Burgas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/01/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
O Cidade de As Burgas visitou ao CD Leganés FS / CIDADE DE AS BURGAS TW

Cidade de As Burgas / CIDADE DE AS BURGAS TW

49
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Todo o que sume conta. O Cidade de As Burgas regresa cun puntiño da súa saída a terras madrileñas onde mediu forzas con CD Leganés FS e o enfrontamento quedou en táboas. Pero seguramente se lles preguntásemos ás galegas dirían que o partido tivo, exactamente, dous segundos demáis.

Un empate a 4 goles foi o resultado final deste encontro correspondente á undécima xornada. Os puntos repartidos fan que nin ourensás, nin madrileñas se movan na táboa clasificatoria pero, como decíamos ao inicio, todo o que suma é bo. Puntuar ante un equipo que ten máis do dobre de puntos ca ti, como mínimo dará ás as de Manolo Codeso, que viron como as locais lles empataban sobre a bucina.

As futbolistas do Cidade de As Burgas eran as únicas galegas que xogaban esta fin de semana na Primeira División do Fútbol Sala feminino da RFEF. A COVID-19 foi illando aos equipos galegos ou aos seus rivais e adiando partido tras partido ata reducir a axenda do futsalfem galego nesta categoría a un único partido.

Se a previa do partido, xa foi accidentada, ao ver como se ían aprazando encontros, a xornada en si mesma seguíu o mesmo camiño. Logo de instalarse no vestiario do Pavillón de La Fortuna as galegas tiveron que mudar de escenario debido a que o temporal fixera mella na instalación.  O partido trasladouse ao Polideportivo Europa. Esta circunstancia motivou un pequeno retraso no inicio do choque entre galegas e madrileñas.

Cidade de As Burgas / CIDADE DE AS BURGAS TW
Cidade de As Burgas / CIDADE DE AS BURGAS TW

Unhas e outras debían ter ganas de sentenciar o partido rapidamente xa que non se levaban disputados nin catro minutos do encontro cando o marcador electrónico xa sinalaba un 1-2 para as visitantes.

Empezaron anotando as locais por medio de Chuli Noreña no minuto 2. Un minuto despois, chegou a avalancha ourensá para lle dar a volta o partido. Caeron dous goles seguidos. O primeiro de Amelia e o segundo de Lucía Nespereira de falta. O dito, no minuto 3 de partido xa o luminoso apuntaba un 1-2 para o Cidade de As Burgas.

As galegas seguirían incrementando a súa vantaxe cun gol de Sol Pedrera no minuto 16 (1-3). Antes de chegar ao descanso o CD Leganés reduciría a renta visitante anotando un gol no minuto 17 (2-3) por medio de Guti, á postre, esta futbolista sería autora dun hat trick neste encontro.

Pero non imos adiantar acontecementos xa que antes de que Guti volvese a marcar o farían o Cidade de As Burgas colocando un cómodo 2-4 no marcador. O gol, obra de Fara Antolín, anotaba dentro da área a pase de Clara Fernández. 

O conxunto que adestra Manolo Codeso empregouse na presión e na defensa do seu terreo para evitar as chegadas do CD Leganés e conservar un trunfo que acariñaban cos dedos.

A porteira xogadora funcionoullle ao CD Leganés

Optou o conxunto local polo xogo de cinco e déulle resultado. Guti foi quen de bater a Ana Lastra (3-4) que, non en tanto, salvou varios goles. Tiros ao pau e demasiado estrés nos arredores da meta ourensá. So un gol de vantaxe era pouca renta para un Cidade de As Burgas que estaba véndose moi esixido polo xogo das pepineras.

Dous segundos, so dous segundos antes de que soase a bucina, os peores temores das galegas fixéronse realidade. Guti anotou o terceiro, fixo o seu particular truco do sombreiro e con ese abracadabra de maxia non sacou un coello da chistera pero si fixo que o partido rematou en táboas.

