• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Laura Rey: “Este deporte deume forza para todos os ámbitos da miña vida”

Esta santiaguesa de 28 anos vén de acadar unha medalla de ouro no Campionato de Europa de powerlifting celebrado en Suecia na modalidade de peso morto | É a actual campioa de España no seu peso -57 kg

Martín Pais por Martín Pais
13/01/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Imaxe de Laura Rey no exercicio de sentadilla | Laura Rey

Imaxe de Laura Rey no exercicio de sentadilla | Laura Rey

392
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

A galega Laura Rey acadou o ouro no Campionato de Europa da modalidade de powerlifting no apartado de peso morto ao levantar 175 kg. A competición tivo lugar en Suecia. Laura Rey que milita no club Beersekers Strenght, foi tamén campioa de España 2021 no seu peso -57 kg, con 117,5 en sentadillas, 70 e 75 en press bancada, 145 e 170 en peso morto, o que fixeron que sumase un total de 362,5 e 12 puntos. Precisamente este logro acadado en Alhaurín de la Torre (Málaga) foi o que lle deu o pase á competición europea.

En As Nosas conversamos con ela sobre este hito, sobre como se prepara, como chegou a esta disciplina logo de pasar pola patinaxe artística e ao respecto dos seus futuros retos.

Laura Rey durante un adestramento / ALBERTO OTERO LÓPEZ
Laura Rey durante un adestramento / ALBERTO OTERO LÓPEZ

A.N.: O primeiro, parabéns por ese ouro acadado en Suecia no campionado de Europa de Powerlifting. Que se sinte?

Laura Rey: Moitas grazas, pois bueno a verdade é que me sinto moi orgullosa. Xa solo ir a representar ao teu país é un premio en si mesmo, e voltar co ouro, con ese momento no podio quédaseme para sempre. Competiamos con grandes rapazas, sobre todo estadounidenses e europeas; seguen sendo o top. En Francia, Suecia e Estados Unidos hai moitísimo nivel.

A.N.: A pandemia xa truncara o ano pasado a túa participación no estatal de Málaga. Para unha deportista que compite de maneira, digamos non tan periódica, é mellor ou peor un parón?

Laura Rey: Parar de todo non deberías facelo nunca, ao final tes que dividir un ano en tempadas competitivas, estruturar que competicións vas ter ao ano, e a partir de aí traballar. Os bloques de adestramento duran entre 4 e 12 semanas. Hai espazos de tempo nos que te centras máis en ganar músculo e outros na técnica. Tamén en expresar a forza máxima.

Este campionato de España foise aprazando e era desesperante, porque ti iniciabas un bloque, un picking, que son moi esixentes e demandantes de intensidade a nivel de sistema nervioso, e posteriormente tiñas que cancelar porque se adiaba a competición. Era un pouco un ir e vir e a peor parte levouna o adestrador, que tivo  que facer e desfacer cambios. 

A nivel psicolóxico é un pouco frustrante porque non tiñas unha data clara de competición, todo ese 2020 foi caótico neste sentido. En 2021 xa puidemos retomar e acudir a Málaga, que foi a cita que me deu pé a poder asistir o Europeo de Suecia.

A.N.: Falando do tema sicolóxico, existe preparación? Dependes case dun único día, dun único movemento. Como é lidiar con esa presión?

Laura Rey: Supoño que a preparación a tes que ir xestionando a nivel mental durante toda a tempada. Evidentemente creo que a experiencia é un grao, non ten nada que ver a presión, os nervios ou a sensación que poida ter na segunda competición que nesta, que xa era a sexta e a sétima.

Ter experiencia competitiva é moi importante. É inevitable que todas nos marquemos uns números na cabeza a modo de resultados, e iso é a peor presión que podes ter: a de ti mesma. Porque aí é cando te podes frustrar. Todo depende dun día, o final é o esforzo de todo un ano nun momento e aí tes que demostrar todo o bloque en apenas un minuto.

