A primeira fichaxe confirmada de cara ao curso 2026 / 2027 polo Poio Pescamar é a futbolista Laura Sánchez Arcediano (Madrid, 01/11/2001).
A deportista procede da A.D. Alcorcón F.S.F. e desempeñarase na posición de á-pivote.
Laura Sánchez Arcediano comezou no fútbol sala mediante o C.F.S. Feminino San Fernando, no que permaneceu de 2012 a 2021. Este club foi recentemente o terceiro clasificado no Grupo 3 de Segunda División, pero perdeu a semifinal polo ascenso ante o CFS Autoescola Urgell Linyola. Despois, asinou coa A.D. Alcorcón, onde permaneceu as últimas cinco tempadas e con quen finalizou en quinto lugar na recentemente acabada campaña da máxima categoría.
Laura Sánchez debutaba na máxima categoría contra o Poio
Precisamente, o seu debut coas oleiras produciuse ante o Poio Pescamar (con vitoria conserveira por 1 – 5). Foi o o 18 de setembro de 2021 e tamén supoñía a posta de longo en Primeira División de Laura Sánchez Arcediano.
Ver esta publicación en Instagram
A futbolista madrileña Laura Sánchez Arcediano estreou internacionalidade con España xusto no mellor momento. O 8 de setembro de 2025 chamárona por primeira vez, aínda que nesa concentración non había partidos, polo que debutou na seguinte ocasión, en outubro. A continuación, foi incluída na convocatoria do primeiro Mundial oficial de fútbol sala feminino, en Filipinas, onde España acadou a medalla de bronce.
Ver esta publicación en Instagram
Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028





