Os tres puntos que tanto tiñan traballado as de Manolo Codeso escorrentáronselles entre os dedos e reducíronse a un so no último suspiro do encontro (4-4)

IMÁGENES | Preciosas las imágenes del partido entre @CDLeganesFS_Fem y @cidadeasburgas. Emoción, pasión y entrega que se reflejan en cada una de ellas. ¡No os perdáis el álbum del partido!

📸 @Fotonio22

👉 https://t.co/IJEgLMUnU3#VamosLega pic.twitter.com/qzHAExiEfS

— C.D. Leganés Fútbol Sala Femenino (@CDLeganesFS_Fem) January 24, 2021

FICHA TÉCNICA

4) CD LEGANÉS FS: Míriam, María Barcelona, Noreña, Esther Puche e Guti – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Laura Stone, Pipi, Patri Montilla, Yrezábal, Paula Molano e Luci Sánchez.

4) CIDADE DE AS BURGAS: Ana Lastra, Lucía Nespereira, Amelia, Fara Antolín, Clara Fernández – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Sonia Pacios, Sol Pedrera e Nahir Oliveira.

GOLES: 1-0, min. 2: Chuli Noreña; 1-1, min. 3: Amelia; 1-2, min. 3: Lucía Nespereira; 1-3, min. 16: Sol Pedrera; 2-3, min. 17: Guti; 2-4, min. 22: Fara Antolín; 3-4, min. 36: Guti; 4-4, min. 40 Guti.

ÁRBITROS: Moreno Durán e Sarasúa, ambos os dous do comité madrileño. Amonestaron con cartón amarelo ás futbolistas locais Chuli, María Barcelona e Patri Montilla, así como ás visitantes: Sol e Sonia Pacios.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á undécima xornada da Primeira División do Fútbol Sala Feminino. O entro ía disputarse no pavillón La Fortuna pero tivo que trasladarse de cancha ao Polideportivo Europa.

Etiquetas CD Leganéscidade de As Burgasfútbol salafutsalLeganés
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Duelo no futsal galego entre Burela Pescados Rubén vs Poio Pescamar / PRBFS

Derbi das costas do futsal co segundo posto en xogo entre o Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
14/01/2023
0

  Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar protagonizan o partido da xornada na Primera División do FutSalFem da RFEF. O...

Selección de Galicia de Futbol sala Sub-16 / RFGF

A RFGF fai públicas as convocatorias de Galicia Sub-16 e Sub-19 de futsalfem para o Campionato de España

por Redacción As Nosas
13/01/2023
0

  A lista de 24 futbolistas que defenderán a camisola de Galicia no Campionato de España Sub-16 e no Sub-19...

Clàudia Pons, adestradora da Selección Española de futsalfem / RFEF

A Selección Española de futsalfem xogará con Brasil dous amigables en marzo para preparar o Europeo

por Redacción As Nosas
13/01/2023
0

  A Selección Española de fútbol sala, que nos seus últimos compromisos contou con cinco galegas nas súas filas, disputará...

Selección Española de fútbol sala femenino / RFEF

A segunda vitoria da Selección Española ante Portugal contou con acento galego (3-2)

por Redacción As Nosas
11/01/2023
0

  A Selección Española de fútbol sala feminino repetía triunfo ante a de Portugal no segundo amigable que ambos os...

Vane Sotelo coa Selección de España de fútbol sala femenino / YOUTUBE RFEF

Vane Sotelo: “Conseguir darlle a volta ao marcador danos moita motivación”

por Redacción As Nosas
10/01/2023
0

  A futbolista internacional galega, Vane Sotelo, analizaba a vitoria ante Portugal ao finalizar o partido da Selección Española. España...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

25/01/2023
Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

25/01/2023
Nerea Pampín, bronce, e Lydia Pérez, competiron no Torneo Internacional Henri Deglane en Niza FEGALOITA

Nerea Pampín, bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de loita

25/01/2023
Ruth Lorenzo Couso e Xavier Santos Veiga, prata en kumite no Campionato de España Absoluto de karate 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Ruth Lorenzo Couso, prata en kumite -55kg no Campionato de España Absoluto de karate 2023

24/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.