Na medida do posible, a base resulta en estar tranquila, intentar descansar, a máxima relaxación posible, disminuir estímulos, empregar o menos posible o móbil, estar en contacto coa natureza, coidar moito a alimentación… Evitar factores estresantes. Ademais podes contar co traballo de sicólogos e sicólogas deportivas.

Non é o meu caso, non por ningún motivo en concreto, pero sí que recibin nalgún momento consellos e fálase moito da visualización. Durante os adestramentos e cando vas tirar pesado, intentar reproducir na túa cabeza todas as ordes e tal e como estás alí, que o vexas desde dentro e non desde fóra. Autodiálogo: “traballaches duro para conseguilo”. 

Laura Rey durante un adestramento / ALBERTO OTERO LÓPEZ
Laura Rey durante un adestramento / ALBERTO OTERO LÓPEZ

A.N.: Probaches noutras disciplinas como a patinaxe artística. Que che fixo decantarte por este deporte?

Laura Rey: Tiveno que deixar polos estudos, funme a Coruña a estudar o Grao de Fisioterapia e non podía continuar co mesmo ritmo de adestramento. Estiven sen máis apuntada ao ximnasio, pero sin ningún obxectivo competitivo, pero foron varios amigos de clase e algún amigo de toda a vida que vían potencial en min e animáronme a probar. Puxéronme en contacto co meu adestrador actual, e despois de facer algún bloque con el animoume a adentrarme no powerlifting.

O clic que che fai a cabeza é ver as melloras, verte capaz de mellorar, porque é algo que fas por e para ti e ves que eres capaz de progresar. Isto estrapólase a todos os ámbitos da miña vida. É como un empoderamento, dígoo con total coñecemento de causa. E non hai nada máis ‘aditivo‘ que ver que podes ser cada día mellor, en todos os ámbitos. O powerlifting deume máis forza (rí) para poder acadar os meus obxectivos, e creo que é algo moi importante.

Laura Rey: “É como un empoderamento, non hai nada máis ‘aditivo’ que ver que podes ser cada día mellor”

A.N.: De profesión, fisioterapeuta, no que levabas ademáis moi ligada ao ámbito da forza xa varios anos. Coñecer o teu corpo é unha axuda ou unha presión engadida? 

Laura Rey: Quizás nese aspecto non, porque levamos unha programación bastante estruturada. Xogamos moito coa autorreglación, ao mellor non tes un peso fixo para tal día, pero tes que ser capaz de autorregularte e que o teu propio corpo responde. Tes que levar as cargas fixadas previamente, e como non teño adestramentos libres, non teño esta problemática.

A.N.: Chiváronnos que un ‘ximnasio persoal’ e á pura usanza tamén é un empuxonciño. Pero de seguro que perfís como a túa parella ou o teu mellor amigo Alberto foron chave sobre todo cando xa estás neste mundo. Pero, nos inicios, quen che ven á memoria como hombreiro clave para apoiarte nos días non tan bós?

Laura Rey: Quizás o meu compañeiro de piso por aquel entonces, co cal compartín moitos adestramentos e sempre me animou a entrar no meu mundo. Pero moitas persoas ao longo do camiño foron soportes moi importantes para min.

A.N.: O teu obxectivo deportivo a curto e medio prazo pasan polo concurso no Estatal e incluso polo Mundial. A nivel persoal, como cres que se acaba co tópico de “as pesas son para homes” ou calar ás voces que falan de que os corpos de muller non son bonitos si fan pesas?

Laura Rey: Creo que está cambiando bastante a maneira de pensar, que cada vez son máis as mulleres que fan traballos de forza e non só de cardio. Ademais, divulgativamente tamén son cada vez máis as figuras de nutricionistas ou outros expertos e expertas que difunden este tipo de información e axudan á veracidade. A nivel de Internet, hai moitas figuras tamén con moita influencia que fan un traballo bastante importante. Pero ao final, creo que é algo que nos últimos anos cambiou mogollón.

Hai cinco anos diríache que moitas das que nos adicamos a isto tivemos que soportar comentarios deste calibre, pero agora si que cambiou bastante a maneira de pensar. Ti mesma cos teus actos e co que vas conseguindo é como demostras que non teñen razón.

Laura Rey: “Hai cinco anos diríache que moitas das que nos adicamos a isto tivemos que soportar comentarios, pero agora mudou bastante a maneira de pensar e ti mesma cos teus actos e co que vas conseguindo demostras que non teñen razón”

Laura Rey durante un adestramento / ALBERTO OTERO LÓPEZ
Laura Rey durante un adestramento / ALBERTO OTERO LÓPEZ

Laura Rey: “Ogallá non diferenciásemos entre masculino ou feminino para falar de deporte”

A.N.: Que lle dirías a unha rapaza que quere empezar nisto? Observas un incremento na participación feminina respecto aos teus comezos?

Laura Rey:  Que teña paciencia, que o principio progrésase moi rápido, son eses avances “de novato”, nunca mellor dito, pero hai que ter paciencia. Non desesperar nos momentos de estancamento, porque sempre saímos deles, e desfrutar tamén doutros ámbitos da vida. A realidade é que este non é un deporte maioritario e non imos vivir disto. Falaría do ámbito da nutrición e poderiamos estar aquí días enteiros, e non é algo co que hai que obsesionarse. Coller este proceso con ganas, centrarse moi ben na técnica e na ganancia muscular e obter unha boa base, que será chave no futuro.

Laura Rey: “En perspectiva de xénero, ogallá que algún día non teñamos que diferenciar masculino ou feminino para falar de DEPORTE, o fin e o cabo é algo que nos une a todas e todos”

Gustariame animar a todo o mundo a iniciarse no deporte de forza, por saúde, por todos os beneficios que podes acadar a nivel metabólico, endocrino ou óseo.

En perspectiva de xénero, ogallá que algún día non teñamos que diferenciar masculino ou feminino para falar de DEPORTE, o fin e o cabo é algo que nos une a todas e todos.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Laura Rey Villameá (@laurareyvi)

Etiquetas estereotiposforzaLaura ReyouropowerliftingSuecia
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

As Leonas de España, campioas de Europa con Ceci Huarte nas súas filas / FERUGBY

Ceci Huarte, capitá do CRAT, campioa de Europa de rugby con España

por Redacción As Nosas
26/02/2023
0

  As Leonas da Selección Española de rugby, con Ceci Huarte nas súas filas, veñen de se proclamar campioas de...

Alba Sousa Pérez / VÁKNER POWERLIFTING GALIZA IG

Alba Sousa Pérez, do Vákner Powerlifting Galiza, cuarta na Copa de España de Powerlifting

por Redacción As Nosas
16/11/2022
0

  A Asociación Española de Ponwerlifting (AEP)  (levantamento de potencia ou levantamento de forza) celebrou a Copa de España de...

Antía Jácome e Diego Domínguez, ouro no Mundial Sub-23 en C2 500 Mixto / RFEP

Antía Jácome conquista o ouro en C1 200 e C2 500 mixto no Mundial Sub-23

por Redacción As Nosas
07/09/2022
0

  A padexeira galega Antía Jácome suma dous ouros no Mundial Sub-23, un en solitario (C1 200) e outro facendo...

Malena Mieres ficha polo Real Betis / REAL BETIS FEM

A porteira das Pontes Malena Mieres e Lucía Pardo, convocadas coa Selección Española Sub23 de fútbol

por Redacción As Nosas
26/08/2022
0

  A cancerbeira pontesa Malena Mieres e a tamén galega Lucía Pardo recibiron a chamada da seleccionadora estatal Sub-23 de...

Lydia Pérez, loitadora internacional galega / FEGALOITA

A galega Lydia Pérez, coa Selección Española absoluta de Loita en Suecia

por Redacción As Nosas
07/08/2022
0

  A deportista galega Lydia Pérez acudirá desde hoxe 7 ata o 18 de agosto á localidade de Helsinborg en...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.